segunda-feira, outubro 31, 2005

O CIRE DE MELIDE PERDE NO CAMPO DE VILASANTAR PERANTE O ATLETICO SOBRADO XUVENTUDE (3-1)

A equipa de futebol da nosa vila, o C.I.R.E, voltou a senda das derrotas despois de gañar a pasada fin de semana nun partido épico ó Curtis.
O partido disputado en Vilasantar (ertoil-arena), coma ven sendo habitual nos partidos coma local do Sobrado Xuv., fixo boa a máxima do futebol: "Xogamos coma nunca pero perdemos coma sempre". Na primeira metade os onte verdes deronlle un baño o Sobrado tremendo errando numerosas ocasións incluida un penalty que errou o noso nº5 Capi Valente. Despois de fallar dende o punto fatídico o Sobrado veuse arriba e poido conquerir algun gol. Xa na segunda metade, Jecho (un dos mellores do Cire) internouse pola esquerda, coma é habitual, e provocou outra pena máxima que non desaproveitou desta volta Diego . Pouco despois de sacar de centro os amarelos conseguian o empate nunha xogada de barullo no área. Co Cire volcado na conquista da victoria chegaron os outros dous goles do Sobrado, un penal dubidoso e un contrataque maxistral.
A fin de contas, outro partido no que se xogou ben pero faltou oficio, algo que virá (se dios quere) así que pasen as xornadas, posto que a práctica maioría da plantilla é moi nova, e a experencia non se colle nun día.
Outra das cousas que souben é que o futuro campo municipal de Sobrado, esta praticamente rematado e agardarán a xogar nel na vindeira tempada. Polo que poiden escoitar seica é regulamentario en tódalas cousas, tanto en medidas(105 x 67, a ollo)coma en céspede xa que será de herba natural e non artificial coma presumíamos algúns visto o visto no apartado de augas nas terras do tambre, leáse laguna.
Outra boa nova é que o noso, parece ser, que desta sí se vai amañar e os traballos comezarana en decembro, e a superficie será unha mestura entre herba artificial e caucho pra que non queime os xogadores.
A xornada do grupo cuarto da terceira rexional deixou resultados coma o 10-1 que lle endosou o Vizoño B ao Curtis na casa deste último.
Nós seguimos con catro putnos, de penúltimos, froito do empate contra o vizoño b (2-2) e a victoria da pasada xornada perante o pechacancelas o Curtis, ambos partidos no noso feudo.

sexta-feira, outubro 28, 2005

PROGRAMACIÓN DO PUB GATOS PARA NOVEMBRO (por nani)


Hoxe Venres 28 de outubro. THE NERDS. Dende Madrid. Punk. Recomendable.

Chega o cambio de hora, o frío, parte da muller de Pedro Picapiedra (Wilma) e con eles o inverno, menos mal que tamén chega o tempo das castañas que si non. ¿Que si non qué?, si non teríamos os concertos do PUB GATOS (Melide-Wichita-Galicia), que moi mal teñen que ir para que non nos quenten un pouco, ¿ou non?. Paso a enuciaros os confirmados deste mes entrante de Novembro:

Venres 4: Dende Compstela e apostando polo rock clásico con pequenos toques de ska e reggae, chega 96 GRADOS, que polo nome que teñen ben podedes adiviñar que o do frío vai ser unha anécdota. Si che gustan Dire Straits, Pink Floyd, Eagles, Rollings, etc. non podes perdelo. Esperámoste.

Venres 11: Faremos un pequeno cambio de estilo, pero non por elo abandonaremo-la senda do rock, afincado en Granada pero de nacionalidade arxentina terenmos o pracer de contar co cantautor DIEGO GLUSMAN, pero sin caer no tópico do cantautor ó uso, está no Gatos e sempre ten que dar o do de peito, ou sexa, caña e marchiña. Virá acompañado doutro guitarrista e dunhas bases electrónicas sin esquecer grandes temas de outros artistas arxentinos coma Calamaro, Ariel Rot, Fito Páez, etc. Podedes escoitar temas deles na súa web www.diegoglusman.com.

Venres 18: Valencia é terra de grandes grupos, creo que os habituales tédelo comprobado, e dende o Mediterráneo chegan por segunda vez ó GATOS un auténtico grupazo: DAZE OF DAWN. Grupo de Valencia pero no que ningún compoñente é dalí (nin picasso tampouco), Madrid, Málaga , Barcelona son os seus orixes e sendo o líder, compositor e vocalista o canadiano Calude Robillard, quén fai dous anos(creo lembrar que estiveran en Decembro do 2003) flipou co pan, co pulpo e co caldo galego. Eu xa penso que voltan por eso. Como anécdota contarvos que un dos guitarristas é vexetariano e a piques estivo de caer na tentación ó ver o xamon, chourizo, lomo, etc. que divisou aquí, ademáis tamén comeu calo galego e lambía o plato como si fose a "derradeira cea".
Este grupo xa tocou en festivais importantes coma FESTIMAD, VIÑAROCK, TINTOROCK, etc ademáis de aparecer nos CONCERTOS DE RADIO 3 na 2 DE RTVE. Esta actuación podedes vela na súa WEB: www.dazeofdawn.com, amén de escoitar temas da súa dilatada discografía. Non teñen despedicio, soan de PM (policía militar). Non faltedes

E para o venres 25 algo haberá, xa hai contacto pero de momento non está nada cerrado definitivamente, xa vos informarei.
Recordade que todo-los concertos son de balde e a partires da unha da noite. Tedes máis información na web que preparpu para todos nos o webero oficial mayor do reino JUAN DE SOBRADO (MILLONS DE GRACIAS JUAN): www.pubgatos.tk

segunda-feira, outubro 24, 2005

O CIRE DE MELIDE GAÑA O SEU PRIMEIRO PARTIDO DESPOIS DE UN ANO E MEDIO (+ OU -) 3-2

A nosa equipa de futebol o C.I.R.E de Melide, unha institución con mais de 50 anos de historia (polo menos)conqueriu onte ante o digno rival do Curtis club de futbol, unha merecida victoria que sabe a gloria despois de 18 meses, o ano pasado non participaron polo tanto 6 meses reais, sen saborear a mel do trunfo.

Por desgracia houbo un acontecemento no partido que nos deixou a todos xeados coma un iceberg, transcurridos 35 minutos do primeiro tempo, Ruben Lodeiro "mella-van.de.verde.", disputou un balon aereo bravamente co porteiro curteño, Lodeiro acadou o segundo gol do cire pero caeu o chan supetamente, de seguida os compañeiros de "mella" decataronse de que perdera o coñecemento e deron a voz de alarma. Chamouse a ambulancia, e eses breves minutos pareceron eternos, a rápida actuación de Tonecho, o adestrador, foi importante no devir do suceso.

As ultimas noticias que teño son as seguintes, mella atopase ben pero ten que permañecer no hospital en observacion durante un periodo de tempo.
Parece ser que foi un coalugo de sangue na cabeza, froito do impacto, non sabemos se foi o caer el o chan ou o porteiro sen querer co xeonllo, o que provocou a perda de coñecemento do noso amigo.

Cando contemplas "in situ" un suceso destas características un, outra vez mais, ten que darlle a razón ós vellos, mestres en tantas cousas, cando din: "Nunca se sabe onde ten cada un a sua crus", pois eso que a mais caprichosa das sortes é o destino, ou como lle queiras chamar.

Hoxe por respecto a Rubén non vou facer a crítca fubolistica-humoristica que tiña pensado, eso si esta victoria do noso cire vai adicada, sen dúbida nengunha, a ti O HEROE DO 23 de Outubro, para mais inri Feira en Curtis.

sexta-feira, outubro 21, 2005

Bueno, boas a todos os que entrástedes nesta historia, primeiro as presentación, hai que ser educado, eu son riki e son de melide.
Hoxe, 20 de outono de 2005, víspora da segunda feira de chantada, contaxiado pola febre blogeira deste noso país, decidin eu tamen ser participe destes diarios dixitais ou como carallo se chamen. Sin mais dilación o allo, que a actualidade manda.

Primeira cousa: mañán venres 21 no Pub Gatos de Melide, acutación do grupo ourensán de rockandroll MITOCONDRIAS, como anécdota decirvos que o ano pasado traían ó mesmisimo dobre de Van Morrison con eles tocando o saxo,tanto foi asi que toda a peña se quedou sorprendida e incluso algun ,coma santo tomas, foino tocar porseascaso era o León de Belfast. O que son as cousas da vida, aquel mesmo día tocaba o irlandés en Santiago.

Segunda cousa e última por hoxe: coma tódolos venres, en radio melide 107.1 fm, a partires das 19.00h, ten lugar o programa "A hora amiga", que co-dirixo e co-presento e co-todo co meu amigo da infancia Adrián Concheiro "amiguete".
Nesta 33 ou 34 edición do programa ofreceremos mais músicas do mundo, mais músicas do país, mais novidades, mais curiosidades, mais novas, mais actualidade, mais "lavidaendirectomelidá", e sobor de todo mais humor.

Nada mais por hoxe xa cheja. Ala amigos ata o seguinte rollo.

quinta-feira, outubro 20, 2005



hola a todos, vou facer unha proba a ver como funciona este enredo.