segunda-feira, outubro 24, 2005

O CIRE DE MELIDE GAÑA O SEU PRIMEIRO PARTIDO DESPOIS DE UN ANO E MEDIO (+ OU -) 3-2

A nosa equipa de futebol o C.I.R.E de Melide, unha institución con mais de 50 anos de historia (polo menos)conqueriu onte ante o digno rival do Curtis club de futbol, unha merecida victoria que sabe a gloria despois de 18 meses, o ano pasado non participaron polo tanto 6 meses reais, sen saborear a mel do trunfo.

Por desgracia houbo un acontecemento no partido que nos deixou a todos xeados coma un iceberg, transcurridos 35 minutos do primeiro tempo, Ruben Lodeiro "mella-van.de.verde.", disputou un balon aereo bravamente co porteiro curteño, Lodeiro acadou o segundo gol do cire pero caeu o chan supetamente, de seguida os compañeiros de "mella" decataronse de que perdera o coñecemento e deron a voz de alarma. Chamouse a ambulancia, e eses breves minutos pareceron eternos, a rápida actuación de Tonecho, o adestrador, foi importante no devir do suceso.

As ultimas noticias que teño son as seguintes, mella atopase ben pero ten que permañecer no hospital en observacion durante un periodo de tempo.
Parece ser que foi un coalugo de sangue na cabeza, froito do impacto, non sabemos se foi o caer el o chan ou o porteiro sen querer co xeonllo, o que provocou a perda de coñecemento do noso amigo.

Cando contemplas "in situ" un suceso destas características un, outra vez mais, ten que darlle a razón ós vellos, mestres en tantas cousas, cando din: "Nunca se sabe onde ten cada un a sua crus", pois eso que a mais caprichosa das sortes é o destino, ou como lle queiras chamar.

Hoxe por respecto a Rubén non vou facer a crítca fubolistica-humoristica que tiña pensado, eso si esta victoria do noso cire vai adicada, sen dúbida nengunha, a ti O HEROE DO 23 de Outubro, para mais inri Feira en Curtis.

1 comentário:

rikimelide disse...

Dixome Amgiuete que entrara a facerme algun comentario, pero que tiña que rexistrarse pra facelos, decirvos a todos que a ver si subsano esto ou senon cambiamos de blog e ao carallo, veña un saudo a todos e todas.