sexta-feira, setembro 28, 2007


SWEET OBLIVION BAND
Hoxe Venres no Gatos de Nani, Sweet Oblivion Band, entrada de balde e horario como de costume.
Este grupo como nos contan no seu espazo web no myspace están influenciados por: Mad Season, Blind Melon, Pearl Jam, Screaming Trees, Alice in Chains, Temple Of The Dog, Pink Floyd, The Fire Theft, Masters of Reality, Gomez, Unified Theory, The Beatles, The Black Crowes, Jeff Buckley, Nick Drake, a perfect circle, Soundgarden, Wolfmother, Kyuss, Led Zeppelin, The Who, queens of the stone age, stone temple pilots, Nirvana, Ben Harper, Guns n´Roses, Miles Davis, Fiona Apple, PJ Harvey, Radiohead, Sigur Ros, Mogwai, David Bowie, Low, The Doors, Neil Young, Tom Waits, Johnny Cash, Mars Volta, Jane´s Addiction, Antony and the Johnsons, Mother Love Bone, Porcupine Tree.... case nada. Son da moi musical vila de San Sadurniño. Ferrolterra.

quarta-feira, setembro 26, 2007

CIRE-POULO. 23/9/2007
Algunhas imaxes do partido do domingo entre o Cire e o Poulo, 4 a dous para os de Melide. Este fin de semana o Cire fixo pleno en tódalas categorías nas que xogou, tedes mais info picando no blog do Cire

Arriba de esquerda a dereita: Fernando, Cabado, Luigi, Suso P. , Charly e Miki.
Abaixo de esquerda a dereita: Miguito, Nacho, Julio, Peque e Jechu.






CONFIRMACIÓN DA FESTA DO VOLUNTARIO, E PROGRAMA.O voluntariado en defensa do monte galego celebrará a súa festa este sábado en Melide tras finalizar a campaña do ano 2007
Os voluntarios e voluntarias da Galiza que colaboraron durante a campaña 2007 na prevención e extinción de incendios teñen unha cita en Melide (A Coruña) este sábado, onde celebrarán unha festa e terán oportunidade de coñecerse.
O programa de actos do evento vén ben cargado. Comezando ao mediodía, e durante toda a xornada, haberá pasarrúas dos grupos de música tradicional Axóuxere, Os Melidaos, Os Frebudos, Bico da Balouta e O Castelo.
Ás 15:00 horas haberá un xantar de confraternidade, e despois varias actividades culturais para encher o serán: Anxo Moure contará a historia de O carballo con botas, acompañado doutros contacontos; a compañía de títeres Tres Globos interpretará a obra Pedro e o lobo; a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional porá en marcha diversas brincadeiras para todas as idades; haberá regueifeiros; e a empresa de aventura Ferventía instalará un rocódromo e unha pista para a práctica do tiro con arco. Xa pola noite, actuacións de folk e rock a cargo de Nao, Zenzar, Os tres trebóns e Tiruleque.
Cómpre destacar que todos os artistas, grupos e empresas participantes veñen de xeito desinteresado e actuarán de balde. Para que esta Festa do Voluntariado fose posible, contouse coa axuda financeira e loxística do Concello de Melide, das direccións xerais de Montes e de Voluntariado, da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega), do Pub 600 e de Adega O Lar.

sexta-feira, setembro 21, 2007


ASÍ CHE NOS VAÍ MEU...
Teño o costume , como moita xente, de empezar a ler os xornais pola contraportada, e no exemplar de hoxe do de mais tirada do país aparece un artigo de opinión firmado por Luis Ventoso dentro da súa sección "Vidas ejemplares". Nel o xornalista coruñés da unhas cantas claves, coido eu, do que é a nosa idiosincrasia galaica.
Aproveitando como telón de fondo o asunto das deteccións estes días dos camariñáns que ían pescar con dinamita, Ventoso degulla a nosa realidade social.
Dicía o franco-suizo Rousseau que o "home é un lobo para o home" e isto na nosa terriña vénnos ó pelo.
"Ó que é meu, é meu , é meu e non quero que vaias dicindo que tumba que dalle que tal que sei eu." cantaba o Cuco de Velle, que atinados retrousos.
Galicia o país onde quen non move un marco dunha leira é parvo, quen non ten un pendello-jalpón sen recebar é un inútil, quen non "chupa" unha subvención con picaresca é gilipollas, quen non bota o purín cara o río é un pasmón etc etc.
Somos como somos e antes de buscar as culpas do noso atraso na casa procurámolas fóra -que tamén ás hai,é moitas, non cabe dúbida-.
Lede o artigo do ghichiño a ver que opinades vós. Prémelle

FESTIVAL NA DEFENSA DO MONTE GALEGO EA FAVOR DO VOLUNTARIADO.
Cóntovos ,case en primicia ,que en MELIDE o SÁBADO 29 DE SETEMBRO ás 23,00H haberá un grande concerto de rock galego onde estarán ZËNZAR(20 anos de Rock duro dende Cerceda), TRES TREBÓNS (conxunto formado por Amil (batería ex-papaqueixos, Antón (baixo ex-papqueixos e ex-alberto bmundi mailo Xurxo Souto (acordeón, voz e ex-diplomáticos)e NAO (metal, rock, hardcore dende A Estrada e Quiroga) todo organizado por A.D.E.G.A.) -
Trátase do concerto "fin de curso" dos voluntarios que este verán andiveron vixiando que non arderan os montes patrios. Gracias a nosa privilexiada situación xeográfica (estamos no medio do país) e as xestións de Óscar Lama -melidán responsable do voluntariado en Arousa-Xiabre, Melide acollerá esta historia.

quarta-feira, setembro 19, 2007


CAMPIÓN NACIONAL EN MELIDE
Xa é unha realidade, Xesús Ferreiro CAMPIÓN NACIONAL DE RALLYES, MODALIDADE DEVEHÍCULOS HISTÓRICOS. Despois da victoria o pasado fin de semana no rallye do Principado de Asturias, Ferreiro xa é o campión matemáticamente ó falta de duas probas. Non é que tivese moita competencia, pero se algo se poido demostrar esta tempada é que o piloto mais espectacular de Galicia e probablemente de España naceu en Melide e responde o nome de Xesús Ferreiro Pérez.
Se algo caracteriza a súa conducción e que sempre intenta levar o coche o mais de lado posible, ademais o seu Escort MK2 é tracción traseira, o que fai volver tolos os amantes do motor, que na nosa comunidade son moitos milleiros.
Tamén é destacable que cun coche de mais de trinta anos, Suso fixo unhos tempos de luxo e estivo varias veces no top-20 das clasificacións dos rallyes de asfalto do Nacional por riba de máquinas con moitísimos mais cabalos.
Dende aquí NORABOA CAMPIÓN¡¡¡
Cantabria, Galicia -Rías Baixas, Ourense e Ferrol (este último con abandono)- e agora Asturias disfrutaron dun piloto excepcional e para mostra un botón, só hai que darse unha volta polo Youtube para ver a lexión de afeccionados que colgaron os seus videos ó paso do campión de Agüeiros.

+ videos: un , e dous

segunda-feira, setembro 17, 2007

"El derecho de vivir en paz"
Entérome no blogue de Fandi de que antonte cumplíronse 34 anos do brutal asasinato en Chile do cantautor comprometido Victor Jara. Se queredes saber mais de como foi aquelo picade aquì. Que menos que colgar un video dun tema seu:

A versiòn dos coruñeses "Luar na Lubre":

"Yo no canto por cantar
ni por tener buen amor
canto porque la guitarra
tiene sentido y razón
tiene corazón de tierra
y alas de palomita...

...canto que ha sido valiente
siempre será canción nueva

sexta-feira, setembro 14, 2007


ADIÓS RÍOS, ADIOS FONTES...
Sen ningún tipo de dúbida a nova, triste, desta semana é o verquido de purís no Río Catasol, afluente do Furelos. Miles de troitas , miñocas, rás etc etc mortas pola contaminación dunha granxa de porcos en Zas de Rei. A Asociación de Troiteiros do Río Furelos que fai poucas datas voltou a organizar as Xornadas de Limpeza dos ríos melidáns detectou este verquido e puxo en coñecemento das autoridades pertinentes e mais puxo a consecuente denuncia no cuartel da benémerita do noso concello.
Tedes mais información pinchando neste link: Nova da Voz

quinta-feira, setembro 13, 2007


SEGUE A FESTA EN SOBRADO.
Na vila veciña de Sobrado dos Monxes arrancan as festas dos Dolores, hoxe xoves no Dolores DKbeza Rock: C.K.E.B, grupo do bateria dos Killer Barbies que fan versións de Elvis e incluso se disfrazan espectacularmente do rei do rock, Mitocondrias puro r.n.r dende Ourense e A banda de Poi, portugueses e galegos comandados polo ex-heredeiro Tonhito de Poi.
Venres 14 de setembro
Orquestra MARBELLA
Grupo AMÉRICA
Sábado 15 de setembro
Grupo TROCO
Orquestra OLYMPUS
Domingo 16 setembro (Día grande das festas)
Orquestra VERSALLES
Orquestra PANORAMA
Coinciden coas festas do ECCE HOMO en Palas, que son o venres, sabado e domingo.

segunda-feira, setembro 10, 2007




A NOSA FESTA
Din que unha imaxe vale mais que mil palabras, por ese motivo e mais porque onte foi o dia do San Caralampio fixen outro blog para meter as fotos e os videos do que foi mais ou menos a xornada de onte.
A direccion e: anosafesta.blogspot.com.
16 videos e 200 fotos agardan por vos.

sexta-feira, setembro 07, 2007

FIN DE SEMANA, BONITO, BONITO...
Chega un fin de semana precioso. Bon tempo -xa de mais-, derby Cire-Toques o sabado, e a festa das festas o domingo -San Caralampio-.
Are you ready?
Para abrir boca hoxe no Gatos, concerto de Capitan Furillo, ex-Caiman do Rio Tea.
Mañan derby futbolistico, con Josu -xogador do Toques- e Peke -do Cire-, de protagonistas. Amiguiños si pero a vaquiña polo que vale e o domingo A Nosa Festa outro ano mais organizada por ese persoeiro que lle chaman Barullo.
Concurso de debuxo "Alberte Lafuente" e concurso de tiro a lata con escopetas de pau para os mais novos, pementos, mexilons e cachelos nas pallas, charangas a discreccion, Festicultores, orquestra das que hai,traca, sorteo do carneiro e fin de festa ghaiteiro daran para moito asi que ....Collede aire e lume!!!!!!

quarta-feira, setembro 05, 2007

"CANTA CLARO..."

Despois do do tipo do formigon, do da "braña", de "cañita" etc etc non podia pasar mais tempo sen poñervos o clasico do "CANTA CLARO" ou o tamen chamado "..ME FENDIO LA AMOTO EN SIEN MIL PEDASOS" .
Tratase dunha entrevista de Luis Rial nos primeiros 90 a dous señores maiores que presenciaron ou tiveron un altercado.
Actores prinsipales:
O paisano ( escrito en letra normal)
A muller do paisano (escrito en negrita)
Luis Rial, xornalista da Radio Galega (en cursiva)

-Rompendoma na porta... e eu abrindo na porta e serrandoa, e o tipo coa navalla cara a min a sincuenta sentimetros.E lojo despois arrimouma a vinte sentimetros.Pero eu coa tranca puideno botar un pouko pa tras pero non lle dei.E despois a miña muller levouno cunha horquilla hasta o tractore ,e el colleu a macheta e sacoulle a horquilla a miña muller e veu hasta aqui e rompiulle a moto toda ao tipo. A Manuel barca dominques ... rompeulle a moto toda, que non ten xeito de ningunha clas.E dentonses ai de momento entrou pa dentro e dixolle a Manuel barca dominques voute matar q érelo... ESCOITA!! ¡¡Ahora falo eu e despois falas ti!! dixolle a manuel barca domingues aghora voute fender ca macheta. E manuel barca domingues tiña ...a tranca na man e foi cando lle arreou coa tranca na cabesa A un pau e dese pau morreu... e eu acabei de declarar que non vin mais outra cousa...

- Foi no momento (creo q di)

-no momento ,n!, marchou vivo pa santiajo, perdon marchou vivo dando nos nervios, pero el desancrado de todo case..

-A ver señora, vostede non sei que queria decir....

-Eu dijo que fun atrás del cunha horquilla e el ensima de min "te quemo ,te quemo ,te quemo ,te quemo". Asercandose al tractore ajarrou unha machada e ensima de min "te quemo y te labro" , con la mano y con la otra y con las piernas me daba unas ostias que me pasaban por riba de la cabesa.Asercandome a la puerta me dijo: "te fendo de arriba abajo", pero en ves de fenderme a mi fendio la moto. Acabo de fender la moto y dio la media vuelta e xa se botou a manuel barca dominques.

-¡Que che dixo mais, canta claro! Esa rapasa non ten nada que ver ahi, canta claro! canta claro o que che dixo!

-Dixo que me fendia la cona en sien mil pedasos .

-Hai que hablar claro!! las cosas son claras que no quiero nin hablar contra uno ni contra otro

-Dijo que me fendia que me fendia que me fendia, y que lo teniamos que conoser q alli nadie lo conosia. Pero eran voses que no eran de este mundo.

- Vd que Cre que estaba baixo os efectos do alcol?

-Aver, eu non sei, non sei si tiña alcol ou si non o tiña... eu se tiña alcol non o sei.Eu o q sei é q esas voses eran demasiado ...alteriadas.

-(...)

-Era unha altura de un metro sasenta e pico... un home tipico, un home... de hai cuestion de 5 años inda se via, antes era un hombre bueno como otro cualkiera. Pero hai cuestion de 5 años para aqui estaba la cosa fuera de si . Se metia con todos los que habia , del auntamiento sin ser del auntamiento tanto (aki cortase...) Le rompio el coche a la polisia con la cabesa y con las patas y un hombre le dijo ...¡¡fuera usted q ya termino! y ami me justifico seis adjetivos, seis adjetivos en la puerta rompidos.

-É certo que nun bar de Santiago este señor rompiu o mostrador cunha serra?

-Es verdad todo eso, es verdad todo eso ... con la maquina motoserra ... !!y lojo que es!! é verda eso ,eso fue en santiajo. Este hombre tambien en brembibi coguio a manuel barca dominques y lo jindó en la carretera en la asera y lo queria matar y grasias a 3 tipos de Antecruses que le salvaron la vida a manuel barca dominques que sino el sacaba la navaja para matarlo.y esos 3 tipos de antecruses o de anxeris, non sei de onde son, creo q son de antecruses le salvaron la vida a este señor.
Yo lo declaro porque lo he oido....

Bueno, e esto ven sendo a famosa jrabasion esa, ala, estaredes contentos xa?

SACADO DO BLOG: http://cachote.spaces.live.com/blog/cns!7CD071F0E9493686!1292.entry
VANTROI EN MELIDE

Este xoves a banda de rock combativo mexicana VANTROI, chega a Melide dende Mexico DF e visitan por segunda vez a mitiquisima reserva india do Nani, con eles viran outra banda azteca. Non podedes perder o adianto do proximo disco de Vantroi no pub Gatos. Viva mexico ..........¡¡¡¡¡