sexta-feira, setembro 14, 2007
ADIÓS RÍOS, ADIOS FONTES...
Sen ningún tipo de dúbida a nova, triste, desta semana é o verquido de purís no Río Catasol, afluente do Furelos. Miles de troitas , miñocas, rás etc etc mortas pola contaminación dunha granxa de porcos en Zas de Rei. A Asociación de Troiteiros do Río Furelos que fai poucas datas voltou a organizar as Xornadas de Limpeza dos ríos melidáns detectou este verquido e puxo en coñecemento das autoridades pertinentes e mais puxo a consecuente denuncia no cuartel da benémerita do noso concello.
Tedes mais información pinchando neste link: Nova da Voz
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Xa esta ben de que contaminen os nosos rios,pero a xente non se decata de que son fonte de riqueza,non ven que son as arterias da nosa terra,non saben que sen sangue non temos vida.Hai que acabar para sempre con todos estes persoaxes sen escrúpulos que so ven o que teñen diante e so pensan de maneira totalmente egocéntrica,pois para este tipo"de persoas"nada xira máis ala da súa propia porta.Agardo que se tomen medidas.
Enviar um comentário