sexta-feira, setembro 21, 2007
ASÍ CHE NOS VAÍ MEU...
Teño o costume , como moita xente, de empezar a ler os xornais pola contraportada, e no exemplar de hoxe do de mais tirada do país aparece un artigo de opinión firmado por Luis Ventoso dentro da súa sección "Vidas ejemplares". Nel o xornalista coruñés da unhas cantas claves, coido eu, do que é a nosa idiosincrasia galaica.
Aproveitando como telón de fondo o asunto das deteccións estes días dos camariñáns que ían pescar con dinamita, Ventoso degulla a nosa realidade social.
Dicía o franco-suizo Rousseau que o "home é un lobo para o home" e isto na nosa terriña vénnos ó pelo.
"Ó que é meu, é meu , é meu e non quero que vaias dicindo que tumba que dalle que tal que sei eu." cantaba o Cuco de Velle, que atinados retrousos.
Galicia o país onde quen non move un marco dunha leira é parvo, quen non ten un pendello-jalpón sen recebar é un inútil, quen non "chupa" unha subvención con picaresca é gilipollas, quen non bota o purín cara o río é un pasmón etc etc.
Somos como somos e antes de buscar as culpas do noso atraso na casa procurámolas fóra -que tamén ás hai,é moitas, non cabe dúbida-.
Lede o artigo do ghichiño a ver que opinades vós. Prémelle
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
Ten razón o amigo Ventoso, os galegos moitas veces non merecemos vivir en Galiza, non todos, pero a maioría, porque a temos moi desprotexida e olvidada, e so nos acordamos dela cando pasan as desgracias.
o inimigo do pobo, ventoso, non ten razón para nada.
É un colonizado, ou un colonizador non sei que dicir.
Só reflicte o auto-odio que teñen moitos galegos cara o seu pais.
Poñer o exemplo dos montes do ano pasado pareceme de coña. Por que arderon os montes? por rencillas personais entre paisanos? esa escusa é de puta coña... Arderían en primeiro lugar porque as mafias inmobiliarias expeculadoras, as mafias da celulosa, etc. estaban detrás diso. Aparte da cuestión política de querer linchar ao Sr Conselleiro Alfredo, e de que o Partido Popular na Xunta non fixo nada en política de prevención de lumes na súa vida.
Exemplos de solidariedade en Galiza sobran.
Se alguen sabe un chisquiño de historia do noso país, poderá recordar as batallas epicas de xove, baldaio, as encrovas ... e se nos remontamos máis atrás (ata o 1940 por exemplo) poderíamos atopar centos e centos de paisaniños que axudaban aos "foucellas" (aos guerrilleiros anti-franquistas) sen oficio nen beneficio, arriscando a súa propia vida.
Porque botan purín no río?, tiveron onde botalo cando comezaron a chegar os camións cisternas?
Porque roubaban das subencións? porque o goberno o consentía, por non dicir que o promovía, porque tiñan o ghalpón a ladrillo? houbo nalgures algo que fomentase o contrario?
Non somos parvos, somos como somos, somos un pobo colonizado, e si, a maoiría dos nosos problemas, teñen a súa raíz niso. Que culpa teñen os paisanos de nacer, viver e morrer nun sistema caciquil? Non foron educados para outra cousa... é normal que moita xente, teña o chip atrofiado por esta causa, mais eu, dende logo, non lles teño nada que botar en cara, non é dende logo, a súa culpa.
Se o home fose un lobo para o home, non sei porque alguén se tira ao mar para rescatar a un descoñecido.
O home é un ser social por natureza, é o propio sistema quen pervirte e contamina a natureza dese home. Pode ir Rousseau a tomar polo cu.
Boas Riki;
gustoume ben a túa reflexión.
Eu penso que algo de todo hai, pero é certo que é moi fácil escudarse na historia e pechar os ollos e atar as mans sen facer nada polo futuro (non vai por ti, eh Fandi, que en moitas cousas estou de acordo).
Pero cando se pechan os carriles con somieres, cando se prefire botar a lavadora vella na ribeira do río e gastar os poucos cartos que hai en asfaltar as eiras con hormigón,... algo de culpa hai en nós. Non é a historia, é o futuro.
Apertas, xentiña!
Enviar um comentário