quinta-feira, setembro 04, 2008

VALLE UNE
Hoxe lendo "La voz de Galicia" chamóume poderosamente a atención a seguinte noticia; "A Pobra y Vilanova pondrán fin a la disputa por ser cuna de Valle-Inclán", Mira que levaban anos escornados para levarse a gloria de ser o Concello onde viu a luz o autor de "Luces de Bohemia".
"La histórica polémica había llevado al literato a decir que había nacido en un barco en medio de la ría de Arousa", e continua a nova "Los alcaldes anuncian que los municipios se hermanarán porque «lo importante es que es arousano"
Noraboa, parabens, impresionante, aínda hai esperanza, como ben sabedes na nosa terra sempre se pelexou ata o mínimo cuartillo de terreo, os movementos de marcos así o demostran, pero parece que neste século XXI algo está a cambiar, esperemos que este sexa o prinicpio do fin de polémicas estériles que nunca foron boas para ninguén.
Coma contrapunto a noticia, a min Valle sempre me recordou a un dos nosos mais queridos persoeiros melidáns, Xosé Domingos Fuciños, Mingos.

3 comentários:

Anónimo disse...

Boeno,riki,boeno....

Está claro o significado deste artigo: Os de Mellí vístedes o lobo ante a goleada inminente deste domingo.

Está claro que o que estás e intentando que nos amiguemos os de Arzúa cos de Melide...de cu ides,rapás!

O domingo ide po fondo Norte,nós po fondo sur coma sempre. Xa están mobilizados os corpos de seguirdade e o partido está declarado de "alto risco"

rikimelide disse...

quen dixo medo....., 0-1 gañamos gol de pájaro

rikimelide disse...

Por certo onte en encontro disputado en arzua, brevis 3 melide 4 , bon presaxio para o domingo
forza cire¡¡¡¡