Algún día tiña que ser, e foi onte. A Selección de fútbol ,cun Iker Casillas incomensurable, gañoulle a Italia pero sobre todo gañoulle á Historia (futbolística xa que no resto dos deportes de equipo onde vai que somos mais competitivos). Non foi sin tempo. Venceronse as vellas pantasmas que sempre aparecian a altura de cuartos de final. Segundo votastedes na enquisa este ano había mais confianza que en outras ocasións, agás claro está, eses que tiñan que ensilar que desexaban mais que o tempo os respetase para cumplir coas labouras típicas deste tempo.
A "nosa" Portugal non poido acceder as semis ó caer diante dunha Alemania que son os de sempre. Pediume Josu_castelo que recordase neste recuncho que foi Gary Lineker e non "outros" quen dixo a famosa frase :"O fútbol é un deporte de once contra once onde sempre gañan os alemáns", ahí queda e canta razón tiña o bon do inglés.
Turquía, Alemania, Rusia e España. A ver que pasa, boa Eurocopa este ano, si señor.
Pd: Podemos = Yes, we can, que coincidencia.
PD 2: Despois non queremos que nos chamen país de pandereta, sangría, sol y toros.
segunda-feira, junho 23, 2008
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
iso e spain
diso estan fachendosos os españois:
dos toureiros, dos picoletos,das sevillanas e dos gorros de mexicanos... (non entendin moi ben ainda esta ultima relacion) pero enfin...
outra cousa que nunca entenderei e porque levan un touro na bandeira en vez dun conexo, que é o que realmente lle da nome ao pais veciño.
Enviar um comentário