VÁMONOS DE JAM...
Vou reaunadar logo a actividade do blog co que o deixei o Décimo Aniversario do Pub Gatos dende que o collera Nani Casal.
O sábado 30 de marzo celebroúse por todo o alto devandita efémeride como non podía ser menos.
Unhos reconfortantes pinchos pola tardiña onde se xuntou xente de todo tipo e condición, dende clientes, músicos amigos a xornalistas da radio galega etc etc que . O ágape foi amenizado por un só de violín dunha das retoñas do Nani que demostrou non ter ningún tipo de medo escénico e un abraiante dominio do esceario impropio dos seus sete aniños. Despois xa pola noite disfrutamos do magnífico e inclasificable espectáculo de "Leo i Arremecaghona" cantautor olívico de Matamá que nos fixo disfrutar hora e media longa. Este concerto foi retransmitido ao vivo pola Radio Galega no progrma "Máis berberechos". Despois de Leo tocoúlle o turno ós boimortenses-xancedanos Ith, que a pesares de ter á baixa do sue cantante Pablo fixeron un bo espéctaculo de rockandroll de notas potentes coa axuda dos que andabamos por alí incluído o propio Leo que se atreveu con clásicos do rock como o de Dylan "Knocking`on heavens door" e o reconvertiun nun "Petándolle a San Pedro nas portas do ceo". A jam-session continuaba e non paraban de subir músicos e músicas as táboas do Gatos, dende o heavy mais clásico o punk mais punk pasando polos acordeóns e as gaitas do país nun evento que se prolongou na profunidade na noite ata altas horas. Co gallo desta celebración non se podía agardadar outra cousa. Longa vida o Gatos, longa vida a toda a xente que lle gusta a música en directo, longa vida os grupos (sen eles sería imposible), longa vida ás xuntanzas de músicos improvisando e como diría o toxo "Viva el Rock".
Aqui vos quedan algunhas imaxes de Leo e de Ith.
domingo, abril 08, 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Decir para quen non o sepa que a colaboración a gaita estivo a cargo de Chelito que tivo os seus momentos de gloria cando os mesmisimos Rolling Stones a pillaron para que lles dera uns toques antes do derradeiro concerto que deron en Compostela.
Nunca se soubo a cantidade coa que a recompensaron pero sei de boa fe que foron do máis xenerosos.
saude e Jas!!!!!
Non puiden asistir por problemas de la vida. Perdóame, GATOS! :(
Enviar um comentário