GRACIAS RUXE, OBRIGADO LAMATUMBÁ
Fin de semán completiño completiño, escomenzamos o xoves vendo no 600 a un grupo alemán de versións dos Ramones, houbo coma non a sua jam session de rigor feita por músicos ben formados do país (Miki, Susiño, Nino etc), o batería xermano bautizado rápidamente polos que acudimos como Moncho -eu coido que se chamaba Hans o - demásscubriu como acompañar unha gaita en menos de duas cancións, e a verdade que se lle vía que disfrutaba ó teutón.
Venres, presentación do primeiro disco dunha banda de rock melidá en toda a historia, os artífices foron os Porka miseria, acompañabaos nesta data tan especial o grupo do Deza, Skarmento.
Por certo, como non, este magno evento foi no Salón Teatro Metal Pub Gatos.
Sábado, aqui xa empezan as diatribas e as decisións teñen que ser atinadas xa que a oferta é ampla.
En Sobrado tiñamos a Festa da Troita e en Arzúa a XXIV edición dos Botes.
Decisión salomónica, primeiro a un sitio e despois a outro.
Que implica esto?, perder a oportunidade de ver a tódolos grupos. Perogrullo puro.
Empezamos na vila dos monxes, presenciando -baixo un frío e un aire propio das terras da cordillera tibetana do Bocelo- ó grupo de Teixeiro, Lony, onde toca o baixo o amigo Toxo, e o sabado por circunstancias tamén estaba de guitarrista Miguel Xanceda.
Versións de grupos de rock comericias é o que fan, U2, Red Hot, Jet, etc
Destacar a Toxo, que se nota que pode tocar ata unha lata que el pasao ben, e a Miguel que só ensaiou tres días e fixoo con moita dignidade, só unha pega a guitarra Flashin V cun tema dos Piratas era chocante a la par que simpático.
Seguinte grupo La Fundación Tony Manero, funky por tódolos lados, ata bailaban os membros da comunidade cistercienese. Ora, labora e funky unha hora.
Quedaban pra rematar a historia da troita, La kinky beat (da onda de Muchachito e a nova fornada de musica mestiza de barcelona) e os míticos e baltánicos (da terra de Baltar) Festicultores.
Para ser sinceros amolóunos moito non podelos ver pero botamos mao do sentido común ó descartalos xa que este ano van estar de novo no Caralampio. (10-9-06)
Arráncamos para Arzúa polas Corredoiras (Cross way) e chegamos o inicio do concerto dos míticos composteláns Ruxe-ruxe , unha descarga en condicións -como é habitual neles- da que tedes mostra ahi embaixo nun video do youtube de parte da actuación. Impresionantes Vituco and company, dándolo todo polo rockandroll, e facendo mover a xente, moi nova diante e un pouquiño veterana atrás, botábase en falta en Arzúa o sábado a xeración do medio que debía estar..., sabe dios donde.
A anécdota da noite trascurriu no descanso entre tema e tema dos Ruxe, cando a Xuventude Arzuá, X@, coreou o himno oficioso dos seguidores de Cutinocho, "Ao bote, ao bote de Melide o que non bote", Vituco despois de mirar para min e rirse, dende as táboas atallou a historia con estas verbas "Ei ei tios,toda a tera é boa e en Melide hai boa xente tamén, non o localismo...pirómano o que non bote" mais ou menos.
Moi agradecido Victor polo cabo botado, pero estos cánticos entran na lóxica festeira, sempre que se fagan con cariño e bon rollo.
Eu xa o dixen mais dunha vez non creo nos localismos, non conducen a nada, e remítome os refráns dos vellos, "toda terra é país".
Tamén creo que o conflicto, se o houbo algún día polo tema do xulgado etc etc, está superadísimo de todo na maioría da xente dos dous pobos. E se hai algún problema que o arreglen en Boente, Pepsi-colo e Rafinha. Mano a mano. :)
Despois dos de Aríns, tocou Skarnio, música xamaicana a todo meter na Praza da Vila, suor ó ritmo dos metais dos vigueses. Gustóume.
E despois collimos cara Millí, cando chegamos se collía en ninnon había onde aparcares, e os locais de copas eran un rebuldeiro de xente, non se collía en ningures.
Tónica xeral, esta, neste tempo de Agosto onde xa pola semán hai atascos en plena vila, parecéndonos outro ano mais a M-30 que a outra cousa. Pero ten que ser así, e unha moi boa nova para o pobo que siga sendo así. (€).
Domingo, pola tarde toca siesta longa, porque a todo isto estos son os días, no meu caso e no de moita xenta do sector sevizos, que mais se curra do ano.
Se o corpo non precisase dormir probablemente voltaría a Sobrado a ver as Carrilanas e A Quenlla, e repetiría a xogada para rematar con Lamatumbá en Arzúa.
Non poido ser o primeiro si o segundo. Cando chegamos bouraba na guitarra Alberto Bmundi, angolano residene en Gz, que chegou via Portugal. Moi ben o africano, un músico que xa foi telonero do mesmo Manu Chao. Vibraçao positiva, altamente irmaus, alegría¡¡¡. Foi unha actuación didáctica onde aprendimos cousas relativas a triste andaina da xente que tenta buscar unha vida mellor e tense que vir para Europa; contou un pouco da sua historia e a de compañeiros que facían autostop no Oceáno Atlántico. Nunca nos daremos conta do privelexiados que somos o nacer ó chou nun sitio coma este.
Despois de Bmundi, quen?, La-ma-tum-bá, a verbena do século XXI estaba porfín en Arzúa(dcespois da invernía do Queixo) e viña disposta a encher os corazóns de lume, pero lume do bon qe do outro sobra, é moito.
Pezas novas e un repertorio sen perxuizos moi currado e rodado en moitas prazas, foi o cocktail explosivo dos das Burgas, como lle comentei a Ico(cantante) despois o quen non baile, salte, cante, sude etc etc con Lamatumbá e por algún problema ou tara. E recordeile aquel retrouso sambista que diciá: "Quem nâo goste de samba, bon suxeito nâo é, ou e ruin da cabeça ou doente do pé".
Teño que darlle as gracias por deixarme compartir metros cudadrados de madeira con eles, no que xa casi ben sendo unha tradición.
Coñecimos a Lamtumbá en Sobrado, e trouxémolos para o Caralampio, alí coñeceron un pouco das boas cousas que temos, hospitalidade, queixo da nabiza(como lles gustou),bon ambiente, festa etc etc. Agradecéronnolo cunha reseña nos agradecementos do libreto cun "Si, si si somos de Millí".
O Ico ó son da cumbia, pediu que non só unha, senón duas¡¡¡ rapazas bailaran conmigo.
Que crack o "zamorano".
Supoño que Lamatumbá sexan unhos artistas cojonudos non o discute ninguén, pero é que aínda son mellores peroas que músicos e artistas. Non cambiedes nunca tios.
Despois da descarga ourensá turno para a banda do arzuán Mendez, Flash Flan.
Correctísima actuación onde o rocandroll clásico e o blues se confundía coa noite arzúa.
E nesta semán non vos digo nada o que queda,Santa María, San Roque, San Queremos, san san san san san san san san san san , e o 10 de setembro S A N C A R A L A M P I O. A festa das festas. 60 aniversario.
Ah, e o venres 25 de Agosto(día da final dos campeonatos de fútobl sala), Siniestro Total no Cantón de San Roque, desta volta sen farola no medio.
Cando Julián veu tocar ó Gatos cos Transportes Hernández e Sanjurjo, sorprendéunos a todos (porque mira que deberon dar concertos os vigueses) coa sua prodixiosa memoria.
Ó lembrar a actuación que fixeran no 88 ou 89, na devandita praza melidá , onde daquela estaba espetada unha farola xusto diante de onde se ubicaba o palco. Quedando unha estampa un tanto dantesca,curiosa e rocambolesca o mesmo tempo.
Bueno por hoxe xa abonda meus, se chegastes lendo ata aqui,e que tedes paciencia .
Ah,podedes descargar de balde cancións do disco de Lamatumbá e unha nova que fixeron para o Xabarín neste enlace Prémelle.
Saúde meus.
Este é o video de Ruxe, o sabado na terra do Queixo, con imaxes do concerto, e da tarde dos Botes, charagna, montaxe, o teatro... O mellor é velo.
3 comentários:
Sempre un placer comapartir festa con vostede, amigi Riki!
Quen tivera o teu don da ubicuidade... Por certo, coida eses puntos do carné
Autovía por MIlli!!!
Un saúdo compañeiro, non sei quen será peor, dos Pirineos do Tour á festa da fraga......etc etc
Cuidate moito en México campión.
Saudos orlock,jajaa, e saudos o bigote do vello.
Enviar um comentário