quinta-feira, fevereiro 08, 2007

VENRES 9 FEBREIRO, DOBRE CITA MUSICAL
Si amigos se non queres caldo....., este venres en Melide sesión doble protagonizada polos ordenses, Dios ke te crew, e polos Zënzar de Cerceda.
Os primeiros actuaran na sala 600 proceden da comarca veciña de Ordes e teñen a honra de ser o primeiro grupo en grabar integramente un cd profesional en galego.
DKTC nace da fusión dos grupos 5 talegos e Ghamberros dando como resultado no 2003 esta Crew de hip-hop que engloba nun escenario dende a música ata o baile (break) pasando polo graffiti. No seu disco "Xénese" convencidos como os "Blues brothers" de que son enviados na terra dunha misión divina de dignificar e poñer paz na competencia do mundo do hip-hop, non se cortan e analizan con gran intelixencia os problemas da xente nova deste país, fálannos dende a "política de asfalto", da prepotencia policial, da situación do galego actual, das drogas, das festas ata temas que cuestionan a monarquia borbónica.
Gloriosa a colaboración de Miguel de lira como o desleigado Cabo Ameneiro, "tranquilo, onde va que murió..."
Pois eso, Dios ke te crew no 600 presentando un disco con 16 temas que está petando moi forte e que os vai levar por numerosos puntos da xeografía galaica incluído Arzúa onde estarán compartindo palco con "La excepción" e "Macaco" na xa cercana edición do Festival do Queixo.




No Gatos tócalle o turno a Zënzar, que dicir deles?, pois sobre todo que son os auténticos pais do rock en galego. Levan xa case vinte anos bourando nas suxas guitarras e cada vez soan mellor, son coma o bon viño melloran cos anos. Claramente influenciados por Barricada, LaPolla, Burning, Extremoduro ou Reincidentes entre outros (grupos cos que xa compartiron cartel) contan nas suas letras, sempre en galego (agás eses sublimes deslices dos narcorridos mexicanos) historias non moi lonxanas as nosas (non hai tantos kms): poemas musicados de Celso Emilio, letras combativas, de denuncia social, ecoloxía, marcha e desfase ou caciquismo e manexos políticos.
Dicir que vivir en Cerceda ten que marcar xa que despois de espetarlles unha central térmica en Encrobas despois lles mandaron toda a merda con Sogama . Eso si teñen o Aquapark para lavarse de cinza a cinco minutos.
Tamén presentan disco os cercedenses, "Todo vai ben" (que fai o cuarto longa duración á parte das duas primeiras maquetas unha aínda co nome de Mördor e de colaboracións en recopilatorios como o de "Rock na costa da morte").
Colaboracións de luxo neste traballo como a guitarra do galego-mexicano Pacor Cerdeira e as voces de Vituco Ruxe e de Presencia Zero.
Zënzar creadores do "Son Cerceda" (ahí podemos enmarcar ós propios Presencia, a Kastomà ou porque non ós primeiros ITH).

Resumindo moita cultura de banda na comarca de Ordes e este venres poderémola disfrutar en dous sabores disintos, o rock contundente ou o hip-hop.

Link do video de Zenzar, "o padriño": http://www.youtube.com/watch?v=t_OvVDxpvKI
Xa sabes no Gatos e no 600.

6 comentários:

Anónimo disse...

Riki; Algún dia nos explicarás o porque desa falta de comunicacion entre salas¡¡Non decían os que saben que a unión fai a forza??.Pois eiqui non é que falte unión,nin sequera comunicacion, e que parece que hai competencia e guerra de guerrillas.

"Hai 2 concertos cada venres.....Pongamos que hablo de mellid....DE MELLID..!!

"Pero bueno...A rio revolto ganancia de pescadores. A desfrutalos rapaces.SALUD.
(A cal vas ir ti Riki??....ou acaso optarás por unha sabia decisión salomónica??)
BIKOS a tod@s

Anónimo disse...

Eu como non, vou tentar estar nos dous jjejje, aínda que implique perder cachiños dos dous, é o que hai

Anónimo disse...

ah, é saúdos fortes ó outro lado do canal da mancha, Fiz unha aperta forte anglo-galaica.

Anónimo disse...

ah, é saúdos fortes ó outro lado do canal da mancha, Fiz unha aperta forte anglo-galaica.

Anónimo disse...

bótalle un ollo a isto Ricki

http://blogaliza.org/index.php?val=lblogomillo

véxote en forma :D

rikimelide disse...

149 de 2278 blogs galegos non está mal. O que vai ben é Marcus Quinto posto "y subindo". Vitor case me pilla jajja, 152. Non me parei moito pero a tin non te vin. Pero agora co blog novo que trema o top ten ou que dis carlinhos?