Domingo 1 de Xuño, ás 18.00 h. no Municipal de Melide, partido único.
SEGUIMOS DE COPAS
Despois de eliminar en dazaseisavos de final a un dos "gallitos" desta Copa da Coruña 2008, o recén ascendido a primeira, Mesón do Bento C.F, nun partido épico xogado d poder a poder no Municipal melidán, podedes ler unha acertada crónica do envite no blog das Brigadas Azuis, agora tocounos en sorte nesta ronda, octavos, un rival a ter moi en conta tamén , o Olímpico de Rutis (Vilaboa-Culleredo), quinto clasificado na Segunda Autonómica Grupo I (para o ano será un dos nosos rivais) e que é todo un histórico do fútbol modesto das mariñas coruñesas.
Agardemos que o domingo sexa todo unha festa de fútbol e de nada mais, e que o Cire se plante en Cuartos de Final, para que se cabe, facer mais redonda esta campaña 2007-2008.
Sem comentários:
Enviar um comentário