terça-feira, maio 20, 2008


ART-NATURA
Info extraída da páxina da Asociación A.d.e.ga<
o 23 de maio ao 6 de xuño. A exposición Art-Natura na que participan máis de 140 artistas e escritores galegos coa temática da defensa do medio natural inaugúrase este venres 23 de maio 20:00 no Edificio Multiusos de Melide. Na inauguración estarán presentes membros de ADEGA e do Concello de Melide na persoa da concelleira de cultura. A exposición permanecerá aberta dende o día 23 de maio até o 6 de xuño. A mostra realízase coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Melide e as consellerías de Cultura e Medio Ambiente.
exposición “ART-NATURA”, promovida por ADEGA, é unha mostra itinerante por todo o territorio galego en defensa da Rede Natura galega e en defensa do noso Patrimonio Natural. Melide é a oitava localización na que se expón “Art Natura” tras Compostela, O Carballiño, Lugo, Oroso, A Coruña, Fene e Marín onde tivo unha boa acollida. Participan nela máis dun cento de artistas galegos con 102 obras plásticas, 28 literarias, e 2 audiovisuais.
Durante este 2008, pretendemos tamén presentar a exposición en Pontevedra, Ferrol, Carballo e Cabanas. Permanecere atent@s ás novas convocatorias e datas

Sem comentários: