CONCERTOS EN MELIDE, ESTA FIN DE SEMANA:
No Pub Gatos Nani informanos do seguinte:
O venres 23 visitannos dúas animas en pena. Dende a católica Zamora chegan PUNKATS, dúo Psychoacusticpunkbilly, composto de guitarra e voz que aparte da súa forza musical non deixarán a nadie indiferente pola sua interactividade co público e polos seus disfraces. Son uns demos. Entrada gratuíta.
E o sábado 24 ata o Gatos e dende A Coruña veñen felicitarlle os 60 anos a todo un mito e historia viva DA MÚSICA DOS DERRADEIROS CUARENTA ANOS, o poeta do rock BOB DYLAN. Homenaxe que será feita por unha banda composta por músicos de distintas formacións herculinas e que para esta ocasión fanse chamar THE HIGH LIGHTS BAND, TRIBUTE TO BOB DYLAN, que penso que non é preciso decir que estilo e que pao tocarán no que será unha noite inesquencible. Sobre todo para aqueles que lles toquen as dúas entradas para ver a Lenny Kravitz en Vigo o 29 deste mes, xa que durante o concerto farase o sorteo das mesmas para aqueles que consigan participacións bebendo HEINEKEN. entrada gratuíta.
Na Sala 600:
Hoxe o grup coruñés TACRACK, no horario de costume.
sexta-feira, maio 23, 2008
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário