segunda-feira, novembro 05, 2007
6-0
Estes días de atrás Bernd Schuster, adestrador do Madrid, dixo que o seu equipo se asemellaba na forma de xogar o suízo Roger Federer, nº 1 do mundo no deporte da raqueta.
Pois onte domingo quen actuou tipo Federer foi o Cire, que lle endosou un set en branco ó filial do Dorneda de Oleiros. Non puiden ver o partido, pero parece que foi un partido cómodo onde anotaron Jechu (dous), Peke, Miki, Marck e Pájaro. Mágoa perderse o gol de Pájaro. Noraboa o equipo que este ano se está saíndo da táboa, para a semana vaise fora a San Martiño (Cerceda) e dentro de quince días partido clave da primeira volta, visita o Municipal da Estrada da Golada a Ponte Carreira que despois dos pinchazos do Perillo (perdou 4-3 co Oza) e o Boimorto (perdeu 1-0 en Toques nun gran partido dos veciños) é o noso máximo perseguidor a un punto.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Boa comparación a do Cire con Federer, si señor!
A verdade é que como o equipo siga así non vai a haber cristo que os pare.
Enviar um comentário