quarta-feira, novembro 07, 2007



CAMERÚN-SELECCIÓN GALEGA.
Esa é a nova de hoxe, o terceiro partido da Selección Galega de fútbol será ante Camerún o xoves 27 de decembro en Balaídos (Vigo).
A selección camerunesa está considerada, por palmarés, unha das mellores do continente africano. De feito, gañou en catro ocasións a Copa de Nacións deste continente xesta que lle valeu aos seus xogadores o cualificativo de “leóns indomábeis”. Ademais, o combinado africano participou en cinco ocasións na Copa Mundial de Fútbol.
Antes deste partido debutará o combinado feminino deste deporte fronte a Cataluña.
Os adestradores dos homes seguirán sendo Arsenio e Fernando Vázquez.

1 comentário:

Tecnico Deportivo disse...

Moi boas Riki.
Pasei por aqui unicamente para facer unha reflexion.
A pesar de estar totalmente de acordo no de ter o non seleccion galega de futbol e outros deportes, gustaria facer un comentario.
O anterior partido da seleccion de futbol, se non me fallan os datos, costou (gastos de estancia a maiores) mais de 200 millons das antiguas pesetas.
Faste unha idea do que se conseguiria facer con eses cartos nas categorias inferiores.
Considero que polo momento teriamos que xogar con outro tipo de seleccions, como por exemplo as seleccions catalana, vasca, etc.
Contra estas os gastos serian moi inferiores, ou aproveitar seleccions que estan entrenando no noso pais como e o caso estes dias que temos unha seleccion (non recordo cal) nas instalacions da Federacion Nacional de Futbol en Madrid.
Un saudo.