quinta-feira, setembro 21, 2006

"Encrobas, a ceo aberto"

Navegando pola rede de redes atopei no blog amigo de Vituco Neira Ouveando , "frontman" dos Ruxe-Ruxe e outras mil cousas mais, o trailer do documental que leva anos preparando Bocixa, o lider doutro grupo mítico do rock galego, os cercedenses Zenzar sobor da problemática da instalación nas Encrobas (Cerceda) nos anos 70 dunha central térmica polo grupo Unión Fenosa.
Este caso foi moi celebre na Galicia daqueles días, incluso Fuxan os Ventos con letra de Manuel María reflexaron o caso na "Cantiga das Encrobas".
A reacción popular da xente desa aldea enfrontándose a Garda Civil xa é unha imaxe mítica da nosa historia contemporánea.
Daquela loita labrega quedou unha reportaxe gráfica do fotógrafo da Voz, Xosé Castro.Prémelle para velas
Se queredes mais información do caso picade aqui.
Pois ben á marxe do bon facer de Bocixa e cia na elaboración deste documental, a anécdota salta cando levados 30 segundos do "trailer" aparecen unhas imaxes dun partido celebrado no campo de fútbol que se construiu ó caron da devandita Central.
¿Quen pensades que xogaba aquel día, cando grabaron as imaxes?
Unha pista: era un partido da terceira rexional galega do grupo cuarto.
Bingo, o noso "Cire de Melide" Vs Encrobas C.F que exercían de locais.
Concretamente as imaxes que saen no documental son as dunha pena máxima cometida sobre Jhecho que materializou maxistralmente Diego, que si non lembro mal supoña o 1-2 para o Cire. O encontro remataría en táboas con tres tantos para cada escuadra.
Eu estiven nese partido, disputado este Xaneiro pasado (a primeira fin de semán coido) e xa comentara con Emilio que carallo facía un equipo de Tv aquela soleada tarde de inverno.
Pensabamos que sería a TV de Cerceda, e sorprendiamonos de que seguiran equipos de parroquias do seu concello que militaran tan abaixo no futbol aficionado.
Agora xa saímos de dúbidas.
Aqui vos deixo a crónica que fixen co gallo daquel "match" disputado cun sol de inverno como testemuña.
Se queredes saber mais sobre a loita das Encrobas, recoméndovos este enlace, dun especial da Voz con motivo do 25 aniversario do suceso, e estoutro onde relata os feitos Manuel Rivas.
E para mais información sobre o documental:
Nova de Galicia Hoxe e Nova de Vieiros

3 comentários:

Gael disse...

Hola Riki. Perdoa que o comentario non ten nada que ver coa historia que contas que por certo, me parece tan interesante como a maioría das que contas. So quería decir que lendo o teu blog entereime que tamén o CIRE tiña o seu propio e no Santiso non iamos ser menos, así que ando montando un e tomeime a confianza de enlazar ó teu blog. Espero que non che supoña un problema. (Por certo son Martínez, xa que por tono igual non me identificas). Un saúdo para todos os que len o teu blog e ánimo para que o sigas mantendo tan interesante e actualizado.

Gael disse...

Vaia parrafada máis mal escrita me saiu onte a última hora! (as prisas nunca foron boas, xo dixo o sapo).
Bueno, como tampouco aparece o comentario, quería simplemente deixar claro que no santiso tamen temos un caderno destes (aí queda eso) e agradecerlle unha vez máis a riki por darme a idea.
Un saudiño

Anónimo disse...

Ok Martínez, obrigado por considerar que as historias que comento no blog che parecen interesantes. :), e como me vai importar que me poñas un enlace, faltaria mais. O que vou facer agora mesmo e poñer un enlace do teu blog da Unión Deportiva Santiso no meu. So jodería.
Bueno unha aperta e sorte os verdeamerelos para esta tempada.
O Santiso un equipo mítico tamén.