terça-feira, setembro 12, 2006
Puchos, boinas, gorras e tocados imposibles, lentes de deseño kafkiano, faces e pel como improvisado lenzo, teas brancas cobretorsos con forma T cumprindo labouras de libro de visitas, nas extremidades inferiores o vaquero aínda domina pero xa se ve a mais pura moda manuchaesca, tenis vellos nos pés, un sorriso permanente nos beizos do persoal, maus ocupadas con etílico destino, nos miolos o único obxetivo de satisfacer as neuronas do divertimento, orellas perforadas amén de polo frío metal, nalgún caso, polas notas quentes de improvisados instrumentos.
A vista de paxaro, unha colebra multiculor encaramase no desnivel do 3% vol da Herba as Ichoas. No chao un afluente perdido do Furelos. Xa andan mirando a Asociación de Troiteiros para limpalo de plástico litronesco e de vidro purrelense.
O ceo despexado respetando o santo patrón. A terra de Rosalía non quere perderse esta data marcada en vermello no calendario e manda o seu producto por excelencia que cos tradicionais cachelos nas pallas é gloria terreal nun mundo de anxos e demos por igual.
Nas pantallas dos chigres un piloto asturiano abandoaba unha carreira dun circo mediático, a ningúen lle importaba o grand prix melidâo remataba de empezar e aínda había moitas curvas que gobernar.
O inxenio non se quería perder esta sacra cita e locía a raudais en debuxos e textos serigrafiados en 100 x 100 algodón.
No horizonte, si alí onde se xunta o divino e o humano, se te fixabas ben podías ler, A NOSA FESTA 60º ANIVERSARIO, feliz no teu día patrón, horamoste como o mereces.
A radio pública do país tinxiase a media mañá da morada cor Barullesca disparando nas ondas hertzianas galaicas.
A hora do vermouth extendíase no tempo ata insospeitados horarios non tradicionais.
O xantar facíase con solenmidade aplacando o fervor dos liquidos de pequena e alta graduación nas nosas paredes intrínsecas.
O polbo tamén quería xogar este partido. Abofé que asi foi, nunha comida racional e racionada.
Fume traído do caribe en forma de gran habano contaminaba unha dixestión dun día especial. Hospitalidade cos nosos visitantes xa sexan famliliares, veciños doutros concellos, marxe esquerda do Nervión ou intercionalmente cos fies do Apostolo ou debería dicir Prisciliano.
E no lusco e fusco, cando a luz do sol esmorece e a complicidade emotiva da noite quere facerse co protagonismo ,os curmáns ourensáns dos zingaros centroeruopeos facían a súa máxica aparición, e mudaban o boureo percutvio afro-brasilo-cubana matinal para dar paso o demostramento da irmandade saudosa Miñota-Danubiesca,co Arnoia na alma.
1008 razóns para sementar a festa, e os Cultivadores desa Festa xa estaban eiqui.
Recuncaban por segunda vez e Deus mediante voltarán a recuncar, porque eles son a festa e o domingo o cene desta terra, un ano mais coa valiosa axuda do Deus Baco ,era a FESTA personificada.
Obxetivamente, o San Caralampio non é a mellor festa de Galicia.
Pero en primeira persoa e levado un pouco polo corazón que mo discuta algúen se ten o suficiente índice de testosterona.
Este ano, polo menos eu, non vin (menos mal) ós inimigos da festa: Pelexas, discusións, malos rollos etc etc
Agardemos que non volvan nunca mais porque no cerne da mesma non vos precisamos, precisamos seres vivos que a entendan con cabeza e que a manteñan no tempo como símbolo de liberdade e evasión momentánea da crua realidade, porque ese día ningúen pensa en mover marcos de leiras ou en botar misís e borrar cidades de mapas milenarios.
E os que o fagan, que ese día vaian visitar ó principe das tebras e de paso que lle den recordos nosos.
Por desgraza amigos "pasou o día, pasou a romaría".
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
cuelga más fotos del caralampio de este año ke yo no pude ir, si tienes de la peña Jesus Juice mejor
Si entras, en www.baratenas.com, na sección fotos podes ver abondosas imaxes tanto do Caralampio como da peña Jesus Juice, "beben mais que Cristo (e a virghen)" sic.
veña
Enviar um comentário