terça-feira, setembro 26, 2006
APOLOGHIT-NA TELE-XOVES 28/9-ORDES
Este xoves na disoteca LP45 de Ordes a TVG, a Galega ou como se chame agora, grabará AO VIVO un programa especial (non se sabe aínda cando se emitirá) acerca do fenómeno de Apologhit, contando para a ocasión con moitos dos grupos que participaron (non todos, en total son 38) e por suposto, co gañador Pulpinho Viascón, ex-membro entre outros de Zorza el Griego, Bocheichinhas, Diplomáticos de Monte-Alto, Jarbanzo Negro, etc etc.
Un Vias que superou na votación do xurado de expertos elexido para a ocasión (Nonito Pereira, Xil Ríos, Pia de Tolomei etc etc), á Kalindra Xida da Banda Potemkin, grupo de vellos coñecidos que poidemos ver este verán na Sala 600.
No Ránking de popularidade (as votacións da xente na web do concurso) gañaron os ourensáns Guezos con 5248 votacións seguido da Ruta do Colesterol composta por uns ruídosos de Ribeira
O fenómeno foi tal que temas como o de Marquinhos Drinkin, Igour de Fresa, foron obxeto de 40.000 descargas (se X.Souto non se engana).
Felicitar a Vieiros e ó programa da Radio Galega, Extrarradio pola idea de buscar unha canción do verán galega.
Oh, casualidade¡ cando se procura un "hit" na nosa lingua o que mais soa en tódolos lados é a Cabritinha do minhoto Quim Barreiros.
Para acudires á cita podedes chamar por tfno o nº 981540642 ou ben personarse alí a iso das oito do serán, a discoteca é jrande e supoño que non se encherá (a sala, o resto xa veremos).
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário