quarta-feira, setembro 20, 2006


Xa fai unhos cantos días e "posts" que Marcus nos ven informando na súa bitácora do inminente "cambio" na TVG (tvga, en realidade tería que ser teuvegue, non?).
Ese cambio parece ser que só vai a abranguer o que é a "mosca" (o indicativo que se pon nunha marxe do cadro da pantalla) e a imaxe corporativa das entradiñas e a publicidade da cadea.
No que respecta a "grella" de programación, todo segue igual agás pequenos remendiños.
Da actual serie de programas da nosa tele quédome con Alalá, un programa que chegou a emocionarme onte(e digovos que non é doado)coa emisión dun especial de toda a xente que pasou polo progrma na sua primeira tempada.
Pois ben,a reportaxe que me impactou onte foi aquela na que a xente de Barro de Arén (no concello pontevedrés de Cerdedo) recibía ós voluntarios que viñeron a axudar a extinción dos incendios do mes de Agosto.
Podíase ver nun antigo "teleclube" as persoas maiores recibir ós novos con cantigas e bailes tradicionais. Pelos crespos de emoción.
Esta e outras historias poderánse ver o vindeiro sabado as 16.00, no documental "Voluntarios".
Outro dos programas que merecen seguir e incluso ampliar un pouco o seu tempo de emisión é os domingos da sobremesa "Galica a Ras" onde o piloto melidá (e un dos mais espectaculares de Galicia) Xesús Ferreiro xa acaparou bastante protagonismo en diversos especias e entrevistas.
Por certo este sábado vai competir no Rallye Nacional de Asfalto de Ferrol, que teña sorte.
Pois longa vida a Alalá e a xente que se interesa pola cultura popular do país, como esa xente de Agolada que o pasado sabado organizaron outro encontro mais no mercado medieval agulense dos "Pendellos" entre outros destacou a actuación dun dos grupos mais sobranceiros e necesarios da nosa música, A Quenlla, que fixeron un concerto ameno á par que didáctico(ese Mero ilustrando cadansúa peza coas suas emocionantes explicacións) en moitas cousas.
Houbo un guiño local ó cambiar o texto da súa peza mais senlleira "A Rumboia" por un ideado para a ocasión por Vázquez Pintor, un docente nado en Melide afincado no Morrazo pero con gran relación coas terras do Deza.
Os responsables desta edición da festa dos pendellos tamén teñen un grupo de música tradicional que se chama "Bico da Balouta", grupo que xa estivo levando o son do instruento patrio por terras da Verde Eirín.
Pois ben, este grupo de músicos e sen embargo amigos, estan este ano de xira, pero unha xira moi especial, xira polas tabernas, e a parada en Melide fixerona o pasado venres 8 no Noso Bar, deixando nota do seu saber facer e da conxugación do poderío das voces do país, Deza-Melide-Toques.
Deixovos unha ligazón dun artigo da páxina web de JL Sucasas onde podes ler parte do texto que se reparte coas letras para cantar todos xuntos, feito polo homazo de Souto(Toques) Manuel Varela, Varelita.Ah, non se enfadará Josefa de Furelos cando se entere de que o "slogan" da Galega para esta tempada é "Mira e verás" moi semellante a esa taberna mítica que foi-é que é o "Entra y Verás".

2 comentários:

Anónimo disse...

completamente dacordo con que "ALala" é do mellorciño que se ten feito nunca na galega.
Sen embargo penso que en xeral na TVG as cousas cambiaron bastante menos que na Radio Galega, e o seu nivel segue a ser bastante malo

Anónimo disse...

De momento, estou dacordo, a programción da radio supera con moito a da tele.
Imaxináte que fixeran o mesmo que fan en Alalá cos grupos de "rock galego".
E mais co fenómeno de Apologhit petando, a Per Loca, os festivais que hai no país etc etc
O bon desto e que índa queda moito por facer.