quinta-feira, dezembro 14, 2006

XA BEN, XA CHEGA A SELECCIÓN GALEGA



Como ben saberedes quedan exactamente duas semáns para que a nosa selección de balompé xogue o seu segundo partido perante a selección sudamericana de Ecuador no municipal de Riazor por mor do centenario do clube herculino.
Como non os de Melide non podemos faltar a tan insigne cita e xa temos 92 entradas encargadas, polo que este ano o mais seguro e que levemos dous omnibus para desplazarnos a cidade onde ninguén é forasteiro. Por un prezo módico e a escote pagarmos os buses, entradas, viandas (bocatas, empanadas, viño....etc) e por suposto a pancarta. Quen queira información que pase polo Noso Bar, na Praza da Herba. Zona dos viños, e que pregunte por Alfonso.
En principio ubicaremonos en Preferencia inferior, informóvos que os Siareiros Galegos teñen prevista cubrir todo o fondo de Pavillón Inferior (unhos 3000) e supoño que en fronte en Maratón Inferior-General estarán os Blues. É dicir estaremos no miolo do tema.
Queíavos comentar tamén que de momento non temos ningún atisbo de deseño da pancarta, abro aqui públicamente un concurso de ideas para o deseño da mesma. Que queredes que lle poñamos?, Que frase vai encabazar a nosa expedición?. Veña a discurrir que vos sabedes. Eu xa teño algunha na reserva por si acaso pero confío en vos. Non vos cortedes e anímadevos, valent todas as calibacións que teñades. Temos que superar o listón do ano pasado. Queda inagurada a tormenta de ideas. Deixadeas en "comments" ok?. Veña quen gañe por suposto terá un pequeno agasallo sorpresa. Saúde e "Cos de Melide de afección Galiza será nación" jojojo veña.
Enlace da nosa experiencia o ano pasado en Compostela
Esquecíame tedes mais información, detallada e completa na páxina amiga da UD Santiso fetia por Tono.

10 comentários:

rikimelide disse...

Vou romper eu o xeo:
"Galiza, tazón de Breogán"
"Xa o dixo Castelao, o partido era mellor no vrao"
Veña a discurrir...

Anónimo disse...

a pancarta tiña que levar o tema
mellide con Arzua, e co queixo de verdade (e non da naviza)*

Animo e adiante!


*agardo que ninguén se ofenda, é brincadeira!!

pepetrola disse...

Dame a min que vai facer un frio que nin dios!!! en Riazor.

Pero bueno, se os de Melide a montades coma ó ano pasado...vai haber calor suficiente. (jejeje...)

A min agora non se me ocurre ningunha idea pra ó deseño da pancarta, pero ocorreseme que se levades a Amiguete e a Emilio, e os poñedes a facer unha "Queimada" aquelo pode ser a ostia.....

....Unha de duas ou acabades todos borrachos coma burras, ou con queimaduras de terceiro grado. xD

Veña Doutor, ata outra hora.

Anónimo disse...

ok meus a seguir matinando.
Fandi enténdese a broma de bo grado, e pptrola non dubides que onde esteñamos nos vai haber calor dabondo. jajja, Agardemos non acabar no Juan Canalejo (que nome tan fascista para un hospital tan moderno). Veña un saúdo

Anónimo disse...

Riki, obrigado facer referencia ó blog de Tono (ud santiso), que ten unha toda a información do universal evento.
Saúdos.

Anónimo disse...

si, si, si o proximo no municipal de millí.

Anónimo disse...

este ano vou eu,
SE O DEPOR E DE SEGUNDA OE
O CIRE E DE SEGUNDA OEO
PUTO DEPOR E FORZA CIRE

JEJEJEJEJEJE

Anónimo disse...

a verdade é q o lema do ano pasado é caralludo,e así seguro q vai collendo fama e queda publicidade de balde para o pobo...e con versión porno"melide con Gakiza e coa teta de novicia"

Anónimo disse...

a verdade é q o lema do ano pasado é caralludo,e así seguro q vai collendo fama e queda publicidade de balde para o pobo...e con versión porno"melide con Galiza e coa teta de novicia"

rikimelide disse...

jajjaja