quinta-feira, dezembro 07, 2006


HOXE NO GATOS........

ITH


Os membros da formación rockeira, Pablo de Abellá, Miguel de Xanceda e Toxo e Folgueira de Boimorto, actuaran hoxe na histórica Sala Gatos en solitario e mañá en Ordes conxuntamente con Zenzar e Machina.
Se queredes escoitar unha maquetinha antiga da banda: premede aqui
Rock and roll duro da montaña. Nunca choveu que non escampara.
Buscando pola rede atopei unha entrevista que lle fixeron o luthier de Andabao (boimorto-vaca é) Xose Luis Toxo. Deixovoloa aqui:
Collida de Musiqueando
M: Como aprendiches o negocio? Porque non hai unha escola de luthiers...

T: Non. En yankilandia si, hai cursos e movidas desas.
Pero por aqui por agora non, non.
Eu comprara unha guitarra moi mala, asi mala, bueno, debia ser mellor
do que era, pero era horrible, e estaba tan mosqueado porque me costara
pasta, pasta non, pero eran 90 mil pelas hai 15 anos, e oye, era pasta
unha guitarra, jolines, soaba fatal, non penso dicir a marca, estaría
ben, e entonces mosqueárame con ela e empecei a destrozar nela e
facerlle chapuzas e funlle pillando o puntillo pouco a pouco.

M: E tinhas ferramentas?

T: Non che fan falta ferramentas moi... para esto. Para reparar
o que atopas nunha ferreteria. Para facer unha guitarra
necesitas ferramentas de carpinteria,
o que atopas en bricoking ou en leroy merlin, para esto, sobra, pero
eu fago unha guitarra cada tres meses.

M: E logo para facer imitación das guitarras miticas, como aprendiches?
Tes unha de cada, ou?

T: Non, non teño pero me pasan moitas para arreglar, polas mans, vas
apuntando, vas grabando mentalmente cousas, e mira, na miña familia
somos carpinteiros e enton xa tes moito contacto coa madeira,
e xa che digo, ferramentas comuns de todo, xogaba de pequeno con
elas e empecei a tocar a guitarra, e xa desde pequeno dis esto é
de madeira, bueno, a ver que pasa, e a experimentar: a primeira é
horrible, a segunda é peor ca primeira,... jajjaj

M: E ensinoute alguén o principio?

T: Non, porque mira aqui non hai, que eu conozca en galicia,
estan pablo seoane que leva tempo, e maior ca min, o mellor tera sesenta anos ou asi.
Foi o primeiro aqui por galicia, e logo eu, e javi un chaval de as pontes
pero javi andaba a estudar unha carreira anda liao con eso. En madrid
e barcelona hai mais, bueno, en relacion a poboacion hai menos que
aqui. Pouco a pouco empezar...

M: E ti adicaste a guitarras e baixos eléctricos, pero acústicos tamen?
Guitarras españolas por exemplo?

T: Si, reparar todo tipo, e construir o corpo solido de guitarras, de
española fixen algunha, asimétrica de todo, non molaba nada, fago de
jazz, de jazz si, non sabes, tipo violin, con buratos con forma de f,
eso gústame moito, é unha guitarra moi bonita. A verdade é que agora vivo
de esto, fago un par de traballos de carpinteria o mes, e as reparacións
tamen che quitan tempo, sempre me retraso. Este traballo e experimentar,
tes que investigar, probando, perdes pasta o principio.

M: O normal, que é que mais fas, reparacións, construír?

T: Reparacións é o que mais, todo o ano, cada ano contei os dous primeiros anos,
catrocentas guitarras pásanme polas mans, e é o mais rentable, conta que facer
unha guitarra tes que comprar as pezas, cen mil pesetas, e construír non sacas moita pasta ,pero é bonito, é un vicio. Outros xogan o futbol e...

M: Outros instrumentos que non sexan guitarras?

T: Non, en principio non, pero algunha vez un violín pasoúme polas mans, para repar. Algo sinxelo, pero construír non, non teño nin idea, e aparte xa me pasou o
tempo de aprender.

M: Madeiras coas que traballas?

T: As tipicas para esto, caoba, arce, fresno, nogal, ebano, as típicas que se usan dende sempre, a mellor, depende de cada guitarra, asi, cada madeira dalle o seu sonido, por exemplo as gibson normalmente levan caoba, para darle ese sonido, pesado denso.

M: Onde a consigues?

T: De estados unidos, outra cousa, tamen, en galicia hai un trapicheo de madeira,
como é un porto importante de entrada para europa, por exemplo a caoba noutras cidades de españa díficil pero en ferrol, vilagarcía por ahi hai moitas madeiras vellas de hai moitos anos e eso é bo para a guitarra cando mais antigua sea a madeira mellor que mellor, e madeira que xa esta curada...

M: Barnices, que din que é moi importante?

T: Eu traballo normalmente con laca nitrocelulosa, e unha laca mais débil
ó roce, ó desgaste, pero é mais lixeira, pero por exemplo, para un violín, o 25 por cento do sonido e o barniz, e úsase moito poliester e poliuretano, pero que pasa, e moi díficil traballar con eles, son moi duros, quedan moi ben pero cando tes unhas instalacións adecuadas, unha temperatura, unha corriente de aire provocada a proposito..., a veces traénme guitarras para despintar, para que se vexan as madeiras, e atopaste con cada cousa, capas de ata dous milimetros de barniz, dous milimetros, que é duro, moito mais duro que a madeira, e obviamente, ten que influir no sonido.

M: E as pastillas, depende do tipo de guitarra que queiras, tamen influen no sonido
As pastillas que mais che gustan persoalmente, cales son?

T: Claro, a min nunha gama determinada, todo ten calidad, gibson, dimarzio, todo ten calidade, nunha gama de cen euros, a calidade tela, e logo o que tes que buscar e que che guste, a min mira, non sei se buscamos un determinado sonido porque nos acostumbramos a escoitar esto, o que pasa, explicoche; nos cincuenta fixeronse moi ben as cousas , eses tipos sabian o que facian, dixeron mira vamos vamos a xuntar esta madeira con esta, vamos usar estas pastilllas, non era porque
sairan asi as cousas de casualidade, nos cincuenta mirabase moito o tema.
E agora, a maioria dos guitarristas sobre todo, estan volvendo os inicios, buscan ese sonidos.
Os baixistas non, nese sentido os baixistas son mais innovadores, arriscan moito, buscan cousas distintas, o 90 por cento das guitarras que me encargan son copias de guitarras miticas dos cincuenta, sesenta como moi tarde.
Vexo mais curioso, non sei se friki e a palabra, o baixista que o guitarrista, arrisca mais, o guitarrista mais que nada volve os 50, a ese sonido
porque penso, que nos 50 armaron o pifostio, non sei se nos acostumbramos a ese bo sonido.

M: Que nos podes dicir da cordaxe?

T: E nas cordas tamen, unha calidade, se ve, eu vexo calidade en todas as marcas,
diferencia, mais que nada seria entre aceiro ou niquel, aceiro e mais denso o sonido, pero despois as marcas, nunha gama de precios, calidade vala ter, logo cales escollas e cuestion do gusto de cada un, o unico se che digo a verdad, hai unhas cordas modernas que aguantan mais tempo, non esta triunfando nada, vexo que a xente, non sei se sera polo precio, non lle gustan.

M: Cal e otraballo mais estraño que che encargaron?

T: Pois un que fixen o principio, un guitarrista Marcos Teira encargóume un cacharrin,porque é flanmenco, e oe, non podes chegar e darlle, é unha cousa moi tecnica, hai que quentar,e encargárame un cacharrin perqueno con cinco trastes, para quentar a mao dereita, e por certo,interesarame por facerlle a patente o non chegara a patentalo, e pouco despois patentarao un tipo
e non tivo ningun exito, asi que menos mal que non fixera nada.
Tamen os de berroguetto me encargaran unha cousa asi, para practicar nos viaxes no bus, e asi.

M: Cantas guitarras tes feito?

T: Nin idea, non moitas pero unhas vinte, vintecinco, trinta pero nunca as contei.

M: Mais ou menos recordaas todas?

T: Si, mais ou menos si, o principio fixen para os coñecidos, que deixan os cartos en apoiarte,houbo unha epoca que dixen hai que mellorar esto, e paseime case un ano facendo guitarras para min, e faciaa e non me molaba, e o lume, quitaballes as cordas e ala para queimar, epaseime asi destrozando madeira un ano, pero bueno, que queres e unha maneira de facer algo un mesmo.
Facia experimentos seguido seguido

M: E cando rematas unha guitarra, que e o que tocas primeiro nela para probala?

T: Huy, non sei, non sei non sei, o que fago, e tocalas desenchufadas, que e o
importante nos instrumentos, pero nunca me parei a pensar, creo que nunca toco
o mismo, improviso moito, tocar sempre o mismo non me gusta nada.
O que fago cando as probo, e ir a zonas concretas, nas fender vou o duodecimo traste a facer a escala pentatonica de mi, que e ai onde se mira o sonido fender, asi metalico.

M: Xa a ultima cousa, un disco, unha guitarra e un guitarrista

T: Ah, si, isto xa persoal de todo, "Whitesnake 1987", o guitarrista, John Sykes
disco grabado para facer pasta, de estudio pero queiras que non,
non esta grabado como os de hoxe en dia, un disco que e moi pastelero, pelos cardados, moito beibi, beibi, love, love seguido, pero eu penso que e un gran disco disfrazado de esa estetica.
glam y hard rock, e o guitarrista john sykes gustame moito, cunha les paul custom, cunha distosion moi moderna, pero, curioso.

M: Esa e a guitarra que escolles como guitarra favorita?

T: Non, unha non escollo, unha para cada cousa, a fender para o sonido fender e a gibson para o gibson, hai tempo levabase unha guitarra versatil, para tocar todo, pero iso é imposible, eu quedariame gustariame ter as catro guitarras miticas, en vez de unha soa con mil botons para facer trampas.

M: Moi ben pois xa esta, que che parece?

T: Cojonudo!

Non hai foros de guitarras na rede onde non apareza este fenómeno.

1 comentário:

Anónimo disse...

mecaghono toxo de dios, e non lle encarghei eu unha guitarra e vendeume unha trompeta enghanchada a un pastor das vacas

e despois as guitarras que fai dedicase a queimalas

toxo ostia!!!!! sei onde vives!!!