terça-feira, dezembro 05, 2006

GALICIAN MUSIC SPEAK GALEGO IN TWO FRONTS
Hoxe a noite a xente que lle gusta a boa música feita no país, na lingua do país e por músicos do país ten unha dúbida. Achégarse ó Sar -Multiusos de- a ver os ourensanos Lamatumbá co atractivo de que estaran acompañados por unha banda internacional como Asian Dub Foundation, por unha boa casua ademais, seica é contra o lume.
A outra ofreta é na histórica Sala Capitol onde presentarán o seu último e marabilloso disco -Comercial, xa a venda- os compesteláns Ruxe-Ruxe. Acompañados por a revelación do verán, Marquinhos Drinkin e o seu inxenio(e + sorpresas).
Quen tivera o don da ubicuidade. Pero éche o que hai. Que haxa ben xentiña nos dous concertos, que seguramente será así.
Eu recomendovos os dous, e como preguntarlle a un neno, ¿a quen queres mais a papa ou a mama?. Os dous. Longa vida para a música galega.
Por certo para mais inri, hoxe tamén no Gatos A PEDIR DE MILKHOUSE (Pontevedra), pop-rock. E tamén o Barça-Werder Bremen, os da xeración do 78 (e mais algún do 79) teñen a súa xa típica cea. Buffff. Ide amodiño e respetade as sinais, de todo tipo.

3 comentários:

pepetrola disse...

Aver Riki (Melide Ranger), veremonos o xoves armandoa no Gat-Jarito, vendo a eses indesexables Xanceda-Boimortenses que son Ith. E tamén habera que cantarlle un par de temitas en directo ¿ou? Inda que non lle sepamos unha p... canción os Toxarras.

Saude e Viño do Curros (que é bon pra matar a sede, ó frio e mailas janas de fod...) xD

Anónimo disse...

Vaia concerto no sar!!!Lamatumbá moi ben como sempre,como era de esperar pero a revelación para min foron os Asian dub foundation e mira que non me gusta moito esa música pero vaia concertazo...un saúdo

Anónimo disse...

os concertos do sar moi ben, moi ben pola organización, autobuses cada pouquiño, entrada de balde e camisola de regalo, que mais se lle pode pedir?
pois si, que os concertos estven de puta madre, e asi foron, xeniais.
concordo co anterior comentario, moi ben asian dub fundation, ainda que o dub, parece que xa o foron perdendo, o rollo está moi ben.
Moi ben pola vicepresidencia da xunta!
Tres urras para Quin!