ENTRARÁCHE POLOS OLLOS.
Inaguroúse hoxe no Multiusos de Melide (antigo Instituto) a Exposición intinerante da experiencia visual creada pola Xunta chamada Galicia Dixital
Hai unha fixa que esta ubicada en San Martiño Pinario que é verdadeiramente espectacular. Segundo contan dende o gabinete de comunicación da Xunta:
Esta exposición, converxencia entre arte e tecnoloxía, ten como obxectivo achegar o audiovisual e os multimedia á cidadanía e servir de plataforma de experimentación de novos sistemas e contidos audiovisuais realizados por empresas e institucións galegas. Así, en Melide xa teñen programada a súa visita alumnos dos distintos centros educativos do seu radio de influencia.
As novas tecnoloxías introducen ó visitante nunha atmosfera especial que nos amosa unha Galicia diferente, unha viaxe de sensacións, imaxes, luces e sons que envolven ó visitante e que lle permiten gozar dunha experiencia nova e divertida.
Ata o de agora, máis de 400.000 persoas visitaron esta exposición que leva varios anos percorrendo Galicia e que ten a súa sede permanente no Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela.
A exposición “Galiciadixital”, de entrada gratuíta, estará en Melide do 12 ao 17 de decembro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
Se sodes de Melide ou vos cadra de pasar por aqui e tedes tempo non vola perdades, sempre verédes cousas sorprendentes, aínda que neste mundo cotián de hoxe tan avanzado tecnolóxicamente estas cousas xa non impactan tanto como fai unhos anos.
terça-feira, dezembro 12, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário