terça-feira, dezembro 12, 2006


SON CERCEDA E ITH. O ROCKANDROLL RESISTE.O pasado venres no pub Nunca Mais de Ordes,patrocinado pola Sociedade de Xestión do Xacobeo e coa finalidade de promocionar o Camiño Inglés a Santiago estiveron os grupos cercedenses Zënzar e Machina e os boimorto-frades-xancedanos Ith (estes últimos tamén actuaron o xoves anterior no Gatos co inconvinte de que ás cinco cancións foise a corriente eléctrica e non poidemos disfrutar de toda a intensidade destes grandes músicos, ó berro de "queremos un solo potente, que nos fagha vibrar" Miguel Folgueira colleu as baquetas (que van a pilas) e bourou na súa batería tanto como quixo sacando moreas de notas que encheron a fría noite melidana nunha síntese de intensidade percutiva e virtuosismo raiboso. Foi impresionante.
Do concerto de Ordes comenta o feudal semanario Tierras de Santiago:
turno para el "rock clásico con toques innovadores" que según su guitarrista, Miguel Iglesias, caracteriza a ITH. Y desde luego, su sonido contundente y buenas formas convencieron. Las melenas del personal no dejaron de menearse hasta las 03.30 horas, reclamando "más festivales" para la comarca.

8 comentários:

pepetrola disse...

Eu creo que Toxo inda ten moito máis que ofrecernos. É unha pena que non volva a compoñer coa súa propia banda, imprimindo así ó seu propio estilo e caracter a banda. Porque con Ith e con Lony faino que nin dios.....pero anda que non nos daría unha alegría se refundase os vellos Mestizaxe!!!

Iba a ser apoteósico. Xa que ó meu parecer a Mestizaxe só lle sobraba Edith. É cun par de arranxos e incorporacios quedaríalles moi boa banda.

Anda Toxo, di que polo menos ó vas pensar o!!! xD

Anónimo disse...

Dacordo totalmente contigo.
Toxo é versátil é ante a carencia na nosa terra de baixistas, baixos non hai pero vajos si, mcd.
Do de que sobraba Edith, pois tamén estou dacordo. Non se adecuaba ben ó estilo.
Non sei que me da a min que o do Mestizaxe pasou a historia pero quen o sabe?, igual volven polos cartos como tantos e tantos jejjej
veña un saúdo ás Highlands da comarca.

Anónimo disse...

quen dixo que había carencia de baixos ? iso demostra a falla de coñecemento do fillo de McLaud, o baixista que lle da o nome a "Rial y los Reyes del Ritmo"

Anónimo disse...

Cajonacona pasoúseme que había grandes domiñadores das catro cordas cruzando o Río Iso. ç
Disculpas aos Reis do Ritmo e a León por dubidar de que tivera o carné do Xabarin. Aínda cho pasamos ben o outro día, recordando vellos clásicos de Chantada a Pontevedra pasando por montealto. Veña r

Anónimo disse...

pois preparate, para o dia q as notas musicais saian do río vello (ubicación exacta do ensaios place) porque repertorio xabariniano vai ter un pouco

Anónimo disse...

Debezo por escoitarvos.

Unknown disse...

Ola!!!
Son edith e férveme o sangue polo que leo de casualidade despois de tanto tempo! Ha, ha! Pois non! Francamente sorprendida comigo, encontro fóra de prazo a oportunidade que algún día necesitei e hoxe me vén, por se aínda me pode escoltar alguén con quen comparta aprezo. Agradézovos a ocasión que me brindastes e os collóns para dici-lo que moitos máis ca vós pensaban e, confundíndose, non se atrevían a expresarme. Amigos! Actuar como gueixa non significa exercer de cortesá… Imos por partes.
Primeiro, sei dicir que non vos caiba dúbida de que Toxo ten infinito que ofrecer como músico, como artesán e como persoa, pero o “punto Toxo” -e isto é algo que me levou tanto tempo asimilar como acada-la miña orde interior e volver amar- é unha maneira de vida segundo a cal a paz interior debe manterse por riba de todo e aínda a conta de desaproveita-lo propio talento nalgúns aspectos. É un xeito de honestidade vital como outro calquera, dos escasos que quedan. Espero que estea moi recuperado daquela fatalidade. Ánimo e alegría para el e @s que quere.
Despois, o comentario sobre min é esencialmente certo, gustaríame pensar que tamén “inxusto” ou con algunhas carencias de información cando menos. Queda claro que as propostas Mestizaxe e Skvra -teriades que escoita-las impresionantes guitarras desta última!- acusaban unha falta de compaxinación nas tendencias e que, anque sexa un pouco difícil xulgar quen debe adaptarse a quen nestes casos, a máxima discordancia partía da miña voz. Isto sucedeu precisamente, en contra do que poida parecer, por tratar de adaptarme sen éxito ás preferencias de todos e miñas sen dar aplicado o pragmatismo que conviña. Demasiada poesía e… O que non vai, non vai. Neste aspecto Skvra estivo un chisco mellor, non o suficiente, creo. Sen embargo falar de quen sobra ou falta nun contexto no que todo o mundo “se deixou a pel” ó seu xeito, e non pouco, resulta duro de escoltar. Xusto neste sentido, a Miguel Folgueira, con quen sempre me sentirei en débeda, debíalle unha desculpa por aquelas diferencias. Tal vez non só a el. Ai, a inexperiencia! As boas intencións eran a base daquel rock, pero…Se alguén le isto… Non trato de establecer ningún debate nin penso respostar a “críticas” posteriores, só pretendo ser libre para arrincarme esta espiña, agora que xa parecía non doer, ofrecendo a miña parte da verdade e ficando en paz cos demais. Agarimos, sorte e forzas a aludidos e non. A tódolos que aínda cren na música, na arte e en calquera forma “interna” de beleza e sinceridade… GRACIAS!!! Moitos bicos!
E gracias sen límite a quen fixo posible o renacemento en min da persoa capaz de dicir isto!
(Unha lembranza sentida para o grande Vega)

Unknown disse...

Erratas: onde di "escoltar" quere dicir "escoitar". Deica!