quarta-feira, março 17, 2010


ALTERAZION DEL ORDEN
Brais, Silvela, Samuel, Carlos e Rubio presentan en directo o seu primeiro disco este venres na Sala 600.
Tedes + info e podedes escoitar algunha canción no seu myspace

Alterazión del Orden é un grupo de PUNK que nace en Melide no verán de 2006 de man de catro amigos que desexaban expresar as súas ideas a través da música e de paso matar algo de tempo libre, que naquela época era moito.

Influenciados desde o principio por grupos punk estatais e estranxeiros como CICATRIZ, SALVATE SI PUEDES, SEGISMUNDO TOXICÓMANO, THE UNSEEN, RANCID ou ANTI FLAG, sen esquecer aos grupos punk do 77; e despois de moitas horas no local de ensaio e moito traballo; empezan a saír os primeiros temas, con música e letras creadas polos membros do grupo, que marcarán o que será o estilo musical que caracteriza ao grupo: un punk potente pero ao mesmo tempo melódico, moi influenciados sobre todo polos grupos de punk americanos.

Alterazión del Orden continua mirando ao futuro, sempre coa ilusión dun grupo novel que tenta tocar o máximo posible sen importar o lugar, pero sempre tendo en conta as súas ideas e coa seriedade dun grupo de amigos que lles gusta facer as cousas ben.

Desde o ano 2006 foron varios os integrantes que formaron parte da banda, a eles e á xente que nos apoiou ou nos apoia, GRAZAS!

Sem comentários: