FERREIRO A POLO NACIONAL
Outro evento importante do sábado foi a presentación da escudería de rallyes Motor
Melide Sport que este ano dan un salto de calidade e pasaran de correr o Galego (onde xa son tricampións) para competir polo título do Campionato Nacional de Hisóticos.
Cantabria (dentro de duas semanas), Asturias, Cataluña e Galicia (Rías Baixas, Ferrol, Ourense) serán algun dos lugares onde os afeccionados poderán disfrutar do espectáculo do Ford Escort MKII -un coche que cumple neste mes trinta anos-. Esta reliquia será pilotada polo melidán Xesús Ferreiro, que formará tándem co copiloto ferrolán Roberto Lorenzo. O Escort MK2 é un coche histórico e foi pilotado nos seus tempos por ilustres do volante como os fineses Ari Vatanen e Hannu Mikola ou polo sueco Björn Waldegård á sazón gañador do título mundial do 1979 (por certo as cores verde, vermella e branca que o coche de Ferreiro leva no morro son unha homenaxe a este piloto que naquel tempo competía para e escudaría Ford-Castrol).
Este ano o coche sufriu unha serie de modifiacións como por exemplo un cambio total de motor, adquirido recentemente en Portugal, para facer que sexa o mais competitivo posible.
O acto de presentación foi nos xardíns do cantón de San Roque e foi presentado humildemente por un servidor. Era a primeira vez que un acontecemento deste tipo se realizaba no noso concello, polo tanto quedáronnos gañas de facer algunha cousa mais para que o público disfrutase e coñecese este mundiño como por exemplo a colocación dunha pantalla xigante para ver algún video do equipo. Aínda así, sincera e modestamente, creo que o acto quedou curiosiño.
Sen dúbida a música axudounos moito e a selección de temas, como a banda sonora do Equipo A para a presentación dos membros da escudería (inmaculado e conxuntado coas camisas oficiais do equipo) ou a que eliximos para canda entraran piloto e copiloto no parque (tamén impresionantes cos traxes de raia diplómatica que portaban e esperemos que os poñan moitas veces este ano para coller os trofeos de cada rallye). "Carros de Lume" de Vangelis de fondo sorprendeu á xente.
Á hora de levantar a lona que cubría o coche rotulado recentemente cos novos patrocinadores (Deputación de A Coruña, TurGalicia, Publicidade "eMe" e o propio "Motor Melide") a sempre monumental "Carmina Burana" puxo os pelos crespos de emoción nalgunha persoa.
Para que vexades si acertamos coa música ou a nosa vea "rappeliana" o día seguinte no estadio Bernabeu nos prolegómenos do partido decisivo Madrid-Sevilla sonou este mesmo tema.
Para rematar, como non podía faltar, unhos pinchiños debaixo da carpa que adquiriu o equipo para cubrirse do sol do país da pel de touro neses parques móviles onde se xuntan tódolos vehículos antes de escomenzar unha carreira.
Ö xeito de sorpresa os gaiteiros de "Axoúxere" apareceron o remate do acto dedicarlle unhas pezas tradicionais ós presentes.
Moita sorte a Ferreiro e a toda a súa xente e dicirvos que aínda que non gañedes para nós sempre seredes os nosos campións.
PD: Se premedes nas fotos amplíanse, ;).