
Se nesta findesemán se daba pistoletazo de saída o vrau, non poido ser de millor xeito.
O venres a xa tradicional churrascada na área recreativa do Río Furelos, a que xa levamos acudindo unhos cuantos anos, honramos a noite mítica e máxica do SanXoán, a unhos poucos metros nosa no Ruzo, a peña do 13 facia outro tanto do mesmo con banda sonora incluída, si, os mismisímos
Porka Miseria amemizaban a festa, coido que aínda deben estar tocando, jajja, vaia maratón meus.
O sabado e o domingo tamén tivo lugar a Feira de Mostras do Interior de Galicia, no Pazo de Congresos e Exposicións de Melide.
Nova no Correo.
E o sabado a noite os astros conxugáronse para dar forma a un dos mellores directos dos últimos anos no Pub Gatos.
O concerto sorpresa que con tanto tino nos tiña agachado Nani resultou ser un "ensaio do directo do verán" dos non menos míticos e máxicos, os putos Ruxe Ruxe.
Se non me credes, estiverades alí e disfrutarades como o fixo o numeroso público que ali se congregou. Digamos que a xente foi "in crescendo" a medida que os Ruxe repasaban o reprertorio para esta tempada estival.
Coma toda boa descarga, a historia escomenzou cun pouquiño de retraso sobre a hora prevista, seguramente as boas viandas e os pratos típicos de Melide levarán a culpa.
Temas míticos da banda mesturábanse con novas composicións, que formarán parte do vindeiro disco, "Comercial", poñendo a guinda a dez anos coma combo(como pasa o tempo, meus.)
Sexto de Vilantime e alma máter do
San queremos, ó meu lado, díciame que botaba en falla o violin de Xulio Zé mais o acordeón. Pero coincidíamos os dous en que agora as 22 cordas, (18 de guitarras eléctricas e 4 de bass-drum) bouraban quenindiola, apostando un pouquiño mais polo rockandroll sen deixar de embaucarnos coa marabillosa gaita de Xaco Barona e o vento de Xan.
Jimmy Güey e Zapa en boísima forma, non sei se firmarían un pacto co diaño no cruce de Aríns-San Lázaro, o certo é que asinaban con notas de raiba no libro de ouro do Gatos.

Ese baixo, correctísimo en todo momento, e a nova batería (quinto concerto no Gatos xa do batera, antes veu con Rever e outras bandas) poñían o ritmo adecuado en cada peza, o homiño das baquetas estaba reventado ó final do bolo, que mellor exemplo para demostrarvos que os Ruxe o deron todo neste íntimo e fraternal concerto.
Pero que serían os Ruxes sen o poeta de Aríns, o home que ten que escoller entre oitenta composicións propias, e deixar prendido ó carón do Bar Victor o tremendo
Lobicán, deixar acougar os frailes, Sesto non poido ser pero para os Botes son testemuña de que a tocarán, sin os seus bailes.
O Vituco, exemplo de actitude, aptitude, coherencia, autenticidade, xenuinidade, enxebreza, cercanía, e creatividade, confesábanos ó remate que disfrutara coma nunca nas táboas do "garito mais auténtico da Galiza".
Se eles o pasaron ben, os que estabamos en fronte aínda mais, sudamos os sete sudares, saltamos,berramos,anícamonos, bailamos, e en definitiva disfrutamos coa catarse ruxeliana nun sabado dunha noite de xuño, antesala do verán que se nos avecina.

¿Quen dixo que o rock estaba morto?, seguramente o que o dixo si está morto, pero de medo a que lle vaian ó lombo por non estar este sábado no feudo Nanista.
Nunca pensei que duas horas e media podían pasar tan axiña, pero pasaron. Seguramente o esprito de Joe Strummer rondou a esquina das Ruas Galicia e Pardo Bazán de Melide esa noite. Porque os Ruxes sonche así meu, puro disfrute enriba dun escenario co fin único do goce da platea e deles mesmos.
A descarga que preparon para este vrau, é sen dúbida brutal e maxistral, un descenso os infernos da música sen acougo e sen descansos entre cancións. Distorsión e dinamismo nas eléctricas e paixón e virtuosismo nos ventos do país.
Se as cousas non se entortan moito, case me atrevo a dicir que estarán este ano no 60ª edición da nosa festa mais querida, O San Caralampio, pero antes podédelos ver pretiño da nosa vila, nos Botes de Arzúa e no Festival de Pardiñas-Guitirirz (Lugo). Non che han defraudar. Son os putos Ruxe-Ruxe, dende Aríns ou dende Millí para o mundo mundial. Sorte meus, e dez mil primaveras mais para o rock galego.