
Despois duns días sin escribir nada, como diría Boney-M andivemos de Holy-holy days, retomo a actividade
blogueira cun pequeno repaso ó que foron estes días.
O pasado venres 22, o día da lotería -ou da
salú-, houbo dous concertos en Melide de alcurnia. Por unha banda no 600 actuaban os Guezos de Ourense, unha aposta folk-rock dende terras de Foxo, soaron bastante ben aínda que os teclados a penas se percibían, está todo perdoado xa que o técnico de son que traían era o mesmiño que o de Lamatumbá, :). Destaco da actuación unha versión que fixeron dun tema dos
grandes cataláns , Lone Star, unha canción dos setenta que foi número un en España.
O tema chamáse "Mi calle" e eles traducirona como "A rúa". Lóxico.
Tamén saliento a jam-session do final, o público que empezou a chegar pouco a pouco (coma sempre) non quería que se marchasen e aínda botaron ben tempo no escenario, na que lle deron unha voltiña a temas míticos dos "Doors" coma "Raiders on the storm".
Rematados os da terra da chispa dirixímonos o Gatos onde xa comenzará ó gurpo innovador de todo chamado "Son do jalpón" un cuarteto de compostláns de percusión, violín, guitarra e voz que fixeron disfrutar ó persoal cos seus temas e con estrofas improvisadas á calor da xentiña asistente. Funk, rock, rap todo mesturadiño, sen dúbida a esta xente gústalle experimentar.

Ben continuando co resumo destas datas, pois aqui en Melide puxerónche unha pista de xeo, para grandes e pequenos, definíuna ben Emilio "Como na Coruña, carallo¡¡".
Despois chegaría noiteboa e nadal, sen novidade, que recorde.
Os días prevíos ó partido do 28 de decembro, andivemos preparando a historia da selección. Pancartas, avituallamento etc etc.

E o 28 chegou, partimos de Melide pola tarde en dous buses de maneira escalonada, xa que infantes de terna idade tamén acudían. Estes xuntamente co personaje de Eugenio, un home peculiar, marcharon despois e viñéronse antes, lóxico.
No bus de ida espectácular ambiente festivo, coa axuda de Miki na gaita e os irmaus combustibles picato-toquenses, para ir quentándose, non se parou de cantar de Priorada a Alfonso Molina, previa parada en Oza dos Ríos para que os que tiñan problemas coa próstata os solucionaran, non era plan de que morreran reventados.
Bueno chegamos a "la coru" e a montar o
chiringuito, como xa é costume, gracias os ferros e táboas da feira que nos deixou Joselín FrutasLugo, alá veña a cargalos e montálos a carón da grada de preferencia na rúa, se non me engano, Manuel Murguía, alí a parte dos que ibamos no bus xuntáronse a nos os que xa estaban na Coruña. En total perto de dous centos de melidaos en
pé de guerra dispostos a
queimar Riazor emocionalmente co seu apoio a selección galega e o seu carácter festivo.

Entramos para dentro e un de seguridade dime, eu levaba as pancartas, que despregara as pancartas, eu díxenlle que me daba moito choio e que non era plan.
E el respostáme, é para ver si teñen algo ofensivo. Eu díxenlle o que poñía e que como non molestáramos ós de Arzúa, é brincadeira ;), non creo que ofendamos a ningúen. Risas e pa´dentro.
Hai certas cousas que non entendin, ¿que pintaban as majorettes de Valadares tocando "Paquito el Chocolatero"?, ¿algúen sabe a segunda parte do himno galego?, ¿acabaría Rallas de tocar a trompeta infame que tiña?, ¿algúen coñecía a mais de tres xogadores?, ¿o de megafonía non tiña medo a levar unhos paus, despois das que fixo? -trabucarse de idioma bastantes veces e rematando o partido poñendo ráfagas de cancións da Roda, ¿como quedaron?, sí, como quedaron foi unha pregunta que escoitei moito pola nosa zona, sen dúbida a festa a algún non o deixaba ver o espectáculo no terreo de xogo. No eido deportivo Galiza xogou ben pero Ecuador tivo mais oportunidades no primeiro tempo onde un gran Diego López, porteiro suplente no Madrid e natural de Paradela (lugo) -por certo estivo este verán en Melide na Pousada Chiquitín- demostrou a sua calidade.

Na segunda parte adíantase os ecuatorianos cun gol de falta maxistral e Diego Castro empeza a bourar pola banda dereita e nunha desas xogadas balón ó cativo vigúes Johnatan Pereira que en dosu tempos funde o coiro nas maias. Delirio. Ó final houbo unhas xustas táboas. No partido houbo un que outro
incidente no que estivemos implicados, trátouse dunha señora que dicía que non podía ver e chamou a seguridade privade do estadio. Ali viñeron e pouco fixeron. Eu coido que o que non deixaba ver "a la señora" era o pucho mexicano que Miguel o de Mina trouxo da súa lúa de mel en Cancún, por certo non lle pasou nada como a peluquera de Arcade, menos mal.
Rematado o partido fúmonos a "furgo cero" que Suso do Mandil nos deixou para ter as viandas ó carón do estadio. Repostos os corpos e as almas. Uns pro Orzán outros ó concerto. A min tocoume concerto por cinco ouros, ós herculinos Meu non os viu, aínda que me dixeron que estiveran ben, cando cheguei bouraban os suecos Backyard Babies, o pouco que vin gústoume. Moita caña escandinava. Daba gusto atoparse naquel recinto mítico que era a Polideportiva de Riazor cuna de antigos éxitos do hoquei patins do Liceo. A historia do Liceo garda un curioso paralelismo coa do Dépor, a ver si non acaba igual.

Bueno ó allo, despois tocaron Siniestro, facendo un concerto moi parecido o que fixeran en Melide este verán. Cumplían 25 anos e un día e celebrarónno con retranca e bo humor, como a vez que lle pediron ó público que lle cantara o "Vigo no".
E despois de volta pra cerne que xa eran horas.
Non me esquezo neste improvisado resumo do triángular que disputou o Cire, o Santiso e o Toques, no feudo deste último.
Bon xogo Cirense no primeiro partido contra o Santiso, con momentos brilantes. O segundo encontro Toques-Santiso, cómodo tamén para o Santiso aínda que os goles viñeron todos en balón parado. E o último e decisivo Cire-Toques, rematou a pre.
Adiantóuse Jechu marabillosamente e daba a sensación de que se o Cire apretaba chegaría o segundo, pero non sei si entre o frío, o árbitro, que se fixo de noite, as mais ganas do Toques, ou o que pasou de verdade, que se botaron atrás.
Fixo que o Toques empatara nun balón colgado a área melidá.
Houbo que ir a penalties para ver quen se levaba o trofeo Xuma, gañou o Toques despois de que errara un dos mellores do Cire, Jechu.

Noraboa ó Toques xusto gañador, asi o celebraron, acordándose da famosa consigna "Sí, sí, sí somos de Millí" e mudandoa por outra que non me acordo, se alguén estaba por alí e a quere reproducir que o faga en comments porfi.
Ánimo e arriba Cire que este domingo temos cita en Órdes para asaltar o cuarto e se os resultados se dan o terceiro posto da liga.