quarta-feira, abril 05, 2006

GALEGOS 2, CIRE 2. TÁBOAS EN FRADES E DEPORTE NA VILA DA CURVA(PALAS).

O findesemán pasado deixou como bagaxe outro punto mais para o Cire tra-lo empate acadado no encontro fronte o Galegos. Adiantaríanse os fradenses e conseguiría remontar o Cire con goles de D.Costoya e Diego pero ó final reparto de puntos na tarde do domingo. Debido as numerosas baixas tivo que vestirse de curto o adestrador. Non poiden asistir o partido xa que me encontraba en terras da Ulloa vendo outro encontro importante, este englogado dentro da 2ª rexional lucense, onde o líder ,o Palas,recibía o terceiro, O Páramo, co resultado final de un tanto a un.
A verdade é que se xogaban bastante calquera dos dous equipos xa que quedan poucas xornadas para o remate da competición e calqueira punto extraviado pode ser de ouro á hora de conquerir ese tan ansíado premio final que é o Ascenso.
Dicir que nesta categoría soben dous, e outro implicado na loita por acadar a primeira rexional é o Taboada, o cal está a un punto do Palas e lévalle outro ós do Páramo.
Impresionante ambiente nas gradas nunha tarde fenómenal para a práctica do balompé, o campo en inmellorables condicións a pesares de estar a herba un poquiño longa de máis, clasificada por algún dos ali presentes ,foi Tarrío, coma modelo arxentino. Arxentina era a canción que deu paso a saída dos xogadores,trátabase de "La mano de Dios" do Potro Rodrigo pinchada dende a bancada, concretamente dende o fondo norte, por unhos afeccionados moi ruidosos ataviados con sereas de porto, bidóns de aceite industrial ó modo de bombos improvisados cunha pranta debuxada no medio, equipo estereofónico e amplificatorio, consignas varias, piroctenia etc etc.
Sen dúbida o ambiente estaba no "Komando Kuruxás" que é como se califican estes siareiros´. Bastante concorrencia tamén por parte de hinchas do outro equipo e moitos melidâos e arzúans na bancada que se desprazaron ata esta curvilínea localidade.
No estrictamente futbolístico adiantáronse os visitantes nunha xogada desafortunada entre o porteriro e a súa defensa a media hora da primeira parte. O resto do partido foi un monólogo do Palas que a pesar de trenzar boas xogadas non acababa materializando o gol, este chegaría no desconto do envite cun gol de estratexia dos ulloáns. O delirio estalaba nos Chacotes e o ascenso cada vez mais cerca para un equipo plagado de xuventude(ahi temos coma exemplo a Chorén ou Koeman) e pingas de veteranía (Luis E.Mato é o 10). Dende aqui desexámoslles os pupilos de Castilla todos os exitos do mundo. A verdade é que disfrutei do encontro cun pouco de envexa sana ó ver o que se podería facer en outras vilas con ilusión e traballo,e digno de admiración o que estan facendo eses rapaces. A ver se a medio prazo poderei ver o mesmo, campo a tope, bon firme, e o equipo loitando polo ascenso no municipal da Estrada da Golada.
Xa que ando falando do deporte lucense, dicirvos tamén que este sábado rematamos a liga regular co CB Palas e namentres non oucurra unha debacle estamos salvados xa que acabamos en quinto posto, e polo tanto terían que baixar numerosos equipos da provincia de lugo de autonómica a primeira provincial para arrastrarnos a nós e que non subira ningún da nosa liga, así que noraboa rapaces outro ano mais manténdonos, que non nos levemos a engano, e ó que aspiramos polo menos últimamente. Destacar deste ano ós rapaces (Vítor, Luis etc) que a pesares da idade, con desparpaxo e boas maneiras van collendo nivel e ó cabo de poucos anos daránnos o relevo ás vellas glorias cando colguemos os "tenis". Veña un saúdo a tódolos que entrades neste enredo que polo visto non sodes poucos, porque agora xa estades controlados co "Contador de Visitas.,agora mesmo van 258 jejj, un sáudo chavaladaaaaa

sexta-feira, março 31, 2006


¡¡¡HOXE NO GATOS, MAMA KIDS!!!!

Mama Kids dende os madriles, un grupo que mestura o rock clásico co hard-rock-punk escandinavo e que fan dun concerto un auténtico espectáculo musical. Alomenos eso é o que din na súa páxina MAMA KIDS. Tocar tocaron nunha morea de salas míticas do panorma nacional e grabaron un disco con Paco Trinidad, productor de recoñecido prestixio.
Poi eso no mesmo GAT-canal e á mesma GAT-hora, rock en vivo de balde.

terça-feira, março 28, 2006


TROITA SOLITARIA

Composición propia co mecenazgo e o pé de Nani, el abuelo ouvea.
Que me perdoe J.L.Sanz "Loquillo", un catalán que iba pra fenómeno do basket e optou polo rockandroll, perdimos un Epi pero gañamos ....., bueno algo gañamos.(Aptitude e chulería polo menos si ohhhhhh)

SEMPRE QUIXEN IR A VILASANTAR
PESCAR UNHAS TROITAS A PRÉSARAS
ÍNDA QUE SEXAN DE PISCIFACTORIA

PERO XA FAI TEMPO
QUE PECHARON
E PROBABLEMENTE
QUE XA SE ACABARON
NON SEI QUE TROITIÑAS
CHE GUSTARAN A TI

E AJORA ESTOU AQUI DEITADO
NUN VELLO REGATO MOI APARTADO
TEÑO A CAÑA POLA MITÁ
ESTOUCHE TODO ESCARALLADO
AQUI NA BEIRA DESTE PRADO/LAGO
onde A ÚLTIMA TROITA QUE FOI PICAR
O APARELLO DE ARRÁS

CECAIS A JARNACHA FAIME LEMBRAR
TROITA, POR QUE NON VOLVICHE PICAR?
PENSEI QUE CHE COLLERÍA SEN MÁIS
E AJORA, XA VES...

E Ó IRSE A TROITA SENTINME ESTRANO
QUEDEIME SOIO, COMÉNDOMO TARRO
CECAIS PENSEI NA TÚA MEDIDA
E DENDE A LADEIRA ONDE ESTOU DEITADO
SORPRENDESME MIRANDO PR`O PRADO/LAGO
E ATRANPARONME OS DE SEGURIDÁ (JUARDARRIOS)

E O MENCER NON ME SORPRENDERÁ
CHEO, SEN CARTOS E SEN DIGNIDÁ
XUNTO OS AMENEIROS CUNHA BOTELLA DE LARIOS
E DIN OS RIBEIREÑOS QUE AJORA ESTAS MAL
E EU AKI CHEO E SEN DIGNIDÁ
BAIXO OS AMENEIROS SOLITARIO
E NON ESTAS TI, TROITAAAAAAAAAAAAA


Estrearémola no próximo "Ao vivo" da Boy´s Morto Band.
Xa que falamos de troitas vén hoxe publicado un artigo na "Voz" relacionado con dous aspectos do mundo dos "atrapa-salmónidos" da nosa comarca. Por unha banda fala dos problemas que houbo o primeiro día de pesca, San Xosé e domingo, á hora da asignacion de cotos. Parece ser que hai 15 cotos pra un festivo e ningún deses correspondeu a ningúen da Asociación de Troiteiros Rio Furelos, a pesares de seren mási de 200 socios. E por outra fala da captura dun magnifico exemplar por parte de Xurxo Pazo. Caeu o "noso" Campanu

segunda-feira, março 27, 2006



CIRE 0 SIGRÁS 1

Ó chover tanto estos días o encontro disputouse en Vilasantar nunha tarde de craros e nubes e cun vento racheado de bastante intensidade. Cecais as características climatolóxicas foron o detonante da derrota dos melidâos perante o Sigrás, sen dúbida un dos peores equipos de todo o grupo IV da terceira rexional galega.
Nós en ningún momento do partido fumos superiores e o desánimo e as cabezas baixadas dominaban entre o noso plantel, sempre hai excepcións e houbo varios xogadores o nivel habitual. En definitiva, partido sin historia de pouco fútbol e poucas ocasións de gol. O gol do Sigrás foi convertido de falta ó borde da area mediado o seugndo tempo. Forza rapaces e a pensar xa no seguinte partido.
O fin de semán si que trouxo unha boa nova no deporte melidense, e cando falo de deporte melidense falo de futbol e futbol sala porque aqui outra cousa non vos ahi meus, é unha mágoa. Pois esa boa nova foi o ascenso conquerido coido que polo equipo infantil do Cire. Cando teña mais datos comentareinos. Noraboa rapaces sodes o futuro. Pra non esquecernos do noso vetusto campo ahi enriba tedes unha foto.

quarta-feira, março 22, 2006


14-0

O Cire de Melide sucumbe ante o líder, Mesón do Bento, pola nada desprezable cifra de 14-0, o que da unha media dun gol cada 6 minutos e medio mais ou menos, non teño palabras pero si dignidade. Agardemos que rexurdamos das nosas cinzas, tal cal Ave Fénix e lle impramos unha gran derrota a equipa do Sigrás que nos visita este domingo. Rapaces valor, sentimento, paixón as cores, valentía e constancia e doblegaremos os cambreses.
VAMOS RAPACES, este venres concerto no gatos, consultade web www.pubgatos.tk.

sexta-feira, março 17, 2006

Boas a tod@s, por fin é Venres, e hoxe día 17 de Marzal festéxase o San Patrick´s Day, patrón maior do pobo irmau do norte, Irlanda, haberá que celebralo tomandolle unha boa pinta de Guinness e escoitando un pouquiño de boa música irlandesa(hai onde elixir, dende U2, ata The Chieftains pasando polos Cranberies etc etc), seguramente que tedes visto os típicos desfiles que fan en Yankilandia, sobor de todo en Nova Iorque e en Boston, onde unha multitude de cor verde pasea polas principais avenidas a "bombo y platillo" cunha taxa considerable de alcohol en sangue. Esta claro que a parte do San Patricio o que esta a chegar con el é a Primavera e hai que irse alterando "a little".
Bueno como ben sabéredes o Domingo pasado o Cire de Melide perdeu perante o C.A.Sobrado Xuventude, na casa e pola mínima. Foi un encontro onde a superioridade física dos amarelos poido coa desbordante ilusión do noso novísimo equipo que está destinado, baixo ó meu ponto de vista, cunhos reforzos e cun novo campo, a darnos moitas tardes de gloria no vello estadio da estrada da Golada.
Este domingo enfróntanse ante o líder, Meson do VBento, con b ou con v quen o sabe??(igual que Rivbeira). Un líder que leva máis de 100 goles sendo o conxunto de tódalas categorías rexionais galegas con mais número de tantos. Saíde a disfrutar rapaces e a facer un gran encontro sen reparar en nada.
Noutra orde de cousas chegoume un SMS e algún que outro emilio convocando o persoal para mañá sábado pola noite na Praza do Instituto(oficialmente Praza das Universidades -de Stgo e Lodz (polonia)-)co obxecto de facer un botellón o mais puro estilo sevillano. Eu a verdade é que son mais de bote-llin que de bote-llón. Poucos botellós teño feito e cando os fixen nunca lle chamabamos así, a deominación que lle dabámos era "Chispas do Jaime", que era a mestura que facíamos de Viño, a poder ser Gran Duque,un caldo noble sen dúbida e unha cola da marca Chispas, caracterízada polo seu alto caché no mundo dos refrescos gasosos. Desto xa choveu, e agora que escribo esto, estoume acordando que un dos poucos que fixen debeu de ser polo ano 1996, xa que acordome que aquel sábado botamos bastante cacho falando do penalty marrado por Hierro na Eurocopa de Inglaterra diante dos anfitrións. Como non era en cuartos de final. Joder, dez anos, como pasa o tempo, que risas co Cebolo, pero bueno esa xa son outras historias.
Pareceume moi anécdotico o que vin o outro día na nova Telegaita falando deste asunto botaron unhas imaxes do que fixeron o fin de semán pasado en Vigo e onde se vía a unha parella de hepta ou octoxenarios con cadanseu vaso de plástico. O que dicían para enmarcar "Vigo no puede ser menos que Sevilla, vamos chavalada¡" Im pre sionate macho.
Dicirvos tamén que hoxe coma case sempre no Gatos (esquina da rúa Galicia coa Emilio Pardo Bazán-nos pubs-) concerto, neste caso soará o rock indy dos ferroláns Kobe, máis información na web do Gatos, tédela a esquerda.
E coma sempre hoxe venres, ó fío das 19.05 da tarde nova edición do programa "A hora amiga" que realizamos Amigute das Crianças e mais eu, coma sempre invadiremos as ondas hertzinas no dial do 107.1 da fm, enchendo o espectro radiofónico de creatividade, ilusión, imaxinación e modernidade a raudais, jajjaja esto non o cremos nin nós mesmos, que va, un programa onde o pasamos ben ou tentámolo e agardamos que vos tamén, VEÑA BICOS A TODOS E ABARAZOS PARA TODAS.

segunda-feira, março 06, 2006




XA VOLVIN A REDE

Boas xente, xa ando outra vez por eiqui, se alguen me botou en falta a culpa vaina levar o Antroido e a vagancia, pois eso que nesta ultima semana foi tempo de Don Carnal, e dunha goleada do Cire por fin ante o Oza dos Ríos , que se nos resistian os cabrós, que nos eleva na táboa. O Antroido moi ben, o venres no 13 na festa dos oitenta de pincha, que choio mais rebentado é que che pidan de todo ó mesmo tempo pero sarna con gusto non pica e o Luns no Lar, ou mellor dito no Encu-lar onde convertimos a taberna de Oscar nun local de ambiente o mais puro estilo Chueca, para mostra as fotos que vedes ahi enrriba e pocuo mais para hoxe, hai que ir amodo, ah dous venres sen emisión en Radio Melide da Hora Amiga, o venres de antroido por non presenza nosa, había que alicatarse -nos e o local, e o pasado por que nos cortaron a emisión dende o Centro Emisor do Coto Pilar en pleno Bocelo, aínda non sabemos porqué xa vos informaremos, e tamen terei que falar do Queixo de Arzúa onde o tempo xogou unha mala pasada. Veña meus.

quarta-feira, fevereiro 22, 2006


FESTA ANOS `80 NO TRECE.

Pois eso que este venres de antroido todo o mundo o trece a desenpolvar os máxicos oitenta.Todo dende o noso benquerido Maradona ata os reloxios casios water resistant 60 m, ten cabida nesta festa e agardemos que Iván poña prezos tamén dos 80. jeje
A música tamén non vai ser a habitual que se pincha neste mítico local senón que sonará unha selección dos grandes éxitos daqueles anos dende os grupos da movida a "stars" internacionais. A decoración do local tamén variará convertendose nunha Sala de Fiestas al uso, con reservado de sofás, bolas de espellos, luminotecnia etc etc, Pois eso no te lo pierdas neno.

quarta-feira, fevereiro 15, 2006



NOTA DE AVISO DE ROUBO DE BAIXO ELECTRICO...

Pois eso , que lle roubaron un baixo eléctrico a un colega. É un fender americano, de cor azúl clariño, e co mástil de arce...

se sabedes de algún por aí, que se venda, etc,..., deixade aviso por akí. Por favor.

Aínda que sabemos que é casi imposible recuperalo, temos a esperanza. (máis que nada polo seu alto valor sentimental que polo económico , que tamém o ten).

MOITAS GRACIAS TI@S...e acabemos cos fillos de cadela que se adican a foder aos músicos que as pasamos canutas para seguir adiante co noso hobby... Que rouben aos banqueiros....

Riki: Ista é unha mensaxe que chegou a páxina, así que xa sabedes, se vedes algo raro en relación con instrumento de 4 cordas dar un avisiño. Gracias tios.

terça-feira, fevereiro 14, 2006


O Cire vence o San Martiño pola mínima.

Nunha tarde preciosa o equipo de fútbol de Melide gañou 1-0 o San Martiño´s, gol acadado por D. Costoya. Nun partido gris e de pouco fútbol os melidâos controlaron en todo o momento a situación inclusive cando perderon por cartón vermello o seu capitán Alberto Prado. Nun bon partido en defensa e con boa aportación de tódolos seus homes a escuadra de tonecho xa ten 15 puntos, algo impensable no último decenio onde dábamos vergûenza polos campos adiante. Hoxendía hai un bo proxecto e agardemos que escomencen as obras do novo campo para poder ter a cutro ou medio prazo un equipo campión como nos vellos tempos, xa choveu. A nota negativa da xornada foi a lesión de Jhecho nunha mala caída onde rachou a boneca da man esquerda. Mala sorte para un zurdo coma el.Desexámoslle pronta recuperación.

sexta-feira, fevereiro 10, 2006




ABURIÑO, SIR PACO, LA CURUÑA DISQUE ESTA TRISTE, RECUERDOS A RATZINGER Z.

sábado, fevereiro 04, 2006


MUDANZA DE PLANS NO QUEIXO

Como ben nos informa o noso correspondente na vila do queixo, caése Chambao do cartel e sustitúeos Marlango, xa sabedes a formación en plan jazz-movida tranqui-tom waits da actriz Leonor Watling e dous coleguillas. Que pasa co rockandroll, morreu?, nada macho, as jitarras non estan de moda e a cona.
Eu coido que Marlango estan de puta madre, pero nun auditorio ou nun sitio pechado cun ambiente tal pero pra unha noite de sabado no campo da feira de arzúa, van pasar mais frio que un ruso sin vodka. O mesmo rollo que con Chambao, que tamen estan ven, pero xente que os viu en directo dixome que un pouquinho trapallada. A ver que pasa. Nos tentaremolo pasar de puta madre e o detalle de que estea a Lamatumá é un puntazo.
Cartel extraído da páxina web da productora de Marinho, Spanish Bombs.

quarta-feira, fevereiro 01, 2006



Programaçâo do Jatoperio para este mes, menos mal que é pequeno (o mes digo)

Nani informa:
Tachán, tachán, o informador persistente ataca de novo, unha vez máis o planeta vese amenazado por unha invasión de rocanrol procedente da reserva india do PUB GATOS (Wichita-Melide) e que se extenderá ó longo de todo o mes de Febreiro, mes do noso querido antroido (ai, ¡cántos antroidos andan por ahí!).

A primeira operación especial da invasión terá lugar na referida reserva o Venres día 3 co punk rock de andarporcasa dos vigueses ESSENZIA DE LAPPO (o de andar por casa e porque tocan en pillama e bata) acompañados dos dezanos KASO APARTE, que máis concretamente e conforme á súa cartelería fan porkarrada dende Dozón, a festa sonora está garantida e prevese infrinxir moitas baixas ó enemigo (probe Bisbal)

O Venres 10 descansaremos un pouquiño para recuperar forzas e así o Venres 17 atacaremos de novo dende esta reserva ó son dos madrileños BUEYES PERDIDOS que provocarán unha auténtica estampida de rock ó máis puro estilo de Tequila e Los Rodriguez. Será demoledor para as forzas expedicionarias dos bacatas (Desta vez forzaremos o exilio definitivo de Modern Talking).

Para rematar e xa moi preto do noso querido Don Carnal (Ricki non te disfraces de Danny de Vito que te recoñecemos) chegará un grupo do sur da provincia de Pontevedra (non sei concretamente de dónde) presentádose coma os brilantes vencedores do certame NOVOS TALENTOS de Agosto do 2.004, eles son: HEISSEL, que despois da batalla do Festivaal do Norte garantizan unha nova victoria sobre a música comercial, ca súa mestura de funky e pop-rock o que fará que as huestes contrarias emprendan unha veloz retirada (Busta: estás rodeado.Non che queda outra que fuxir para a formigoneira)
Ja,Ja,Ja, a victoria definitiva está preto, nunca tantos lle deben tanto a tan poucos (frase dita polos cheas de Melide ós taberneiros do pobo).

Coma sempre os concertos son a partir da unha da mañá e ca entrada totalmente de balde. Graciñas a tod@s, e nunca empreguede-la violencia. NON A CALQUER TIPO DE GUERRA. Saúde e moito r´n´r. Nani.

pd: fOTO DO CONCERTO DE kertuler, grupo de noia, admiradores da música popular. NBA.


Este é o cartel "oficial", bueno que opinades da edición deste ano?, frouxa, quente, extraña, falta alguén, faltan tantos?, agardamos as vosas respostas>

terça-feira, janeiro 31, 2006


XXXI FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA. 3,4 e 5 de Marzal

Xa sabemos quen van estar na trixésimoprimeira festa do queixo da nosa vila veciña, o Venres quentaran motores a Rondalla Moraima, Fol de Veneno e Mini e Mero(ex-Fuxan os ventos, membros da Quenlla e historia viva da nosa terra), o sábado pola noite Muchachito bombo infierno, Chambao(este si é o enlace bon) e Lamatumbá, asi que se fai frío abofé que nos quenceremos ben tanto co catalán como cos andaluces coma cos ourensás, ilustres coñecedores da nosa comarca e xente festeira de primeiro orde.
O Domingo, sesión folki, Xochilmica, e Milladoiro, xente nova e veteranos ilustrísimos pra darlle o peche a esta edición. No pregón estará Carlos Blanco un dos mellores en todo o que fai(dende a radio, a actuación, os contos, etc etc).
Así que xa o sabedes o primeiro fin de semana de marzo todos a Arzúa.

PD: Na foto, Lamatumbá o 12/9/2004 en Melide, no San Caralampio, patrono etílico máis un espontáneo.
Foto feita pola comisiâo do SanQueremos de Vilantime, outra festa inesquecible.
Thank you Sexto por tudo, e non dou feito eso tan interesante dos links, se alguén o sabe que mo diga meus, sauddeeeee

segunda-feira, janeiro 30, 2006




No Fashion, nova tenda virtual galega na rede.

Recomendovos este link, no fashion é unha web na que podes mercar camisolas, bolsas, gorras e bisutería feita en Galicia.
Non dubides en visitala e se che gusta algo xa sabes compraaaa, veña meus.

segunda-feira, janeiro 23, 2006


Pólvora mollada no derby da montaña, reparto de puntos e cada un pra casiña, e crónica da fin de semana.

O match entre o Cire de Melide e o Boimorto, disputado na Cerne da Galiza, rematou en táboas despois que os dianteiros das duas equipas erraran numerosisímas ocasións craras de gol. O envite rematou en 0-0, pero tranquilamente se poido ver un resultado mais abultado, xa que os paus e os traveseiros repeleron multitude de balóns guindados polas duas escuadras.
Nunha tarde magnífica para a práctica do deporte rei, e cunhas condicións de terreo de xogo(a ver cando escomenzan as obras, de momento todo sigue igual) dignas pero xa preocupantes pola agua que caeu en dias pasados o Centro Instructivo Recreatico Educativo de Melide conqueriu un puntiño que o segue sitúando terceiro, pero mirando dende abaixo, na clasificación do grupo IV da 3ªRexional galega.
Destacar coma sempre a Nacho de Burres pola súa voluntariosiade e ganas, este home é incombustible, un pura sangre, ós dous porterios que xogaron(Sesar e Perilla), tamen coma sempre a Jhecho, mágoa que os arbitraxes non sexan mais xustos, e a Mulero que a pesares de errar en boas posicións, non é menos certo que el creou esas vantaxas e aínda por riba fixo unha chilena tremebunda, eu diría que máis espectacular que as de Hugo pero non me creeríades, que bateu no longueiro. Pra semán que ven toca descanso, ánimo rapazada e coller impulso que esta segunda volta é a nosa.
No ámbeto baloncestístico, pouco que comentar, perdimos en Lugo de mais de 10 puntos e seguimos cuartos.
E no eido do Gatos, vin un pouco da actuación de Window Pane de Ferrolterra, bastante ben, sonido bon, guitarra contundente, voz poderosa e destacar a marabillosa (en galego e con b, non?) baterista que tiñan, a mais de un relembroulle sensacións que tiñan esquecidas.
Non se perder este Venres, os nosos amigos e veciños Porka Miseria que telonearán a banda balear de Punk, Síndrome de Abstinencia.
E xa para rematar ,que me fago moi pesado, e en verdade sono, Xurxo Souto, director de programas da Radio Galega e conductor do programa da Radio Galega "Aberto por reformas" que se emite de 4 a 5 da tarde de luns a venres, na súa labor de divulgador e expansionista da música galega, tivo a ben poñer en antena para todo o mundo, escoitase tamen por internete, a fascinante banda de rock da montaña, así o dixo el, ITH. Se tes un grupo ou coñeces alguén que o teña fan música en galego e teñen algunha maqueta non dubides en mandarlla.
Aledóme moito que soaran, e doulle as grazas a Xurxo por esa querencia por saber que se está a facer non país no eido musical e polo seu interese en promocionar grupos á marxe do sistema de sempre(radiofórmulas, prevendas etc ...
Veña meus

quarta-feira, janeiro 18, 2006


CONCERTOS NO GATOS PARA O QUE QUEDA DE MES

Coma sempre dende a páxina do pub de Nani: www.pubgatos.tk informanos dos concertos para Xaneiro, atención que tocarán PORCA MISERIA dende Melide próximamente. ok?.
NANI:Venres 20 de Xaneiro: Dende Ferrol chega unha banda cun longo historial nas distintas salas de Galicia, chega o contundente metal de WINDOW PANE, será a hostia

Venres 27 de Xaneiro: Xogan de novo na casa os nosos queridos amigos de PORKA MISERIA (Melide-Wichita-Ohio-Furelos)pero desta vez non veñen solos senon acompañados de SINDROME DE ABSTINENCIA, banda mallorquina que aterrará no Gatos para facer uso de toda a enerxia que o seu punk rock permite. Por certo é unha banda con varios discos no mercado. Así que xa sabedes, para despedilo primer mes deste recén comenzado 2006 doble sesión de punk-rock no Gatos. Esperámosvos.

Coma sempre a entrada será de balde e a hora do comenzo rondará a unha da mañá. Graciñas a to@s pola vosa paciencia , saúde e moito r´n´r. Nani.

terça-feira, janeiro 17, 2006



MALA TARDE DE DOMINGO

Boas, o Cire de Melide perdeu este domingo na casa perante o Queixas, segundo clasificado do grupo IV da terceira rexional galega por 1-3, o gol meliâo acadouno Domingo Costoya. Eu non poiden asistir o encontro por mor de ter que disputar en Meira (lugo) onde nace o Miño un encontro da primeira provincial de baloncesto co CB Palas, que por certo tamén perdimos, pero todo isto non ten ningunha importancia comparado co suceso acaecido na tarde dese domingo no campo do Galegos en Frades onde dous xogadores do Sobrado foron agradidos por membros do equipo local, o central e o adestrador-delegado no encontro Galegos-C.A.Sobrado.
Agardemos que isto non volva suceder en ningún campo.
Tedes mais información se vos interesa eiqui e na páxina web do Sobrado tamen tedes un foro espcial para expresarvos. Este. Sen máis e desexando pronta recuperación ós afectados, Xogo limpo e Amizade neses campos de dios do noso país, Fútbol=Festa, Deporte=Ledicia, antes do resultado están as relacións entre persoas e poboacións.
Tarde de domingo, diversión e partidos en "boa lid", ok?, esa é a miña opiniâo.

terça-feira, janeiro 10, 2006


Outro punto máis para o Cire, nun campo díficil.

Nunha tarde magnífica e cun sol radiante, e baixo ó final. O Club Cire de Melide acadou o seu segundo empate deste ano fronte ó Encrobas.
Outro punto máis para un equipo que esta dando a cara e xogando cunha grande dignidade dende fai xa bantantes datas, poderemos perder, gañar ou empatar pero o Cire este ano loita, brega, sinte as cores e tenta xogar o futebol o mellor posible.
Hai que darlle a noraboa a esta nova xeración que será a encargada de darnos grandes alegrías asi como vaian tomándolle o pulso a esta dura categoría e asi comoa vain collendo experiencia e picardía. No estrictamente futbolístico escomenzamos gañando, coma sempre. Habería que mirar como iríamos na clasificación se só se contasen as primeiras partes. Seguramente entre os 4 primeiros. O gol foi acadado por Julio, que este domingo reviviu as súas mellores tardes cos xuvenís. Cunha grande sangre fría regateou o porteiro na área pequena e acadou o primeiro da tarde. Despois empatarian os cercedenses. Posteriormente un penalty sobor da nosa figura, Je, foi lanzado por Diego ó fondo das maias. O terceiro foi obra tamén de Julio. O Encrobas reaccionou cun penalty moi dubidoso, dos que en cada partido hai infinitos e empatou con moita sorte e cun pouquiño da nosa axuda. Dende aqui darlle ánimos a Carlos Sesar, que só leva dous partidos e xa tivo moitas intervencións de mérito. Faltalle un pouquiño de confianza. Polo demais o terreo de xogo en inmellorables condicións para a práctica deo balompé e dicirvos que o campo téñeno ó carón mesmo de onde gardan o carbon os Reies Magos. Na central de Lignitos de Meirama, de Unión Penosa. Non, non vimos a Florentino por ningures. De fondo viamos mais fume, e conforme a lei antitabaco hai que andar a tino, menos mal que o chofer do Mosquito, vaia fenómeno, díxonos que se trataba da SOciedade GAlega do Medio Ambente, que ten en Cerceda unha das súas plantas. Xente de Cerceda, Bocixa, estades arrodeados por tódolos lados e despois fanvos parques acuáticos pra compensar. Xa nos 70, Fuxan os Ventos protestará polo levantamento da central cun tema escrito por Manuel María, "Onde a loita se chama Encrobas", e non moi lonxe de onde xogamos o domingo a cidadanía revelouse, nunha época onde non era doado, contra o gran capital e o progreso malententido cun amor a terra que quedara por sempre nas vindeiras xeracións. Se queredes saber máis sobor da loita das Encrobas. Pinchade eiqui