segunda-feira, maio 19, 2008

LEE TRON


A verdade que de espectacular se pode calificar o traballo do inefable Pietro Pandurini, a última entrega do cómic "H" no blog de Xosi é impresionante. A aparición de Cho-Tsi, e dos "italianos" Rallini e Chiquitini, promete, e promete moito.

Aproveitando o rexurdir da banda deseñada pola parte de Pedro, cólgovos aquí a obra que se publicou xa fai uns aniños, no último boletín de Curuxás. "Lee Tron", no que o artista multidisciplinar melidán refrexa o mundo da noite a través dun antiheroe que non leva ben que lle servan "garrafón", pero mellor é o que vexades.

Para ver mellor as viñetas clicade nas imaxes.



quinta-feira, maio 15, 2008


UN DE VILALBA
Manu Chao está de actualidade no país, xa que vai estar en Monforte esta fin de semana, actuando e tamén formará parte dunha mesa redonda falando da Censura, conxuntamente co seu pai Ramón e Xosé Manuel Pereiro "Rotring" o venres ás 20.00 en terras de Lemos.
Para a semana tamen actuará na cidade de A Coruña.
O outro día Amiguete preguntóume se vira "Muchachada Nui" a pasada semana, e a verdade é que non o vira a pesares de que soio seguir o programa, igual non en directo pero sí na rede como fai moitísima xente.
O motivo do inquérito do compañeiro Adrían non era outro que saber si ollara a parodia que facía Joaquín Reyes, do propio Manu Chao.
Fai unhas datas vino, sen querer, na páxina do amgio arzúan Fandinho e a verdade é que me fixo bastante gracia.
O clan de Albacete, que así lles chaman, teñen un humor distinto, a min recórdanme algo a "Canal Clandestino", aquel programa de televisión que facían os mozos melidáns do instituto nos primeiros noventa para botar unhas risas o Día das Letras Galegas.

terça-feira, maio 13, 2008

CAMBIO DE IMAXE NA ESCUDERÍA MELIDÁ
As novas cores do coche e da equipación do equipo MelideMotorSpor, presentadas o sábado 10 de maio na praza do convento de Melide. O próximo reto do equipo de Ferreiro será gañar no Rallye Cantabria Infinita en próximas datas, como fixeron o ano pasado, e a parte deixando unha magnífica sensación.

segunda-feira, maio 12, 2008


"H"
O sinpar Pedro Panduriño xa leva uns cantos venres publicando na grande bitácora de Xosi as primeiras páxinas dun comic que se albisca como obra de culto na Terra de Melide.
Pedro que xa ten publicado parte das suas barrenaduras mentais en forma de octavo arte no "Intres" do IES Melide e na revista de "Curuxás" entre outras publicacións está moi ilusionado con este proxecto.
"H" é o nome deste tebeo no que Pedro anda a traballar esta primavera.
Como di Xosi: "todo parecido coa realidade é unha sospeitosa coincidencia" continua o xornalista póndonos en situación : "unha advertencia: se un fulano de case dous metros vos pide nun bar que vos deixedes retratar, non o permitades ou acabaredes sendo carne de banda deseñada. O que isto escribe accedeu e agora é Cho-Tsi, o xefe da mafia chinesa en Melide (imaxinade qué Melide, un no que hai ata mafia tibetana)...Un Melide dacabalo entre Sin City e China Town. A historia promete ser interesante", abofé que sí, ben interesante, noraboa por esta iniciativa é por compartila co blogomillo melidán nesta dirección:
preme aquí
Permanecede atentos ó que acontece na "vila costeira e asiática de Millí".
Grande Peter¡¡¡¡

ANTROPÓLOGOS MELIDÁNS
Vanessa de Santiso webmaster do moi recomendable blog A Lareira de Santiso defíneme no seu blog como o "Antropólogo do Cerne", sei que mo puxo con cariño pero non cabe dúbida que o antropólogo da Cerne, con permiso de Xerardo Pereiro de Palas, é Santiago Prado Conde, Chago de Chiquitín para tod@s.
O pasado venres mantiven unha conversa moi interesante con el, e entre outras cousas comentoume que Melide vai ser sede do VI Congresso Internacional de Investigação e Desenvolvimento Sócio-cultural do 23 ó 25 de Outubro de 2008
Carai case nada , Melide unha vila pequena sede de todo un Congreso Internacional, que nas pasadas edicións se realizou entre outros lugares en México e Portugal, sen dúbida o grande artífice deste suceso é o propio Chago. Noraboa de novo, polos teus éxitos como investigador, e por que te sigas lembrando, ben sei que sí e mais que che gustaría, da túa terra natal.
Mantereivos informados das novidades que vaian xurdindo en torno ó Congreso, que sen dúbida non ten precedentes na comarca.

sexta-feira, maio 09, 2008

XVII FESTA DO MELINDRE E DA REPOSTERÍA TRADICIONAL. DOMINGO 11 DE MAIO. MELIDE.




Voan á velocidade da luz os anos da nosa vida. Agora é o momento de facer unha paradiña e reflexionar. No pouso da nosa pequena historia sempre nos quedarán marcados a lume os vosos grandes trunfos, ó igual que as dolorosas derrotas, os sufrimentos e penurias, ás longas travesías no deserto, penas e alegrías que curten os nosos corazóns de siareiros e que nos unen como colectivo.
Un equipo, un pobo. Cire de Melide.
Por suposto que nunca camiñaras só, cando eramos cinco, cando somos cincocentos e cando sexamos cinco milleiros. FORZA CIRE¡¡¡
PD: Este é un trunfo tamén de tódolos xogadores que se escornaron na lameira do antigo campo e que o deron todo polos colores azuis nos anos escuros do clube, e por suposto un recoñecento especial ós directivos que estiveron as duras e as maduras (mais ben as duras) todos estes anos termando do clube. Noraboa e parabens¡¡¡

quinta-feira, maio 08, 2008

SOMOS CAMPIÓNS¡¡¡¡


Non foi sin tempo, ser campións e voltar a Segunda Rexional Autonómica e que renovara o blog.
Agora si podémolo dicir ben forte e ben alto, somos Campións e ASCENDEMOS¡¡¡
GRACIAS Á AFICIÓN MELIDÁ QUE RESPOSTOU EN MASA para presnciar o que foi unha auténtica festa do fútbol local.
Megafonía, sorteo de cesta, Tractor engalanado, etc etc en fin todo preparadao para que o Cire cantara o alirón e así foi. Nun partido perfecto dos azuis no que tiveron a sorte de adiantarse moi rápido no marcador e así vecer os nervios existentes. Bon xogo e festa, nunha tarde do domingo 4 de maio de 2008 que quedará para a historia.
+ info no blog do Cire
Ata se fixo a onda ou ola:

quinta-feira, maio 01, 2008


ESTE DOMINGO 4 DE MAIO , ÁS CINCO DA TARDE MELIDE TEN UNHA CITA COA HISTORIA, NO CAMPO MUNICIPAL DE MELIDE, SE GAÑA O CIRE ASCENDE, O RIVAL SERÁ O VISANTOÑA DE MESÍA, VÉN ANIMAR Ó TEU EQUIPO NESTE GRAN RETO, O DOMIGO ÁS CINCO¡¡¡¡¡
F O R Z A C. I. R. E. ¡¡¡¡¡¡¡

sexta-feira, abril 25, 2008


Mañán sábado ás 17.00 h. no campo do San Estevo de Abellá (Frades) o Cire de Melide ten unha cita coa historia. Penúltimo partido de liga e aventaxa nun punto á Ponte Carreira que xoga na súa casa contra o Vizoño-B, de gañar o Cire e perder a Ponte, o Cire sería campión e subiría automáticamente. Hai que apoiar o equipo nesta gran cita e lévalo en volandas para que logre o triunfo en terras de Frades. Si, si, si somos de Millí¡¡¡¡¡, xuntos podemos, FORZA CIRE¡¡¡¡
PD: Non faltedes.

quarta-feira, abril 23, 2008


FOLIADA DE MELIDE¡¡¡
Xa está ahí a porta a IV Foliada de Melide (como pasa o tempo chacho) cun variado e extenso programa de actividades. Será este domingo 27 no Pazo de Congresos e Exposicións.
Artesanía, mostras, exposicións, seminario de palletas, títeres, banda de gaitas e baile, obradoiro tradicional (A Forxa), xantar popular, contacontos, actuación de TINO BAZ (cantor e poeta de A Guarda), Marcha Gaiteira polo pobo con nove agrupacions de gaitas do centro de Galicia, serán aberto, actuación de PABLO SEOANE GRUPO (folk-tradicional), queimada gratuíta etc etc
Parabéns os organizadores, O Castelo, porque cada ano saénse mais do mapa.
Para ver en profundidade o programa podedes entrar na páxina oficial: picando aquí

Xa está actualizado o blog de prensa do Cire

II FESTA DA HOSTALERÍA
O vindeiro Xoves 24 de Abril á II FESTA DA HOSTALERÍA, organizada pola recén creada Asociación de Hostalería "Cerne" de Melide, no que pode decirse que será o seu acto de presentación.

A Asociación nace ca idea de defender os intereses da hostalería da comarca e de sumar esforzos cara obxetivos comúns. Terá ámbito autonómico pola proximidade de Melide ás provincias de Lugo e de Pontevedra co cal intentamos mostrar a apertura da mesma a outros Concellos.

Coa festa, tal como aconteceu na edición do ano pasado, tentaren que todos os locais de hostalería de Melide pechen as súas portas a partires das oito da tarde e así disfrutar dun día de descanso todos xuntos.

Lograrano xuntándose todos no "Pazo de Congresos i Exposicións", (antigo recinto feiral) e disfrutar dunha cea (pulpo, carne ó caldeiro, postres, viño, refrescos, café e chupitos..todo a reventar) a que calquera, hostaleiro ou non, pode asisitir previo pago de 18 €.

De seguido gozaran todos os presentes ca actuación de dúas das máis importantes orquestras da inagotable canteira galega: PARIS DE NOIA e OLYMPUS, que nos levarán en volandas (espero que caiga algún que outro rocanrol) ata ben entrada a madrugada.
Palabras de Nani

terça-feira, abril 22, 2008


XUNTANZA DE "BLOGUEIROS" EN AGOLADA
Co seguinte extenso programa de actividades:
11.30 Chegada á Praza do Concello de Agolada. Recepción con música do grupo de gaitas BICO DA BALOUTA e da CHARANGA INFANTIL DA BANDA.
12:00 NOS PENDELLOS:
Saúdo e benvida a cargo da Asociación.
Intervencións libres dos blogueiros. (Saúdo, autopresentación, motivacións relacionadas coa xuntanza, lectura de poemas, etc.). Haberá megafonía e unha tarima-palco.
Poñencia sobre a actualidade dos blogs a cargo dunha ou varias persoas con experiencia neste tema (aínda estamos facendo xestións ao respecto. Publicaremos os nomes en canto os teñamos).
Intervencións musicais de Bico da Balouta, Charanga Infantil e A Zanfonista
Viños e petiscos.
Visita guiada polo recinto de Os Pendellos (Espazo que conta coa distinción de Ben de Interese Cultural).
14:30 Xantar de confraternidade no restaurante Agolada (estrada de Melide).
Proxección multimedia durante os postres.
17:30 Desprazamento en autobús ata o Sobreiral do Arnego en Carmoega (11 Kms de autobús). Percorrido a pé polo Sobreiral (máximo 4 quilómetros), zona protexida pola Rede Natura 2000 e declarado Lugar de Interese Comunitario (LIC).
19:30 Regreso aos Pendellos onde haberá varias actuacións musicais intercaladas coas palabras dos blogueiros que teñan a ben intervir.
Actuarán: MARUXA de Fuxan os Ventos, acompañada ao piano por PABLO VÁZQUEZ, director da Coral Polifónica de Agolada.
A ZANFONISTA (blogueira que cursa zanfona no Conservatorio Folque de Lalín).
ALMUDENA VIDAL (Guitarra) e BLANCA BELLO (violín), ambas profesoras de música e intérpretes na Xove Orquestra de Galicia. (Pendentes de que nolo confirmen)
Por último, as despedidas e deica o que cada un estime conveniente.


Haberá que ir ata a vila veciña dos Pendellos, unha vila moi activa culturalmente falando.
Ligazón oficial: Blog-xuntanza.blogspot.com

Xa anda na rede a páxina do programa de Suso, balasperdidas008.blogspot.com

Noraboa a Miguel de Mina e a Mariví por traer ó mundo a outro galeguiño. Felicidades parella¡¡¡
PD: non tiña unha foto dos dous, nin dos tres, e esta era na que mellor saías jajja

segunda-feira, abril 21, 2008


Xa voltamos a andar por estes lares que estaban un pouquechiño, mais ben bastante, ab
andoados, a razón, entre outras, é a falta de tempo, xa que polas tardes ándovos en Radio Melide, no 107.1 Fm couducindo (sen carné) o programa das tardes:

quarta-feira, abril 02, 2008


Duas novas ligazóns moi literarias:
O blog da Biblioteca do IES Melide e o blog de Xosi , non teñen ningún tipo de desperdicio.

terça-feira, abril 01, 2008


Éxitos deportivos na fin de semana.
Pois eso, o Cire gañou en Pontecarreira e está a un punto do ascenso directo e Ferreiro gañou a primeira proba do Campionato de España de Rallyes en Alacante.
+ info da victoria do Cire, no blog Prensa Cire.

Nota de prensa do MelideMotorSport:
Ferreiro e Roberto Lorenzo, que a pesar dos problemas coa ponte traseira do Ford Escort MKII, lograban a vitoria nas estradas da provincia de Alicante.
Co primeiro tramo neutralizado dos dez previstos, Ferreiro vencía nos tres seguintes e se colocaba líder con 41 segundos de vantaxe sobre Antonio Sainz. Pero as dúas últimas especiais da mañá ían resultar preocupantes para o piloto patrocinado pola Deputación de A Coruña e Turgalicia, xa que empezamos a notar como o Ford se movía moito de atrás, así que despois de revisalo na asistencia comprobamos que a ponte traseira estaba roto.
Esa incidencia provocaba que non puidesen gañar o quinto e o sexto tramo, pero aínda así chegaba a mediodía cunha cómoda renda sobre Antonio Sainz-Javier Cattaneo. De tódolos xeitos Ferreiro estaba preocupado, pois en cada asistencia os mecánicos tiñan que aplicar diversos puntos de soldadura sobre o eixe traseiro para que non rompese.
Unha vez finalizado o rallye, Jesús Ferreiro comentaba que lle tiñan moito respecto ao último tramo de 52 km, xa que era extremadamente duro para as condicións nas que estaba o noso Ford Escort. Pero por sorte o coche aguantou e mesmo marcamos o mellor tempo na categoría de Históricos.
A próxima proba do Nacional que disputarán Jesús Ferreiro e Roberto Lorenzo será a Rallye Cantabria-Infinita, que se celebrará o 17 de maio.

CLASIFICACIÓN TROFEO DE HISTÓRICOS 18º RALLYE LA VILA JOIOSA

1º Jesús Ferreiro/Roberto Lorenzo (Ford Escort MKII), 2:22:41.3.
2º Antonio Sainz/Javier Martínez (Ford Escort MKII), 2:25:03.2.
3º Fernando Dameto/Angela Dameto (Ford Escort), 2.34.02.8.
4º Tomas Jordá/Raúl Pérez (Seat 124 2000), 3:12:55.1.

Ah, informarvos tamén de que hai unha nova bitácora no blogomillo melidán trátase de Xosi e a dirección para entrar no seu fantástico espazo é : xosimelide.nireblog.com

quinta-feira, março 20, 2008


Foise Balan, John Balan
O home orquestra de Marín finou onte en Pontevedra despois dunha longa enfermidade. Con el vaise un auténtico personaxe, o vaqueiro mais enxebre, o home da porta, ou o compañeiro do vampiro Vladimir (estes si que eran frikis)nunha viaxe televisiva nun sidecar por toda Galicia.
In memoriam, John. Reproduzo este texto de VigoBlog:
Grazas Manuel por ser vaqueiro por todos nós, por prolongar a infancia que nós, cobardes, abandoamos demasiado axiña.
Descansa en paz, amigo, percorre agora a derradeira fronteira, alá, ao oeste dos nosos soños e dos nosos desexos
.