sexta-feira, setembro 18, 2009


HOXE EMPEZA O RALI.
Nova do Correo:
El I Rali de Galicia Histórico espera atraer a la comarca de Melide a alrededor de 10.000 asistentes entre el viernes 18 y el sábado 20. La capital melidense ya se ha quedado sin plazas en los establecimientos hosteleros para albergar al alrededor de 400 personas pertenecientes a los equipos de los 41 pilotos que participarán en la primera competición automovilística que se celebra en la zona, y que está organizada por la Escudería Melide MotorSport.

La presentación de esta prueba se desarrolló ayer por la mañana en el telecentro Melisanto y en ella participaron los regidores de Melide, Socorro Cea, y Santiso, Ovidio Leiva; el edil de Toques Arturo Pena; el presidente del comité organizador, Javier Anido; el piloto melidense, Xesús Ferreiro, y el copiloto Pablo Balboa. En su intervención, Anido destacó que el I Rali de Galicia Histórico contará con "pilotos de renome, como o portugués Joaquim Santos, Antonio Zanini, Fernando Dameto, ou o copiloto de Carlos Sainz, Luis Moya".

Las etapas del rali se disputarán entre mañana y el sábado en los cuatro municipios de la comarca melidense (Melide, Toques, Santiso y Sobrado dos Monxes), si bien los principales actos se centrarán en la capital.

quarta-feira, setembro 16, 2009

Fotos do Caralampio picando aquí

terça-feira, setembro 15, 2009

segunda-feira, setembro 14, 2009


Pasou o día e pasou a romaría, en breve videos e fotos da Nosa Festa`09.

quarta-feira, setembro 09, 2009

DOMINGO 13 DE SETEMBRO VOLTA O SAN CARALAMPIO A MELIDE

quarta-feira, agosto 12, 2009

A BICI VOLTARÁ TOMAR AS RÚAS DE MELIDE

Temos un novo blog en Melide relacionado co deporte, neste caso trátase dos "esforzados da ruta", falamos do Club Ciclista Melidense, que a parte este San Roque 09, organizan para o primeiro día das festas -15 de Agosto ás 11 da mañá-, a I Marcha Cicloturística. Tedes mais información neste link.
E xa sabedes todoa a información do Club Ciclista Melidense no seu blog,
Melidense Club Ciclista

Nesta foto de mediados dos oitenta, podemos ver como numeros cicilistas improvisados compartiron xornada co gran corredor de Rois, Xesús Blanco Villar, acompañado na "teté de la course" por dous grandes afeccionados melidenses as dús rodas, José Manuel Gómez e Antonio Blanco, a instántanea está tomada no momento que pasaban polo Cantón de San Roque, aínda se contempla o xa desapericio Kiosko.
CALENDARIO SEGUNDA FASE TORNEO FÚTBOL SALA AGOSTO 09

terça-feira, agosto 04, 2009

segunda-feira, julho 27, 2009

AGOSTO`09 XXIX TORNEO FÚTBOL SALA "CONCELLO DE MELIDE"

domingo, julho 05, 2009

sexta-feira, junho 05, 2009

WILD MUSICAL FRYDAY, AGAIN.Como cada venres a oferta de música de calidade ao vivo en Melide insuprable.
Hoxe na Fundación ás 11.00 h. Iván García Flamenco Trío, co melidense Nino Costoya ao caixón.
Ás 12.30 h. na Sala 600, concerto do contrastado e eclético vigués Juan Rivas.
Á 1.00 h. da noite no Pub Gatos, chega MICROGUAGUA: grupo radicado en Barcelona e formado por xente procedente de Italia, Arxentina e Cabo Verde, participaron no disco "Mariatchi Boggie" editado por Manu Chao.
Alguén da mais?

quinta-feira, junho 04, 2009


AMIGOS DO CABALO
Dende fai anos Melide é unha potencia no mundo da hípica. No Campionato Galego de Andadura en dous tempos, Juan Rial atesora varios títulos montando á sempre querida e recordada Rula. -lembramos tamén que por aquel tempo Xabi Gómez tamén se proclamou varios anos campión na modalidade de catro tempos co cabalo "Pombo" -
O Chicho do Violo tamén gañou varias probas con diversos équidos (non fai moito Paco foi campión co burro "Ferrari" na 57 edición da carreira de burros de Escairón) segundo nos contou no blogomillo
Xurxo.
Agora seu irmán Marcus faise eco no seu estupendo blog da nova que aparecía fai pouco na contraportada da Voz de Galicia, trátase da irrupción nas grandes carreiras hípicas da Zarzuela dun cabalo chamado Melide, a explicación a este fenómeno reside en que un criador de Chantada (Manuel Pereira) que bautiza ós seus pura sangues con nomes de localidades que "despiertan su interés por proximidad o por apego personal".
Marcus tamén achou na rede o video no que se pode ver a Melide gañando a carreira de 1.200 en liña recta. Non ten desperdicio, somos bastatnes frikis pero recoñecédeme que mola moito que na 2 de Televsión Española digan o seguinte: "...va ganar Melide fácil, va ganar Melide, Ganó Melide, victoria limpia de Melide¡¡¡¡ ", aquí tedes o video:


GO LAKERS ¡¡¡
Hoxe de madrugada (ás 3) empezan a The Final, da Nba, a ver si a segunda vai a vencida e Pau consigue o anillo, sería o primeiro para el, o cuarto para Kobe Bryant e o decimo terceiro para Phil Jackson (2 como xogador e 9 como adestrador), só Silvela ten mais anillos que o Mestre Zen, tremendo.
A ver se Gasol e Bynum son a criptonita para parar os Orlando Magic de Superman Howard, un homiño enclenque de todo, e compañía.
Os da terra de DisneyWorld veñen de gañarlle os campións do ano pasado, Celtics, e a un dos favoritos, os Cavaliers de LeBron, a ver que pasa.

quarta-feira, junho 03, 2009

ATA LOJO AMIJOS, PARTIU
A chegada o pasado luns da nova directora de programas da Radio Galega supuxo o cese do director de programas e conductor do "Aberto por Reformas" e "1000 Ribeiras", Xurxo Souto.
Ata aquí nada novo baixo sol, é unha cousa triste pero cuase que agardada, cabe lembrar que cando se entra nun cargo dese tipo por decisión política soese saír polo mesmo.
Pero o que verdadeiramente triste, ollo para min, é que o programa continua co mesmo nome, coas mesmas cuñas, no mesmo horario, con outro comunicador,e aquí é onde vén o paradoxo, con música totalmente distinta, coido que deberían ter mais dignidade e cambiarlle o nome o espazo.
Unha oferta dunha hora diaria, de luns a venres, de música galega de tódolos estilos estaba bastante ben e a radio pública era unha boa plataforma para que os de Melide souberamos que grupos musicais hai, por exemplo en Xinzo da Limia e viceversa, era un bo escaparate "da selva diversa da música galega".
Non lle hai que facer, o tema rematou pero quédannos as lembranzas, pola parte que nos toca, cabe destacar que a parte de grupos tamén se acordaron dos "mecenas do diectto" xa que adicaron un programa a entrevistar a Nani para que falara do X aniversario do Pub Gatos e dos seus concertos , tamén levaron o programa a ITH, o grupo de Toxo and company e ó extinto grupo punk melidán Porka Miseria.
Quédome coa frase do novo conductor do programa: "...a nosa aproximación a música é subxectiva..." podemos estar de acordo pero aínda que é aglo de perogrullo, é a Radio...Galega.
Remato coa opinión do grupo, Fanny & Alexander en Vieros.com : "...estase conculcando o artigo 19 da Lei 9/1984 da CRTVG onde se di a programación debe estar inspirada pola promoción e difusión da cultura e lingua galega..." fica claro. 3, 2, 1 ..... .

terça-feira, maio 19, 2009


KING JAMES, O ELIXIDO
Este ano na NBA, está destacando unha figura sobre o resto, trátase do "animal" LeBron James, o fulano de "o-ja-io" meteu nun adestramento unha canasta imposible, que eu persolamente, levo buscando dende fai dez anos, non lle hai que facer, jajja, ahí vos queda:

segunda-feira, maio 18, 2009


NOVO SPONSOR PARA FERREIRO
Hoxe luns presentóuse no Cantón de San Roque o novo "look" do Porsche 911 do campión galego e nacional de rallyes, o melidán Xesús Ferreiro.
O novo patrocinador desta nova xeira, é a empresa de Melide, Proquintas Grupo.
Ogallá este acordo de colaboración veña cargado de éxitos.
Ferreiro participará esta fin de semana no I Rallye de España de Históricos en Madrid e Segovia, sorte campión ¡¡¡¡

quinta-feira, maio 07, 2009

CRISE LEITEIRA
Mañán venres ás 12.00 do mediodía no Cantón de San Roque de Melide, concentración en apoio ao sector leiteiro, que tan mal o estan pasando, organizado polas cooperativas e os sindicatos que incluirá a lectura dun manifesto.
Unha concentración que tamén se convocou nas seguintes cabezas comarcais: Ordes, Arzúa, Betanzos, Vimianzo e Santa Comba (A Coruña); Chantada, Ribadeo, Sarria, Meira, Palas de Rei e Vilalba (Lugo); Lalín e A Estrada (Pontevedra); e en A Gudiña (Ourense).

sexta-feira, abril 24, 2009


Este video mandóumo por mail Manuel Varela e aquí volo deixo para que o disfrutedes.
FIN DE SEMANA MUSICAL
Mañán a partir das doce da mañá a zona dos viños será un fervedoiro co concurso de cantos de taberna onde participaran os seguintes grupos:
RONDALLA MORAIMA (Arzúa), AXÓUXERE (Melide),SOBREIRAS DO ULLA (Touro) ,ALÉN DO MAR (Bergondo) ,GRUPO DE VISANTOÑA (Santiso) ,TRALLA 101 (Melide) ,BINGO BIRÓN (Toques) ,MAGHÚA (A Coruña) ,BICO DA BALOUTA (Agolada),REVIRAVOLTA (O Pino),CHARAMELA (Antas de Ulla), andaremos por alí e daremos cumprida conta do que alí aconteza.
E omo aperitivo a Foliada hoxe no 600, concerto do grupo madrileño Alameda Osoulna , mestura de estilos con moito vento, pero mellor e que o comprobedes por vos mesmos,
myspace de Alamedaosoulna
no Gatos hoxe Doctor Harapos e mañán ás 12 da noite CONCERTO SORPRESA (MedoMeda (o grupo de Markinhos Drinkin, o do iogur de fresa e dos Drikin Tinto) e non sei que Me Da que ven o grupo mais punki da parroquia compostelana de Arins, non sei non sei .... disco novo ... , xa vos contarei.
Escoita a Medo Meda

terça-feira, abril 21, 2009


V FOLIADA DE MELIDE

Este fin de semana Melide volta ser o Cerne da música tradicional galega, chega a V Foliada de Melide, este ano con novidades, será dous días (sábado e domingo) e como gran innovación o sábado ao mediodía celebraráse o I Concurso de Cantos de Taberna na zona dos viños, espertaran ao pobo os Treboeiros de Muimenta cu auténtico lampión atronador saido dos seus bombos xigantes, seminarios, obradoiros, mostras, títeres, marcha gaiteira, serán, e acutacións entre outros de Xarín e Mini e Mero, + info detallada picando na imaxe de abaixo:

Noraboa aos organizadores, doble traballo este ano pero merecerá a pena, seguro, o dito parabens rapaces, ah e por suposto que non falte ninguén ¡¡¡