terça-feira, novembro 29, 2005


A MASCOTA DA SELECCIÓN GALEGA VICTIMA DO MAGOSTO 2005.

Un pouquiño mais abaixo tedes a mascota que propoñian eses xenios do deseño nacional que son os rapaces de aduaneiros sen fronteiras o castanhinho, un froito do outono galego cun toque retro-nostálxico daquel cítrico do 82.
Pois ben deronlle outra volta de folla e claro unha castaña en galicia no outono e pasto da lumeirada.
Xa que andamos a voltas coa Selección Galega, que disputará o seu primeiro partido o 29 de Decembro do presente, decirvos que o mais seguro e que a xente nova de Melide se despraze ata Compostela pra apoiar o noso equipo, para elo andan a traballar arreo grandes e historicos persoeiros da nosa vila. Se queredes mais información dirixidevos a de garrincha na zona dos viños, nO noso bar.
Vemonos na ruta, e adiante selección galega¡¡¡¡¡

XA PODEDES FACER COMENTARIOS NO BLOG.

Boas a tod@s, como podedes comprobar andiven un pouco de reformas no Blog, e xa se poden facer comentarios, seguirei mirando a ver si se poden facer mais cousas interesantes.
Agora que se poden deixar comentarios xa sabedes a escribir o que vos pete.
Graciñas a Miki de Santa María (The pipe-Bird) polo seu comentario e tamen a Victor Latoneiro de Sobrado polo mesmo.
O Cire perdeu o Domingo (primeira feira) desta volta si, no campo da PonteCarreira por 2-1, nun partido de poder a poder que poido caer do noso lado coma nadiña.
Destacar que non estivo Jhecho (sancionado) e o equipo cumpliu con creces, este ano a verdade é que a savia nova ten esprito e ganas de facer as cousas.
O sabado pasado nevou, seguro que non é cousa nova pra quen lea estas liñas, pero a que vos entrou un pouquiño de morriña de cando erades novos e a víspora do día do que nevaba non parabades quietos e mirabades pola ventá, "a ver si neva desta, e mañán non hai escuela e a xojar todo o dia". A min, a verdade, si que me entrou esa morriña ainda que tiña algo de reseca do día anterior que fun de cea cos compañeiros do futbol-sala.
Ah, a foto que encabeza este texto é do San Caralmpio 05 , patrón dos melidâos,e nela podedes ver a rafinha,camiseta branca(do ano 1993) e pucho sovietico, alberto prado (torito pequenho), puncho (un historico no blog xa) e un servidor levantadolle o sombreiro ,do Sanqueremos de Vilantime(festa irmá), ós Festicultores de Allariz, un auténtico grupazo de música baltánica (son de ourense a terra de Baltar)que costou ferro e fariña traer, aínda que ó final o presidente da comisâo, Barullo ruido , entrou polo aro e a verdade e que ninguen se sentiu defraudado o contrario eran como dixeron moitos, os propios.

segunda-feira, novembro 21, 2005


AQUI ABAIXO TEDES A PROGRAMACIÓN PRAS VINDEIRAS DATAS DO PUB GATOS. TEXTO ESCRITO POR NANI COPIADO DA SÚA PÁXINA WEB http://es.geocities.com/pubgatos

hola, holita, coma é usual terei que informaros de que Suiza está no Mundial, pobre Turquía, e tamén España, Chequia...., pero bueno...coido que xa hai programas e informantes de fútbol abondo, así que ó noso: ROCK AND ROLL. cousa que por sorte non falta no PUB GATOS (Melide-Wichita- Galicia) e que proximamente contará con:

Venres 25 de Novembro: Dende As Pontes(noutraora de García Rodríguez e hoxe por fin parece que de todos) chegan os metaleros AK47, buf o nome xa me dí que haberá caña a ráfagas continuas, esperamos que vos guste e a disfrutar todos.
Pasamos a Decembro e así:
Venres 2: LOS SANTOS, grupo da mariña coruñesa, máis en concreto de Sada, virán ata o Gatos a descargar toda a adrenalina que o seu rock permite: potentes, sudorosos, e con un desenfado que para sí xa quixeran moitas bandas consagradas. O millor é que o comprobedes por vós, xa que non se descarta algún que outro guiño ó glam e ós disfraces.

O Mércores 7, e para non aburrirnos na ponte da Constitución teremos o rocanrol dos nosos colegas ITH (os dous Migueles, Toxo e Pablo xuntos), e por suposto preparádevos para o que sigue, a rock session máis tola e cachonda do mundo- mundial que dirían os Vilantime´s boys

O Venres 9 farán unha parada deste cornello de Galicia os catalans
FI-ASKO que desempolvarán o punk rock máis reivindicativo da derradeira centuria presentando o seu segundo larga duración.

E o Venres 16 dende a Terra Cha veñen uns rapaces cun futuro moi prometedor e con toda a potencia e armonía do millor rock urbano, eles son MESKALINA, que virán presentar a súa primeira maqueta, encantaranvos.

E de momento nada máis, xa vos tolearei de nov para a próxima semana cos concertos deo resto do mes de Decembro e máis os de Xaneiro, non vos librades de min, ja, ja, ja, ja,.

Pero eso sí, recordade que os concertos son sempre a partires da unha da noite e ca entrada totalmente de balde, así que xa nos vemos. Graciñas a tod@s, saúde e moito r´n´r. Nani.

O CIRE VOLTA A GAÑAR NO ANTIGO CAMPO DA ESTRADA DE AGOLADA

O que vos vou contar ten algo de histórico por partida doble. Por unha banda o Cire conquiriu a súa segunda victoria en un mes perante o Galegos (Concello de Frades) por 3-2 nunha remontada épica, e por outro lado o campo do Cire un dous poucos da categoría con gradas, vestiarios subterráneos, dimensións (+ ou -) regulamentarias, cabina radiofónica (tódalas equipas que viñan flipaban co jarito) etc vai deixar provisionalmente de ser sede dos partidos da casa do clube por mor E DESTA VOLTA SÍ do arranxo do campo, cambiando a lameira, as pozas, os bulleiros e a gravilla por un céspede de herba artificial. 300.000 €.

Probablemente este partido contra o Galegos que se adiantaron 2-0 no marcador e que ó final morderon o pó contra os donte verdes fora o derradeiro partido na vella superficie, un terreo que foi pisado noutras épocas por equipos coma o Lalín, Lugo, Betanzos, Compostela, Fabril , e un longo etcetera de escuadras sobranceiras do balompé galaico.

Para a historia quedará Jecho (Vasques) como o heroe o facer un jas-trin e meter 3 fojetes na meta do Galegos sempre entrando pola esquerda, a súa banda.
Jecho, xenio e figura, acabou expulsado porque sempre ten que haber polémica no Cire e non poderá xogar o próximo partido na Ponte Carreira.
Como nota excepcional o arbitro estivo moi ben, felicitado por todos.
Outra anécdota cuase que tres cuartos de entrada no municipal chegando os coches case que a canteira, jejej ahi paseime aljo, bo había moita xente.
Houbo alugnha diatriba verbal entre as duas aficións dirimidas con diplomacia pola xente de mundo-mondo que acudimos os domingos pola tarde a nosa paixón quedando todo en Auga de bacallau e os 3 puntos no noso casilleiro que boa falta fan (7 xa).

Tamén se disputou o rallye do san froilán (agora chamado Cidade de Lugo) onde o campión de melide Xesús Ferreiro obtivo un moi digno 7º posto na última proba da tempada.
Ningúen dubida de que Ferreiro é un crack, o que todo o mundo sabe é que se adica a dar espectáculo e así cubri-la demanda que existe por parte dos seus numerosisimos fans o longo de todo o país.

terça-feira, novembro 08, 2005


3 BOS.

Agora que escomenzou a sua andaina Cuatro, ahi vos vai unha foto de 3 paisanos que o pasaron de pinga na 1ªFoliada de Melide que se celebrou o víspora do día das nosas Letras(do 16 pro 17 de Maio 2005). Puncho, José e Riki. A Festa foi todo un éxito con queimada incluida ó final onde o celebrante da brevaxe sagrada, un de Cedeira, tivo problemas co traxe(era de palla e case se queima estilo bonzo). Bailamos, bebemos e aínda lle botamos unhas regueifas no Pazo de Congresos e Exposicións do noso benquerido concello da cerne da Galizia. Saúdos.

segunda-feira, novembro 07, 2005


CASTANHINHO
ACERCA DOS COMENTARIOS

Sintoo moito meus pero a movida de facer comentarios no "meu", jajja, blog non é posibel polo de agora, se non atopo o xeito de que o fagades probablemente abandone este dominio e me vaia para outro, tipo emigrante dos anos 60 buscando un destino na Europa Central. Estaredes informados con tempo, que duda cabe no, e seredes recompensado por elo cun maior e amplo servizo tanto de recursos como de fantasias animadas de ayer y hoy. Hasta festa saúde e arroutada.

Ahi vos deixo tamen a "Castanhinho" a mascota da selezón nazonal feita polos rapaces de www.aduaneirossemfronteiras.org, unhos fenomenos do deseño patrio.

segunda-feira, outubro 31, 2005

O CIRE DE MELIDE PERDE NO CAMPO DE VILASANTAR PERANTE O ATLETICO SOBRADO XUVENTUDE (3-1)

A equipa de futebol da nosa vila, o C.I.R.E, voltou a senda das derrotas despois de gañar a pasada fin de semana nun partido épico ó Curtis.
O partido disputado en Vilasantar (ertoil-arena), coma ven sendo habitual nos partidos coma local do Sobrado Xuv., fixo boa a máxima do futebol: "Xogamos coma nunca pero perdemos coma sempre". Na primeira metade os onte verdes deronlle un baño o Sobrado tremendo errando numerosas ocasións incluida un penalty que errou o noso nº5 Capi Valente. Despois de fallar dende o punto fatídico o Sobrado veuse arriba e poido conquerir algun gol. Xa na segunda metade, Jecho (un dos mellores do Cire) internouse pola esquerda, coma é habitual, e provocou outra pena máxima que non desaproveitou desta volta Diego . Pouco despois de sacar de centro os amarelos conseguian o empate nunha xogada de barullo no área. Co Cire volcado na conquista da victoria chegaron os outros dous goles do Sobrado, un penal dubidoso e un contrataque maxistral.
A fin de contas, outro partido no que se xogou ben pero faltou oficio, algo que virá (se dios quere) así que pasen as xornadas, posto que a práctica maioría da plantilla é moi nova, e a experencia non se colle nun día.
Outra das cousas que souben é que o futuro campo municipal de Sobrado, esta praticamente rematado e agardarán a xogar nel na vindeira tempada. Polo que poiden escoitar seica é regulamentario en tódalas cousas, tanto en medidas(105 x 67, a ollo)coma en céspede xa que será de herba natural e non artificial coma presumíamos algúns visto o visto no apartado de augas nas terras do tambre, leáse laguna.
Outra boa nova é que o noso, parece ser, que desta sí se vai amañar e os traballos comezarana en decembro, e a superficie será unha mestura entre herba artificial e caucho pra que non queime os xogadores.
A xornada do grupo cuarto da terceira rexional deixou resultados coma o 10-1 que lle endosou o Vizoño B ao Curtis na casa deste último.
Nós seguimos con catro putnos, de penúltimos, froito do empate contra o vizoño b (2-2) e a victoria da pasada xornada perante o pechacancelas o Curtis, ambos partidos no noso feudo.

sexta-feira, outubro 28, 2005

PROGRAMACIÓN DO PUB GATOS PARA NOVEMBRO (por nani)


Hoxe Venres 28 de outubro. THE NERDS. Dende Madrid. Punk. Recomendable.

Chega o cambio de hora, o frío, parte da muller de Pedro Picapiedra (Wilma) e con eles o inverno, menos mal que tamén chega o tempo das castañas que si non. ¿Que si non qué?, si non teríamos os concertos do PUB GATOS (Melide-Wichita-Galicia), que moi mal teñen que ir para que non nos quenten un pouco, ¿ou non?. Paso a enuciaros os confirmados deste mes entrante de Novembro:

Venres 4: Dende Compstela e apostando polo rock clásico con pequenos toques de ska e reggae, chega 96 GRADOS, que polo nome que teñen ben podedes adiviñar que o do frío vai ser unha anécdota. Si che gustan Dire Straits, Pink Floyd, Eagles, Rollings, etc. non podes perdelo. Esperámoste.

Venres 11: Faremos un pequeno cambio de estilo, pero non por elo abandonaremo-la senda do rock, afincado en Granada pero de nacionalidade arxentina terenmos o pracer de contar co cantautor DIEGO GLUSMAN, pero sin caer no tópico do cantautor ó uso, está no Gatos e sempre ten que dar o do de peito, ou sexa, caña e marchiña. Virá acompañado doutro guitarrista e dunhas bases electrónicas sin esquecer grandes temas de outros artistas arxentinos coma Calamaro, Ariel Rot, Fito Páez, etc. Podedes escoitar temas deles na súa web www.diegoglusman.com.

Venres 18: Valencia é terra de grandes grupos, creo que os habituales tédelo comprobado, e dende o Mediterráneo chegan por segunda vez ó GATOS un auténtico grupazo: DAZE OF DAWN. Grupo de Valencia pero no que ningún compoñente é dalí (nin picasso tampouco), Madrid, Málaga , Barcelona son os seus orixes e sendo o líder, compositor e vocalista o canadiano Calude Robillard, quén fai dous anos(creo lembrar que estiveran en Decembro do 2003) flipou co pan, co pulpo e co caldo galego. Eu xa penso que voltan por eso. Como anécdota contarvos que un dos guitarristas é vexetariano e a piques estivo de caer na tentación ó ver o xamon, chourizo, lomo, etc. que divisou aquí, ademáis tamén comeu calo galego e lambía o plato como si fose a "derradeira cea".
Este grupo xa tocou en festivais importantes coma FESTIMAD, VIÑAROCK, TINTOROCK, etc ademáis de aparecer nos CONCERTOS DE RADIO 3 na 2 DE RTVE. Esta actuación podedes vela na súa WEB: www.dazeofdawn.com, amén de escoitar temas da súa dilatada discografía. Non teñen despedicio, soan de PM (policía militar). Non faltedes

E para o venres 25 algo haberá, xa hai contacto pero de momento non está nada cerrado definitivamente, xa vos informarei.
Recordade que todo-los concertos son de balde e a partires da unha da noite. Tedes máis información na web que preparpu para todos nos o webero oficial mayor do reino JUAN DE SOBRADO (MILLONS DE GRACIAS JUAN): www.pubgatos.tk

segunda-feira, outubro 24, 2005

O CIRE DE MELIDE GAÑA O SEU PRIMEIRO PARTIDO DESPOIS DE UN ANO E MEDIO (+ OU -) 3-2

A nosa equipa de futebol o C.I.R.E de Melide, unha institución con mais de 50 anos de historia (polo menos)conqueriu onte ante o digno rival do Curtis club de futbol, unha merecida victoria que sabe a gloria despois de 18 meses, o ano pasado non participaron polo tanto 6 meses reais, sen saborear a mel do trunfo.

Por desgracia houbo un acontecemento no partido que nos deixou a todos xeados coma un iceberg, transcurridos 35 minutos do primeiro tempo, Ruben Lodeiro "mella-van.de.verde.", disputou un balon aereo bravamente co porteiro curteño, Lodeiro acadou o segundo gol do cire pero caeu o chan supetamente, de seguida os compañeiros de "mella" decataronse de que perdera o coñecemento e deron a voz de alarma. Chamouse a ambulancia, e eses breves minutos pareceron eternos, a rápida actuación de Tonecho, o adestrador, foi importante no devir do suceso.

As ultimas noticias que teño son as seguintes, mella atopase ben pero ten que permañecer no hospital en observacion durante un periodo de tempo.
Parece ser que foi un coalugo de sangue na cabeza, froito do impacto, non sabemos se foi o caer el o chan ou o porteiro sen querer co xeonllo, o que provocou a perda de coñecemento do noso amigo.

Cando contemplas "in situ" un suceso destas características un, outra vez mais, ten que darlle a razón ós vellos, mestres en tantas cousas, cando din: "Nunca se sabe onde ten cada un a sua crus", pois eso que a mais caprichosa das sortes é o destino, ou como lle queiras chamar.

Hoxe por respecto a Rubén non vou facer a crítca fubolistica-humoristica que tiña pensado, eso si esta victoria do noso cire vai adicada, sen dúbida nengunha, a ti O HEROE DO 23 de Outubro, para mais inri Feira en Curtis.

sexta-feira, outubro 21, 2005

Bueno, boas a todos os que entrástedes nesta historia, primeiro as presentación, hai que ser educado, eu son riki e son de melide.
Hoxe, 20 de outono de 2005, víspora da segunda feira de chantada, contaxiado pola febre blogeira deste noso país, decidin eu tamen ser participe destes diarios dixitais ou como carallo se chamen. Sin mais dilación o allo, que a actualidade manda.

Primeira cousa: mañán venres 21 no Pub Gatos de Melide, acutación do grupo ourensán de rockandroll MITOCONDRIAS, como anécdota decirvos que o ano pasado traían ó mesmisimo dobre de Van Morrison con eles tocando o saxo,tanto foi asi que toda a peña se quedou sorprendida e incluso algun ,coma santo tomas, foino tocar porseascaso era o León de Belfast. O que son as cousas da vida, aquel mesmo día tocaba o irlandés en Santiago.

Segunda cousa e última por hoxe: coma tódolos venres, en radio melide 107.1 fm, a partires das 19.00h, ten lugar o programa "A hora amiga", que co-dirixo e co-presento e co-todo co meu amigo da infancia Adrián Concheiro "amiguete".
Nesta 33 ou 34 edición do programa ofreceremos mais músicas do mundo, mais músicas do país, mais novidades, mais curiosidades, mais novas, mais actualidade, mais "lavidaendirectomelidá", e sobor de todo mais humor.

Nada mais por hoxe xa cheja. Ala amigos ata o seguinte rollo.

quinta-feira, outubro 20, 2005



hola a todos, vou facer unha proba a ver como funciona este enredo.