
Xa está na rede unha iniciativa caralluda onde os novos valores do panorama blogueiro galego afían as suas plumas e fanos un percorrido por tódalos universos musicais actuais de aqui e acolá, tamén lembran discos clásicos, hai sección de entrevistas, apartados propios para libros e cinema etc etc. Moi completa esta web e actualizarána cada semana. Ten boa pinta, noraboa os creadores Regueifeiro, Vincent Halo ou Martin Pawley entre outros.
Mil primaveras para vos. Link de Sono-tone
Deixovos cun artigo polémico onde se defende unha etapa distinta na vida creativa de Juan Pardo. Recordo xa fai moitos anos ter debatido con colegas que aquel disco do ferrolano-mallorquí era fabuloso e digno de ter na discoteca propia. Tanto pola temática, musicou unha escolma de grandes poemas das nosas letras, como polo barroquismo dos arranxos a ditos textos. A xente non me entendía, estaba o "Xuntos" moi recente, lóxico. Pero todo o mundo ten un pasado.
Aínda así recordo ver o vinilo e escoitalo, fai xa mais de dez anos no Trece, cando aínda non chegará o mundo dixital a taberna martinfreireana.
Gracias Vincent Jalo, polos machucos e por este artigo:
Hai moitos Juan Pardos posíbeis. Temos o Juan Pardo mod de Los Vándalos, los Pekenikes e Los Brincos. Temos ao Juan Pardo productor e padriño de ducias de artistas (Andrés Do Barro, Andee Silver, Queimada, Camilo Sexto...). Temos ao Juan Pardo teen-idol da época de Juan y Junior. Temos ao Juan Pardo pepeiro do "Xuntos máis fortes". Temos ao Juan Pardo compositor da sintonía da mítica serie de debuxos da nosa infancia Don Quijote.

Cunha falla absoluta de modestia -no interior do LP sae caricaturizado xunto a Rosalía, Pondal, Castelao e Cabanillas, coma un máis- e uns arranxos excesivos dignos da época (coros soviéticos, cordas barrocas e todo tipo de luxos de producción hoxe en día raros de ver) o ferrolán musica a Pondal (A fala e falade galego) e, sobre todo, a Cabanillas (En pé!, Na morte de Castelao...), nun disco irrepetíbel no senso literal da palabra. Non vexo eu ao bon de Juan Pardo cantando ao "dereito a libertar a terra" ou animando ás pijas de LaCoru a abandonar os "duros acentos de Castela" trinta anos despois. Ou si. Os vaivéns políticos sonche cousa do demo.
Cuestións políticas aparte, este disco é dos que hai que ter. Tanto por ser fiel reflexo dunha época -en 1976 debía de ser galleguista de toda la vida até Don Manuel- como pola calidade dunhas cancións -"Probiña da tola" estaría sen dúbida entre as primeiras nunha hipotética lista das mellores cancións galegas da historia- que, se somos capaces de borrar mentalmente a produción kitsch setenteira que as decora, farán parte do noso playlist fundamental de por vida. I é que o señor Pardo, queramos ou non, é un dos mellores compositores e vocalistas da historia contemporánea da nosa música.
Vincent Jalo
2 comentários:
unha cousiña, Vincent Jalo e o Regueifeiro son -somos- a mesma persoa ;-)
saúdos!
Fé de ratas:
Ok meu, doume por informado.
Perdoa pola ignorancia.
Moi boa a iniciativa.
Eres un ciber-fenómeno musical e cultural.
A seguires así meu.
Un saúdo dende a cerne de Galiza.
Enviar um comentário