sexta-feira, julho 06, 2007

E VAI VINDO O VRAU....
E con el mais concertos, mais festas, mais deporte, en definitiva mais de todo.
Cargade as pilas porque esto promete.
Como ben sabedes, moitos dos que ledes esto estaredes por alí, este fin de semana é o Festival de Ortigueira, o festival ó aire libre con mais concurrencia do Estado.
Outros paisanos han de andar por Iruña-Pamplona a voltas co San Fermín, pasádeo ben e "be careful with the bulls..."
Outros irán a Sabucedo a Rapa das Bestas, e así infinidade de historias.
Para os que andedes por aquí hoxe venres 6/7 no Gatos estarán os Extridentedes dende Rodeiro, rock kambote, e no 600 nada mais e nada menos que a banda de rock do actor
galego mais laureado, The Ellas (Di elas) con Luís Tosar e Piti Sanz á cabeza deste combo que fai versión de clásicos interpretados por mulleres.
E mañán sábado 7 às 19.00 h no campo de fútbol de Melide, Cire-Casa de Galicia de Bilbao.
Un partido entre o Cire e o equipo dos fillos da emigración galega en bilbao que este ano veñen de facer unha gran campaña. A Casa de Galicia en Bilbao disputou en anos pasados mais partidos coma este contra o Lalín, o Celta, o Vizoño etc.. Como podedes ver na foto da dereita visten a elástica a modo de bandeira galega.

O próximo sábado 14 (revíspora do Carme) Os Quinquilláns e Milladoiro en Melide dentro do programa cultural da Xunta, "Vai de Camiño".
Deixovos tamén a programación do Gatos que me enviou Nani para este mes de xullo.
Aquí. esperando a ver si chega o verán, estamos na reserva india do PUB GATOS (Wichita-Melide). E coma sempre veña ou non veña rocanrolaremos todo o mes con:

Venres 6, dende Rodeiro EXTRIDENTES, banda formada por ex-membros dos KAMBOTES, entre eles o seu líder, guitarra e compositor: Jaime, presentando este novo proxecto no que non faltarán versións do histórico grupo da Terra da Camba xa desaparecido.

Venres 13 dende Holanda e con acento galego na batería chega un grupo de tributo a BOB MARLEY: "DEAN CURTIS & THE EASY SKANKING" que nos farán pasar unha noite máis ca agradable a ritmo de reggae e cunha formación multiétnica e multinacional.

Sábado 14, que podo decir deste grupo, son os inimiitables, os auténticos, os rocanroleiros máis enxebres de Galicia, son simplemente ITH, GRANDES COLEGAS, GRANDES MÚSICOS E SOBRE TODO GRANDES PERSOAS, pos virán a pasar unha noite de festa connosco presentando o seu derradeiro fichaxe, "Manuel" de Lony (Teixeiro) que dende fai pouco encárgase de poñer voz a estes temas que xa forman parte do acerbo popular...Veñen a por min, veñen a por min...formigas e arañas..etc....

Venres 20 dende A coruña e con ritmos stonianos voltan por 2ª vez a esta reserva india THE CADS, liderados polo sempre espectacular Pablo Barros.

Martes 24: E para rematar os concertos deste mes do Apóstolo e polo tanto da Patria Galega, chega dende Birmighan (Gran Bretaña) un programa doble con ANIMALES DOMESTICOS, grupo de corte eminentemente instrumental que podería calificar de free jazz-rock psicodélico. Con batería galego na súa formación, moi coñecido nos ambientes automovilísticos galegos, de feito foi co-piloto do noso veciño Javier Anido e colaborou en ocasións ca escudería de Ferreiro, MOTOR MELIDE.
Tras eles actuará o brasileiro MOISÉS DOS SANTOS E O MANGO TRIO, no que participan membros dos Animales Domésticos facendo unha mestura de rock, bossa nova e samba que darannos alas para toda a noite, viva a festa. Esto será o Martes 24, víspera do día da Patria. Coma sempre os concertos serán a partires da unha da noite e ca entrada totalmente de balde.
Graciñas a tod@s, saúde, sorte e moito r´n´r. Na
ni

5 comentários:

citizenerased disse...

Que ben pinta o concerto de ANIMALES DOMESTICOS.Alí estaremos.

Anónimo disse...

moito cire!!!

coltrane disse...

O bateria en cuestión chámase Marcos Vazquez. Era profesor de percusión no Conservatorio Superior de Vigo cando eu estudaba alí e pirouse de excedencia a R.U. para experimentar no rock. Tiña unha escuderia particular que se chamaba Tooma Rally e o insigne Susiño de Toques foi copiloto seu en máis dunha ocasión.
P.D.: Tamén é mellor que o de Maná.

Anónimo disse...

RIKI,TES QUE ANUNCIAR O TEATRO DO VENRES AS DEZ.

Anónimo disse...

AUPA ATLETICO MELIDE