Pizarra das tapas de O NOSO BAR, onte luns.
BOENTE ESTÁ MAIS PRETO DE MELIDE "O CIRE GAÑA NO CAMPO DO MÁXIMO RIVAL E EMPEZA CON BON PÉ A SÚA NOVA ANDAINA NA SEGUNDA REXIONAL"*
*(este foi o títular que lle adiantei o 2 de Setembro no blog de León de Maroxo, anunciándolle xa o que iba acontecer ;) )
Lémbrome do título daquela película de Nicholson, Mejor....Imposible, está claro que ese é o pensamento dos siareiros azuis debido á que o CF Cire de Melide gañou o domingo no feudo do CSD Arzúa por 1-4 no retorno a Segunda Autonómica (Rexional chamouse sempre), despois de quince anos,e ademais ocupa a segunda praza na táboa clasificatoria (anécdota, pero mola).
A parte para os amantes da estatística, se non me engano, e a primeira vez que o Cire lle gaña ó Arzúa no campo do Viso en partido oficial.
Ben, no estrictamente futbolístico, o Arzúa levou o peso do partido pero non atinou co gol nos primeiros compases, din que nesto do fútbol quen perdoa págao, e así foi.
A falta de entedemento entre a defensa local e o seu porteiro propiciou que Peke lle marcara ó seu ex-equipo, tanto co que se chegaba ó descanso.
Os xogadores do Cire (o domingo de amarelo) agradecendo ó apoio incondicional dos siareiros chegados dende a Cerne.Na segunda metade, o Cire aproveitou as súas ocasións e non perdoou, primeiro Toñito despois dunha maxistral contra e cunha gran definición , co Arzúa aínda pensando nesa xogada, foi Ramón Camiño quen conseguía o terceiro. O Arzúa seguía atacando pero precipitábase nos últimos metros do ataque aínda así nun saque de esquina chegaba o 1-3 obra de Pérez para os locais.
Ó Cire aguantaba atrás sen moitos problemas e nunha falta Suso Pampín poñía o definitivo e histórico, 1-4.
Ben, que lecturas podemos facer despois do partido.
1. O Arzúa está mais rodado físicamente e notase, a parte que ten xogadores que tocan moi ben o balón.
2. Como ben dixo León, ó CSD faltalle un "killer" da área, sen desmerecer o traballo voluntarioso de Dieguez.
3. Veteranía, os arzuáns son moi novos e sen dúbida están chamados a facer grandes cousas no Viso pero está claro que lles falta mais experiencia, é normal.
Alguén dixo tamén que o resultado do partido fora inxusto e que o Cire tivera moita sorte.

Bueno, 1-4 case o di todo, por moita sorte que teñas, tes que meter catro goles.
Estou dacordo en que o fútbol combinativo e a iniciatia na tarde do domingo foi propiedade do Arzúa, pero o Cire despois de recibir duas goleadas en pre-temporada non quixo cometer os mesmos erros,levaba a lección ben aprendida e optou por facer o partido que mais lle conviña dadas as circunstancias.
Ós melidenses nótaselles que as festas do San Roque, e o mes de agosto en xeral pasaron factura nos adestramentos e que aínda non están, nin de lonxe, no mellor ton físico, pouco a pouco chegase lexos.
Ben, agora gustaríame dicir que aìnda que non é un partido como os demais, é un derby e está claro que che gusta gañalo, pero só son tres puntos e acabamos de empezar, pes no chan.
Humildade, traballo e compañeirismo son os prinicipais factores que nos levarán ó noso obxectivo, a permanencia.
Con total seguridade, a 2ª Autonómica presúmese tremendamente igualada e quedan moitas batallas, con equipos moi competitivos, por exemplo o sábado ás 17.00 h. visita o municipal melidense o Olímpico de Rutis, que vira picado por quedar fora da Copa en Melide, e que polo que se está vendo, é un claro favorito ó ascenso, así que a poñerse ás pilar facer un bo encontro contra os de Vilaboa e o domingo disfrutar de A NOSA FESTA.
PD: Gustaríame facer unha crónica mais divertida pero o tartán arzuán e a distancia entre os banquiños e o graderío impediron estar ó loro do ambiente "extra-deportivo".
Aínda así habería que estar de Boente p`acó para non enterarse de que Emilio, Eva e Vacenas levaron a voz cantante nos ánimos dos chegados de Melide(que por certo, non foron poucos), e que fixeron unha festa a pesares de que como é sabido o bombo nas tardes de resaca dos domingos manca un pouquiño.
Cánticos de Emilio: "Outro día no campo da festa en vez do cabalo caparon á besta", "San Caralampio lorololó", "si si si somos de millí"... "el alcalde de Arrigorriaga tiene mucha ilustración, le gusta tocar el txistu, tambien toca el acordeón, también toca la guitarra y le llamaban Pantaléon", "La moto, la moto, la moto..." etc etc.
En definitiva día de festa en Arzúa dos de ....Melide.
Agora a polo Olímpico, gañandoo somos mais líderes. ;)
Ramón Camiño arzuán de nacemento, autor dun dos goles do encontro.