quinta-feira, julho 10, 2008


SPORT AND MUSIC
O II Torneo de Fútbol 7 "Concello de Melide" escomeza o vindeiro xoves 17 ata o domingo 20 de Xullo, data límite para anotarse 15 DE XULLO ás nove da noite na Cafetería Marta, 981 505346 , o torneo será no campo municipal de fútbol de Melide de herba artificial.
E este fin de semana a parte do Festival de Ortigueira, en Melide contaremos co festival do xacobeo do VAI DE CAMIÑO, o venres 11 de Xullo, cos grupos XOCHILMICA, SUPERSANDWICH E LAMATUMBÁ, NA EXPLANADA DO MULTIUSOS DE MELIDE, se chove será no Pazo de Congresos.
No pub Gatos Nani di o seguinte:
"Venres 11 de Xullo: Nova visita dun grupo do noso querido e admirado veciño Portugal, e coma de costume en colaboración co Eixo Norte-Audienzia Zero, nesta ocasión tócalle ó punk-rock de FADING COMISSION, banda cun amplo abano de seguidores ó outro lado do Miño e que seguro que en Melide poñen unha "pica en Flandes"."

3 comentários:

fandi disse...

lastima q non haia noitebús o venres, a ver como se fai para ir...

fandi disse...

oio, onde e a explanada do edificio multiusos?

rikimelide disse...

pista polideportiva do antigo instituto