AXENDADeporte: Sábado.- 10.30 h. Categoría infantil no campo municipal de Melide, Cire de Melide-E.D. Arzúa, ás 16.30 h. Cire-C.Santás categoría de veteranos. Ás 17.00 h. no pavillón municipal da Martagona, Melide Fútbol Sala-M.Jogafán de Ordes, trascendental partido para permanecer na división Autonómica.
Domingo., ás 10.30 h. Categoría cadete no campo municipal de Melide, Cire de Melide-Dorneda de Oleiros, ás 16.30 h. categoría senior, Cire de Melide-Boimorto C.F., importante partido para o Cire que de gañar tería moito andado para amarrar o segundo posto xa que son cinco puntos os que lle leva o Boimorto, terceiro clasificado.
Música ao Vivo.-
Venres no Pub Gatos: " Poucas veces houbo concerto por esta data no Gatos, máis que nada porque este ano é bisiesto e cadra o derradeiro día o venres, creo recordar que non houbo ningún en once anos, non o sei fixo. De todas formas é boa data para recibir por segunda vez ós nosos admirados HEISSEL, que co seu pop psicodélico farannos pasar unha noite inesquencible." comentanos Nani.
Se queredes escoitalos este é o seu
Myspace.Non esquecerse de que este fin de semana tamén é a XXXIII Festa do Queixo con numerosisimas actividades, as mais destacadas: o sábado concerto a partir das 21.00h de Muchachito Bombo Inferno, Mala Rodríguez e Triángulo de Amor Bizarro.
O domingo folk con Malvela, Vaaamonde Group, Arrás e o retorno da mítica Medley Band.