segunda-feira, fevereiro 11, 2008


RAZA CAMPIONA
Meu veciño, e sen embargo amigo, Juan de Rial (tamén coñecido como Merendas ou Montañés) é un apaixonado dos animais e xa tivo especímenes de toda clase (por exemplo as pitas de Mos que valeron incluso para dar nome a un equipo para o campionato de inverno de fútbol sala de Toques). Unha das últimas adquisicións de Rial foi unha cadela de raza "Pastor dos Pirineos" . Carla ,que así se chama , levou o premio: 1º-Excelente-Clase-Joven no 68.ª Encontro Canino Internacional do Norte, en Oporto.
Esta cadela foi mercada na Gándara de Barrantes en Tomiño é promete ser unha femia criadora espectacular.
Un día temos que falar con mais calma de Juan, xa que entre cousas é campión galego de hípica na modalidade de Andadura en dous tempos no ano 2002 coa recordada egua Rula, no 2003 e no 2004 rematou segundo. Outro xinete destacado nesta competición é Franciso Porto Parrado, Paco ou Chicho como queirades, que tamén tivo os seus éxitos, o mais recente o subcampionato o ano pasado montando a "Lóstrego".

Sem comentários: