terça-feira, junho 17, 2008

COMO O GUADIANA, APAREZO E DESAPAREZO
Bueno, canta "pacencia" tedes, unha semaniña sen escribir nada e aínda vos achegades por este recuncho para ver si actulizo dunha vez ou que carallo pasa, pois como estades lendo xa estamos aquí de novo.
Primeiro de todo o Concello de Melide xa ten nova web, totalmente actualizada con novas, avisos, convocatorias, en fin todo o que se espera dunha páxina deste tipo.
concellodemelide.org é o novo nome da web.
Segundo. Xa sabemos algunha das actuacións para este verán en Melide, Lamatumbá vai estar en Xullo no VaideCamiño, Marcos Teira taména andará por ese mes pola praza do convento, e tamén nos enteramos de quen vai pechar as Festas do SanRoque 2008, o ex-pirata Iván Ferreiro.
Outro Ferreiro, o noso gran piloto, participou no II Rallye show Cidade de Vigo deixando coma sempre o pavillón moi alto.

E seguindo no plano deportivo o Cire quedou fora na copa perante o equipo de preferente, Vizoño S.D, nun gran partido dos de Melide pese a derrota que puxo fin a unha gran campaña que quedara para a lembranza do fútbol melidán.
Os veteranos quedámonos a un punto das posicións do ascenso pero aínda non está todo dito porque cecais suban mais dos previstos.
O Atlético xuvenil subiu a liga galega na repesca despois de remontarlle un 2-1 ó Brexo-Lema, coincidirán para o ano con outro equipo da Cerne que subiu este ano, o Monterroso. Noraboa.
O Melide FS confirmou a permanencia na liga autonómica nun partido épico onde loitaron a parte de contra o Riveira, contra a propia Federación que lles mandou celebrar o partido despois de que non se presentaran os do Barbanza cando tiñan que facelo.
E fai dous domingos foi o Día do Deporte en toda Galicia, en Melide celebrouse na pista do mulitusos e nos cantóns, deixovos unhas imaxes do gran Alberto Neira (xogador dos veteranos do Cire e directivo do Melide Fútbol Sala) subindo polo rocódromo de Ferventía, o mais difícil non foi que subira senón que puxera o casco. ;), veña.


Tamén se disputou este fin de semana en Arzúa, un torneo de Fútbol 7 organizado polo CSD Arzúa, fixemos un equipo de última hora e pese a acudir sen porteiro chegamos a final. Non se poido gañar, se cadra polo cansacio e por algunha que outra decisión arbitral, pero foi moi bonito, sobre todo o partido de semifinais onde Fernando Carreira se volveu a convertir no "Gato de Orois" e parouno todo incluído dous penaltis os homes da escadra arzuá do Ameixa. O equipo chamóuse Melide, e estaba composto por xogadores do Cire e do Palas: Fernando, Luis Eugenio, Mateo, Paquiño, Chorén, Horacio, Quintela, Koeman, Ivo...fixeron un gran papel no campo do Viso. Parabens a eles e o CSD Arzúa por este tipo de iniciativas¡¡¡

5 comentários:

fandi disse...

que sepas, que se chegastes á final foi xq ningun equipo contaba cona miña calidade técnica.
os exames afastaronme do terreo de xogo.
PD: o que non sei e como non vos partiron as pernas chamándovos "melide" tan sequera vos chamasedes millí...

e que non me jodas, vides provocando

rikimelide disse...

si que se botou en falta a túa "sinistra" perna para darlle algo de glamour o evento, qiuedou coxa a historia polo menos a ver si aprobas, pois como dis na PD, non nos "probaron" jaja, k
eso si menudo "aguasero chico" caeu na entrega de premios, e moi profesional o sr. couso botando as bombas cun "chester" jaja

Ghaiteira disse...

Emocionada y anonadada me hallo! O gran Iván Ferreiro en Millí po San Roque, non sei se chorar ou rir ou que facer!! Aaaaaaaaaaai!! Xa estaba deprimida por non poder ir a velo este sábado a Sarria pero compénsame esperar un par de meseciños! Ai que emoción/ilusión!!
PD Hoxe non durmo xDD

EVA disse...

xa podian traer os grupos que estan no san xoan de sarria , tamen Ivan Ferreiro .... claro....
APERTAS....

Ghaiteira disse...

Investigando por ahí (bueno, tampouco investiguei tanto, só mirei na súa web...) descubrín que o ex-líder de Los Piratas estará na nosa terra o xoves 21 de agosto. Xa sabemos algo maís xDD