quinta-feira, março 04, 2010

VAI VINDO A PRIMAVERA
Arestora en Melide loce o anhelado sol, despois dunha intensa invernía por pouco que seña agradécese ver de novo os efectos do Lourenzo. Pero agora non toca falar de climatoloxía, senón do "tempo" da fin de semana que xa peta a porta.
Se o inverno foi repleto tamén o son, como xa vén sendo habitual, as actividades que se aveciñan para estes primeiros días de marzo. Como de cotío, o venres 5 de Marzo será un día de Cicloxénese explosivo, a pesares que desta volta A Fundación, e o Pub Gatos non teñen nada previsto.
Así a cousa vai de MONÓLOGOS, na Sala 600 ás 00.00 h. Evaristo Calvo, un dos compoñentes de Mofa e Befa, representará un dos papeis que facía en Air Galicia, O TURISTA MADRILEÑO.
Á mesma hora no pub Cult Room de Melide, actuación de CARLOS BLANCO.

Para os amantes do naipe,tamén venres gran campionato do xogo de moda, Poker Texas Hold`em, na cervexería 13. - All in ¡¡¡ -
O sábado e o domingo, a festa que sempre precede a primavera, XXV Festa do Queixo de Arzúa, con moitas actividades que podedes consultar na súa web oficial, entre as que destacan os concertos do sábado, cos franceses Rinocerose (rock con música electrónica)e o domingo toca folk, co sorprendente gaiteiro Anxo Lorenzo e os ourensáns Mutenrohi.
Á parte de todo o programa, eu destaco o deseño este ano do cartel, simplemente espectacular e imaxinativo obra do xovén arzúan multipremiado, Daniel Camino.

E para rematar o fnde, algo de deporte, o Cire desprázase o domingo a casa do líder para disputar as catro e meida da tarde un duelo co Queixas (Cerceda), no calificado polos siareiros da Liga da Montaña,como o PARTIDO DO ANO xa que os cinco puntos que separan os cercedenses dos de Melide, poden quedar en dous de gañaren estes, e tendo en conta que o Cire ten un partido menos, a victoria é clave para intentar ascender como primeiros, lembramos que o segundo xogaría a promoción. Todos a Queixas, Forza Cire ¡¡¡¡

Sem comentários: