terça-feira, maio 23, 2006


EU GOSTO DE QUIM BARREIROS.
Si amigos, seguro que moitos de vos xa oístes por ahi, sobor de todo nos pubs, unha das cancións do vrau, non, non é "Opá", nin Shakira, nin outra polo estilo, trátase da "Cabritinha". Unha peza composta por este portugúes que leva mais de 30 anos facendo música popular. Este home ,unha especial mestura entre Xil Ríos e Flaco Jiménez, vendeu xa unha morea de discos, bueno debería decir cintas-cassettes, e deu a volta o mundo tocando en calquer sitio onde houbera un compatriota luso.
Pois agora tocóulle a nosa terra, este Quim é fillo dun emigrante portugúes a Brasil, empezou tocando a gaita ,como veu que co fol non tiña moito futuro pasouse o acordeaô e empezou a xogar coa lingua de Camôens. Son ben coñecidas no pais veciño cancións como "Maria, deixame cheirarche o bacalhau", "A ´páderia", "Xupa Tèresa", "A fechadura da rita", "A garagem da vizinha" etc, como vedes todo un exemplo de sutileza e de doble linguaxe ó mais puro estilo norte de portugal, onde os cantares ao desafío e as letras picantes estan á orde do día.
El naceu en Praia de Áncora, concelho de Caminha e partido xudicial de Viana do Castelo. Así que non che é de moi lexos. É un dos artistas que mais toca en Portugal, tanto en festas populares (como as nosas), como en festas de universidades, academias, empresas etc, esta solicitadísimo.
Deixovos o enlace da sua web. Quim Barreiros e un video de youtube.

quarta-feira, maio 17, 2006


1ª Festa da "juventú" en Val (AGolada), "juventú tede coidado cos paos da luz"
Gran velada no Val de Sangorza na Golada, as grandes orquestras Paris e Philadelphia non defraudaron e congregaron na parroquia dezá a miles de persoas, aproveitando á véspera do dia das nosas Letras, festivo, a boa noite que estaba e como non á calidade dos grupos xa referidos.
Cando chegamos a parroquia agolense, sobor da 1.30 h, estaba a Philadelphia co seu primeiro pase, moi ben, moita xente, non se daba andado, e disfrutamos bastante ou moitísimo, con Toño, o neto de Rafael de Furelos, que cos suas escasas dez primaveras eclipsou os grandes grupos e gañou todo o protagonismo, merecido sen dúbida e suado nas táboas. Resulta que houbo un campeonato de baile, e o Toño xunto coa García, presentáronse como parella, sen desmerecer a rapaza, o toñito é moito fenómeno meus, baileche "que nin a virghen, comentábase o arredor nosa, o sistema de clasificación foi por aplausómetro, é dicir a quen mais lle ovacionaran gañaba, demostróuse quen era o mais querido ás claras, o noso Toño, 150 euros pra parella e hala, a celebralo bailando(a tv é moito, batuka e Mira quien baila xa andan marcando tendencia e a Cabritinha tamén), ó final quedóuse en peitos, deu volteretas ,tiróuse ó público bufffff un´artista en pontencia este Toño, contáronme despois algunhas das perlas que lle dedica ás rapazas este mocoso, vounas poñer en inglés que este blog aínda mantén algo a moral nun nivel básico, "Baby with your tits and a kettle, i´ll made me a milkman", mais ou menos, more or less e "Baby,The teats grew to you but that the teeth".
Bueno despois veu o segundo pase da París, moi ben, a nova formación non defraudou e non se botou en falta a Pepi, aínda que a Pepi era moita Pepi, suplena duas rapazas,dicían por ali:"cambian unha de 40 por duas de 20" e esas son: Vanesa de Cinema e Tamara da Ismael ademais do fichaxe de Janet, a baixista da Solara.
Espectacular DAvid(Luque, Luque, ) e Blas, que voaron cara nos, literalmente, e nos dedicaron unhos temas, despois como peche da sua actuación os temas de sempre, MAgo de Foz, S-kape e Medina Azahara. Un clásico que sempre presta. Cando se baixaba o telón do supertráiler algúen diciá "Canta si la sabes, una de los Suaves", e lembreime de cando un personaje , asaltapalcos, subiu con eles en Curtis e perpetrou para historia na vila da néboa, o "Dolores, se llamaba lola".
Bueno estivemos un cachiño con eles, despois que se ducharan, e fumos ver os ultimos retazos da Philadelphia, xa non había tanta xente, sen dúbida era pola hora que era, sorprendentes os pontevedres, coas versións que fixeron de rock actual poque repasaron, e non mal de todo, a "System of a down", "Metallica" ou "Rage against the machine" entre outros, moi ben, moi ben.
Despois para que digan que non hai xente nova nas verbenas, ja me rio de janeiro.
Felicitar a parroquia de Val, e a tódalas comisións de festas do país, que na maioría dos casos, altruístamente enchen os campos da festa de foguetes e camións holandeses de 20 eixes, o mas, Veña un saudo a todos,e Feliz dia das Letras GAlegas, no centenario da fundación da academia, 1906 debeu ser bon ano, Deportivo, EStrella Galicia e a R.Academia da Lingua nacían para enriquecer a nosa terra coas suas actividades e productos.
Deixovos un enlace sobre o mundo das orquestras galegas,
Prémelle

segunda-feira, maio 15, 2006

DEICA PRONTO, BREOGÁN¡¡¡
Consumóuse o descenso, o Leite Río-Breogán baixa a categoría de prata do básquet nacional, quedamos sen representante galego, igual pasou en balonmán, duas modadlidades deportivas históricas dentro das competicións de clubes.
Pois nada un aniño no inferno como diría o outro e a voltar a levar o nome de Lugo por todo o país.Equipo querido

domingo, maio 14, 2006


Miguel Castro, "Espomasa", novo Míster "Top Model-Área Central"
Disputouse onte no devantido centro comercial a final deste concurso de beleza coa presenza como madriña de Terelu Campos. Iste é un certame que organiza "El Correo Gallego", "Área Central", Código TV (en Código anda metido por ahi Marcus, o irmau de Xurxo Otero) etnre outros patrocinadores.
Pois eso ,que Miguel,de 23 anos, moi coñecido en Melide xa que xestiona dous coñecidos pubs (pazos como lle chaman os vellos), o Laicus e o Zerox ,proclamóuse "Top Model-Área central", noraboa para el, un titulo mais que poderá xuntar a outros que ten como "Mister Fondevila", lugar da parroquia de Paradela en Toques, xa que como me dixo el o outro día o titulo esttal de "Mister Paradela",correspóndelle a Casal o do Templo.
Se colledes o Correo de hoxe verédelo en portada a carón da outra gañadora, elegante cun smoking de-luxe, e xuntamente tamén coa presentadora madrileña.
Ahi vos queda a dirección cibernética da nova. Prémelle
Ah¡, coido que é a primeira vez que algúen de Melide, ou da Comarca da Terra de Melide (Toques, Santiso, Sobrado dos Monxes e o propio Melide) sae en portada dun xornal convencional, aínda que o Correo non deixa de ser tamén un pouquiño singular(Coa excepción de aquel asunto, onde Toques se puxo no mapa e saía en toda a prensa nacional e en tódalas canles de tv). Se estou errado, prégovos que algúen mo aclare, veña un saúdo a tod@s, que cada día sodes mais, se o Contador de Visitas vai ben, claro.

sexta-feira, maio 12, 2006


Boas a tod@s, familia e non familia, que presión teño agora buah, bueno o primeiro de todo cumpríronse onte 25 anos da morte de Bob Marley, e hoxe na Hora Amiga haberá que facer un pequeno monográfico, tedes mais información do gurú do reagge, nesta web.
No outra orde de cousas o Cire rematou a súa tempada 2005/06 con derrota fronte o Encrobas por 2-3 a pasado findesemana, con dous goles de Óscar, un deles de escándalo, dende o medio campo de bote pronto e cun pouco de axuda do porteiro. O trencilla que arbitrou tiña un lixeiro aire a "Martínez, el facha" un histórico do comic do Jueves, para E-milio era o arbitro biónico xa que diciá que tiña unha perna ortópedica, este milucho sempre esta a todas aínda que o outro día cortábase un pouquiño por respecto a xente menor de idade que andaba polo campo, moi curioso velo dicir: "Arbitro, corcholis era fuera de juego, cáspita¡¡¡"
Coincidía o peche de campaña do Cire, clasificado no posto 14º da táboa, estamos no bo camiño, vamos mellorando, pro ano a seguires medrando como equipo.
Digo que coincidía coa celebración do titulo de liga que acadou o CD Palas xa que gañou perante o Taboada, segundo clasificado, a festa pola vila de curva debeu de ser boa. Blog de Santi de Palas
No tocante a concertos e acitividades deste "weekend", cancelado o concerto do Gatos, Nani dixit:"mañá día 12 de Maio non hai concerto de NUEVA REPUBLICA SONORA, levo un mes intentando contactar con eles e parece ser que o manager, con quén tiven os contactos, non lles dixo nada ata o pasado xoves da xira por Galicia, e claro, eles xa tiñan amañado por outro lado. Parece que non é a primeira vez e coido que pouco vai durar a relación prefesional banda-manager, pero bueno, eso é problema deles. En fin, que toca foderse este venres e deixaremola música en directo para a vindeira ocasión, ala a rañala. Bicos a tod@s " , NRSonora son de Málaga e teñen un sonido metaleiro na onda de Hamlet e Skunk Df.
Ah, o próximo mércores, 16 de maio, víspora do día das Nosas Letras, este ano adicado a ´Manuel Lugrís Freire, haberá unha gran verbena en Val, na Golada, coas orquestras Philadelphia e a mítica e querida Paris de Noia.
Este domingo tamén e importante para o basket galego xa que se xogará o todo polo todo, despois de sete anos consecutivos na ACB, o equipo do .Breogán .
Ten que gañar en Valladolid, onde as augas andan revoltas co tema do Fórum Filátelico e de Afinsa, non non é "A Finsa", ainda que o "pao" para os inversores foi bastante grande. Ninguén da pesos a catro pesetas.
Pois eso que o Breo amén de derrotar os pucelanos ten que agardar que o Lagun Aro Bilbao pase pola pedra ó Pamesa, os valenciáns xoganse entrar en Play-offs; tamén depende doutro partido o Menorca-Manresa, onde si vencen os cataláns tería que gañar por mais de dous puntos.
A ver se teñen sorte os do Leite Río e conseguimos manter o único equipo que queda da comunidade na segunda mellor liga do mundo, que lonxe quedan os tempos onde Ferrol, Ourense e o propio Lugo, disfrutaban do mellor deporte profesional.
Veña amigos un saúdo

segunda-feira, maio 08, 2006

Xurxo Otero, fenómeno¡¡¡

Vense de proclamar vencedor nesa velada do venres pasado na Funcación, Xurxo Otero,concretamente no Maratón do Humor organizado pola Asociación Terra de Abeancos, noraboa Xurxo. Xa que ven a colación póñovos mais abaixo o video-link dunha actuación do susodito na Fundación tamén, esto foi no verán pasado e acompañábao na guitarra o cantautor brasileiro afincado en Pontevedra, Carlos Gustavo Almeida. Esta sacado do YouTube un site que se esta poñendo moi de moda xa que é moi práctico á hora de colgar videos e demais caralladas. Seguro que lembrades aquel tema dos Four non blondes titulado Whtat´s up.
Destacar a grabación-realización, que coido debe de ser Marcus, e como non a desteza nas táboas deste mestre melidao. Eres moito Xurxo.

quinta-feira, maio 04, 2006

Actividades para este fin de semana, que ven.

Este venres 5 de maio, temos:

Na Fundación Enxebre, a partires das 11.00 pm, Concurso humorístico (de chistes) organizado pola Asociación Terra de Abeancos, onde o premio serán 100 € e o pase a gran final deste "campeonato" que se disputa en Touro, O Pino, Arzúa e Melide.
Contará coa presenza dos míticos conteiros Lito de Arzúa, e os seus compinches "Moreira", "Xoán" e "Victor" que forman Non hai fallo, si, son os de Arzúa que saían no Luar cunhas cañas nunha mesa tipo-Roley.
No Pub Gatos temos "dende a zona de Vigo chega o pop-rock experimental de THE DREAMS OF DOLLY SHEEP que clonarán as nosas mentes nun intento por achegarnos ó nirvana musical (a ver si de paso clonan ó número de asistentes que a este paso hai máis músicos que xente", Nani dixit.
E en Radio Melide na Hora Amiga, de 19.00 a 21.00 h, 107.1 fm, entrevista a Asociación de Troiteiros Río Furelos que nos falaran do I Campionato de Pesca "Terra de Melide", e así para abri boca pouco mais que me acorde, tedes tamén ampla información na páxina da Agrupación Folclórica Castelo, na sección Axenda, veña un saúdo.
E agora que estaba rematando, inúndame sonoramente a publicidade do "Circo acuático" que deben estar hoxe pero non pillei ben o conto. Non sei que dicían dun cancodrilo xigante. Non é broma que xa estan as carpas na Feira. Veña.

quarta-feira, maio 03, 2006


II Foliada de Melide- 30 de Abril 2006

Éxito total, máximo sucesso -que diría o portugues-, xornada plena, completa e satisfactoria no Pazo de Congresos e Exposicións de Melide.
A xornada empezou pola mañá a iso das 11.00 h coa apertura dos stands da mostra de artesanía e demais cousas, como o Comercio Xusto da Fundación Enxebre-Amarante(nunca tanto venderon)etc, mais ou menos a esa hora o grupo Castelo facía un percorrido pola vila para dar o pistoletazo de saída e mais para anunciala a devandita Foliada.
O ambiente na vila xa era de por si impresionante ó coincindir tres circunstancias importantísimas, domingo día de Feira (mais esta caeu alta que como din os vellos son as mellores), dia epicentral da Ponte de Maio, e aínda por riba bon día climatolóxicamente falando. Numeroso público baixou pola mañá ata o Pazo, amén de disfrutar da Mostra tivo oportunidade de ver nos stands as exposicións "Os Garceiras" (Esc. de gaita e percusións galegas "Axóuxere),"Os xogos populares galegos" (AGXPT Asoc.Galega do Xogo Popular e Tradicional) e"Melide en fotos" (Agrup.Folc.Castelo-Colabora:Museo Terra de Melide).
Despois xantar de irmandade co "Cattering Luis do Toxo" como anfitrión, outro éxito, e a continuación os barbudos "Mini" e "Mero" facían soar a zanfona e a suas voces, para nun concerto moi didácitico aínda que breve, dar a coñecer a historia das cantigas de cegos, como eran, que dicían, etc etc.
No tema "Manuel do Campo" -hit onde os haxa- subiu a colaborar con eles Manuel Varela de Souto-Toques, que ademais é compoñente da Quenlla, tocando o acordeón.
Acto seguido, charla-coloquio de Miranda de Arteixo sobre as palletas e a afinación.
Moi ben, aínda que a xente: vellos e vellas, mozos e mozas, rapces e rapazas de tódalas idades disfrutaba dunha grata xornada na antiga feira.
Unha das cousas que mais triunfou, se cadra por rememorar a tenra infacia, foron os xogos populares que estaban habilitados nunha das zonas que se delimitaron para a ocasión.
Alí poidemos ver a xente de tódalas xeracións compartir trompos, pesca da botella (jaja un domingo é imposible), zancos, a rá etc etc.
Que gusto daba ver a rapaces xogando a cousas de verdade e non cun mando a distancia con equis, circulos e demais símbolos, e que gusto daba tamen ver ós veteranos sentindose protagonistas porque nos seus tempos era o que había.
A xente dos stands era moi amable e explicábache de que iba o seu asunto, un dos que mais chamaba atención era o de Master Gaita ou Gaita Midi, onde aprendemos o seu funcionamento e as posibiliades das novas tecnoloxias no mundo mais tradicional.
Algun recomendoulle o de Mater Gaita que crease un antivirus para as "gaitas marcias" que abundan en ourense e pontevedra.
O Bar Prados seguía funcionando a perfección, e os grupos dirixíanse ás distintas prazas de melide para facer ese pasaruas soñado por Susiño, teño que dicir que eu non o vin porque me quedei por alí pintando un pouquiño o indio.
Moita xente che pasou por alí, de toda clase, sexo e relixión ,daba gusto meu.
Unhos pinchiños para os grupos e + ou - ás 10.00 comenzaba a Foliada en sí, escomenzaba Miki agradecendo a toda a xente que colaborou con eles e a toda o público que acudira, e o que dicíamos, escomenzaba a Folida, nove grupos gaiteirís, de Melide, Antas, Sobrado, Santiso, Silleda e Agolda, coido que era así.
Estiveron todos moi ben, quedome con Alfonso de "Bico da Balouta" daGolada que estaba realmente entusiasmado de ser os que remataran a primeira pàrte da festa, e a verdade é que fixeron moita festa, ó ser tódala pezas cantadas, todo o público axudou. Os de Bico da Balouta andan este ano de xira tódolos venres polas tabernas tradicionais, sen dúbida interesante. Metéuse no medio do cartel preestablecido a unhos gaiteiros de Vigo, díscipulos dos Morenos de Lavadores, que se facían chamar "Can de palleiro", sen dúbida déronlle riqueza o fetival. Moi ben tamén a actuación de "Axoúxere" tanto cos rapaciños coma co homenaxe ós Garceiras, ben merecido por certo, que fixeron na súa actuación. Froito Novo demostrando táboas. Os Melidaos mesturando sabiduría veterana con savia nova, moi limpos. Castelo ben nas dúas actuacións tanto nos Maios, coa sección pandereteira como na sección gaiteira. Os de Santiso, ben para estaren comezando. Boa mestura de instrumentación na xente de Sobrado, bon traballo Suso. Miki tamén deixa a súa impronta por Antas e nótase. En definitiva todo moi rico e abundante. Destacar a incombustible xente que bailou toda a noite, que brío e profesionalidade rapaces, e esa mestura cos mais veterano estivo realmente espectacular. Que disculpen a xente maior que estaba nas cadeiras, pero é que sinón era realmente imposible, por falta de espazo.
E a eso da 1.00, conxuro da Queimada, moi ben botado pola parte do oficiante, que non era outro que o meu compañeiro radiofóncio Amiguete, ataviado para a ocasión nun ocurrente traxe de palla que se apañou nun plis, tio eres Mortadelo perdido.
Destacar a gran mestría, eu xa o sabía por eso o recomendei, de Emilio (ese fenómeno, somos un pobo de fenómenos) á hora de facer a Queimada, qudouche ben mestre.
E despois o serán aberto onde a festa seguiu ata altas horas.
Non me esquezo de Carlitos Sesar que nos ensinou unha faceta descoñecida súa, a regueifa. Tíñalo caladiño meu, e a tantos e tantos personaxes que pasaron pola II Foliada de Melide. Eu que sei quedánseme moitas cousas no tinteiro pero a xente que estivo por alí faise unha idea e o que non veu, xa sabedes para o ano vinde descubrilo aqui a Melide. ALa un abrazo

quarta-feira, abril 26, 2006


II FOLIADA DE MELIDE

O mais magno evento dentro do panorama da música tradicional e da cultura galega en xeral na tempada primaveral do país e na cerne do mesmo. A foliada.
Se coñemos o Xerais da lingua, explìcanos: Foliada (de fol < lat. folle = home tolo).s.f. 1. Festa, baile ou diversión popular que se celebra pola noite. 2. Baile ou deiversión ruidosas. 3. Reunión de moita xente na que hai moito ruído. Agardemos que así sexa, moita xente, moita festa, baile, música e diversión á esgalla eso á noite, que o resto do día da para moito.

Mostra de artesanía, exposicións (non perder a dos Garceiras), obradoiros tradicionais (A Malla, con máquina do séc.XIX), os Maios, Xantar Popular (todos a xantar de mao do cheff mais auténtico da comarca, Luis "con ajillo ou sen ajillo" do Toxo -rico e abudante- absterse xudeus e musulmáns (raxo, zorza etc), unha boa sobremesa unhos chopitos e unhos "dalkes" e a ver a duas figuras históricas da música galega, dous tótems da recuepración etnográfica das cantigas perdidas da nosa terra, nada mais e nada menos que X.L.Rivas Cruz Mini e Baldomero Iglesias Mero, membros fundadores de Fuxan os Ventos e acutais compoñentes de A Quenlla, todo un luxo, que nos deleitaran con Cantigas de Cego.

Despois charla didáctica sobre a afinación da gaita. A continuación Marcha Ghaiteira dende tódalas prazas da vila salirán os grupos de gaitas pra xuntárense no cruce ou rotonda para dirixirse de novo o Pazo de Congresos e Exposicións -antiga feira- onde terá lugar a Foliada en sí, con grupos de Melide, Antas, Sobrado, Arzúa, Agolada etc
Despois Gran Queimada e a como remate serán libre onde se xuntaran gaitas, requintas , tamboriles ,bombos de todo o país para facer á festa. Quen da mais? De balde coido que ninguen. Non o poden perder.

Dende aqui louvar a Agrupación Castelopolo marabilloso traballo deste ano que sen dúbida dará os seus froitos (novos e non tan novos :) ) o vindeiro domingo. Xa sabedes tedes unha cita ineludible chamase II Foliada de Melide.

terça-feira, abril 25, 2006

25 de Abril 1974, Revolucâo dos Cravos.

Cúmprense 32 anos desta revolta pacífica a cal derrocou o rexime salazarista que gobernaba dende o ano 1928, é dicir a dictadura mais lonxeva de Europa o que provocaba que Portugal fose o pais mais atrasado de todo o vello continente.
Sen dúbida o descontento polas guerras coloniais en Mozambique e Angola foron á causa principal desta revolta que xurdiu dende o propio exército na figura do MFA (Movimento das Forças Armadas), militares desencatandos coa maneira de proceder do seu goberno.
Ás 00.25 horas daquel día, en Rádio Renascença soaba "Grandola Vila Morena" de Zeca Afonso, esta era o contrasinal preestabrecido para dar comenzo a únha revolta única na que non houbo violencia por parte dos sublevados aínda que hai que lamentar 4 mortos por mor dos disparos da _PIDE, Policia política do rexime, contra xente que se manifestaba civilmente.
O motivo por que se coñeza como Revolución dos Carabeis, é que a xente, desoíndo as peticións dos Capitáns revolucionarios na radio, botouse a rúa coa fror de tempada, o cravo.
25 de Abril, é festivo en Portugal(que llo digan o Corte Inglés de Vigo), xa que foi o día que deu paso á transición democrática propiciada polo levantamento dos "Capitâes de Abril".
"O povo é quem mais ordena..." así dicia unha frase da cantiga de X.Afonso, compre non esquecela para non estar condeados a repeti-la historia da humanidade.
25 Abril 1974
Grandola Vila Morena

segunda-feira, abril 24, 2006


CIRE 0-SAN ESTEVO 1 DEPORTE MELIDE

Noutra preciosa tarde de domingo o Cire sucumbiu de novo contra o terceiro clasificado do grupo IV da Terceira Rexional. Nun partido de pouco fútbol o San Estevo de Abellá levouse os tres puntos porque creu mais na victoria cos melidâos, estes últimos con varias baixas importantes. Malia todo os de Frades tampouco fixeron méritos en demasía á hora de decantar a balanza (ou romana). Notábase que a tempada vai esmorecendo e que a ilusión vaise perdendo e xa se vai pensando na Copa, agardemos que o Cire a xogue. En fin a falta de tres partidos e a modo de balance, destacar deste ano, despois dunha tempada sin federarse, que os rapaces novos lle deron un pouco de aire fresco e lle botaron, case sempre, ganas e orgullo á hora de vestires as cores do equipo do noso concello. Moitos partidos que se perderon, ben seguro de que se poderían gañar cun pouco mais de oficio. Destacar que case sempre nos adiantamos nós no marcador. En xeral a tempada non foi das mais malas que eu recordo, falo da última etapa, como manchóns e coa esperanza de que servan para dar táboas e experiencia ó plantel soio destacaría ás goleadas escándalosas que recibimos no primeiro partido,e o outro día en Betanzos e os catorce que nos espetou o Mesón do Bento, equipa que xa está ascendida a segunda rexional. Sen dúbida dos erros un aprende e non hai mellor que levalas para aprender dos erros. Este ano viuse moito mais fútbol que outras tempadas e ademáis gañoúselle a escadras tan díficles como Oza ou Pontecarreira por poñer dous exemplos. Pois eso rapaces nunca perdades o orgullo de vestir ás cores do Cire que é o equipo da nosa vila.
Moita xente dime que escribo demasiado do Cire e que non falo doutros deportes que se practican na nosa vila. Admito a suxerencia pero pouco mais hai que dicir do deporte na Terra de Melide, eternamente esquecido e con visos de seguires así. O outro conxunto que está federado no noso pobo é o Melide Fútbol Sala que disputaba a Liga Provincial de Fútbol Sala, por desgracia para o ano terá que seguir, e xa é o terceiro, nesta competición xa que non poido conquerir o ansiado ascenso. Non corren bos tempos para aquel equipo que a mediados dos noventa acaparaba a antención dos melidaos ó chegar xogar na Primeira Nacional-B.
Sen dúbida o deporte na nosa vila está en crise, ou ¿sempre o estivo?, o que non me negará ninguén é que por potencial, falo de habitantes e servicios, coido que tanto o fútbol modesto coma outras especialidades terían que estar mais arriba.
Por eso é digno de xustiza loubar e recoñecer a tódolos melidenses que compiten tanto nos dous equipos de Melide, Cire e FS e a tódolos emigrados que andan polas comarcas veciñas competindo e disfrutando do deporte.
Non sei que opinades vós pero abaixo en comments tedes opción a deixar a vosa opinión, veña meus un saúdo.

segunda-feira, abril 17, 2006

Unha de cal e outra de area, Rialeda de Betanzos 8, Cire de Melide 1.

segunda-feira, abril 10, 2006


CIRE-PONTECARREIRA, 3-0; II FOLIADA MELIDE

Este domingo non puiden asistir o encontro pero deixovos un enlace cunha crónica, dende Palas, QuintásA República independiente e tamén vos poño o enlace a "Agrupación Folklórica Castelo"(O Castelo é o Monte Olímpo ou un Pindo particular para os melidâos xa que foi castro despois castelo-de ahi o nome- derruido polos Irmandiños, un movemento que no século XV tivo a Melide coma lugar de reunión dada a sua stuación xeográfica e revolucionaria(bueno eso é unha licencia miña)e agora é Capilla,dedicada o Carmelo, e á beira camposanto) para que saibades dun proxecto senlleiro en Melide no eido da música tradicional no cal encontraredes moitas seccións e in formacións, incluída a da II Foliada de Melide que terá lugar o próximo 30 de Abril, Domingo día de Feira.
Xa falaremos algo mais endiante dela de momento quedavos o mencionando enlace.

quarta-feira, abril 05, 2006

GALEGOS 2, CIRE 2. TÁBOAS EN FRADES E DEPORTE NA VILA DA CURVA(PALAS).

O findesemán pasado deixou como bagaxe outro punto mais para o Cire tra-lo empate acadado no encontro fronte o Galegos. Adiantaríanse os fradenses e conseguiría remontar o Cire con goles de D.Costoya e Diego pero ó final reparto de puntos na tarde do domingo. Debido as numerosas baixas tivo que vestirse de curto o adestrador. Non poiden asistir o partido xa que me encontraba en terras da Ulloa vendo outro encontro importante, este englogado dentro da 2ª rexional lucense, onde o líder ,o Palas,recibía o terceiro, O Páramo, co resultado final de un tanto a un.
A verdade é que se xogaban bastante calquera dos dous equipos xa que quedan poucas xornadas para o remate da competición e calqueira punto extraviado pode ser de ouro á hora de conquerir ese tan ansíado premio final que é o Ascenso.
Dicir que nesta categoría soben dous, e outro implicado na loita por acadar a primeira rexional é o Taboada, o cal está a un punto do Palas e lévalle outro ós do Páramo.
Impresionante ambiente nas gradas nunha tarde fenómenal para a práctica do balompé, o campo en inmellorables condicións a pesares de estar a herba un poquiño longa de máis, clasificada por algún dos ali presentes ,foi Tarrío, coma modelo arxentino. Arxentina era a canción que deu paso a saída dos xogadores,trátabase de "La mano de Dios" do Potro Rodrigo pinchada dende a bancada, concretamente dende o fondo norte, por unhos afeccionados moi ruidosos ataviados con sereas de porto, bidóns de aceite industrial ó modo de bombos improvisados cunha pranta debuxada no medio, equipo estereofónico e amplificatorio, consignas varias, piroctenia etc etc.
Sen dúbida o ambiente estaba no "Komando Kuruxás" que é como se califican estes siareiros´. Bastante concorrencia tamén por parte de hinchas do outro equipo e moitos melidâos e arzúans na bancada que se desprazaron ata esta curvilínea localidade.
No estrictamente futbolístico adiantáronse os visitantes nunha xogada desafortunada entre o porteriro e a súa defensa a media hora da primeira parte. O resto do partido foi un monólogo do Palas que a pesar de trenzar boas xogadas non acababa materializando o gol, este chegaría no desconto do envite cun gol de estratexia dos ulloáns. O delirio estalaba nos Chacotes e o ascenso cada vez mais cerca para un equipo plagado de xuventude(ahi temos coma exemplo a Chorén ou Koeman) e pingas de veteranía (Luis E.Mato é o 10). Dende aqui desexámoslles os pupilos de Castilla todos os exitos do mundo. A verdade é que disfrutei do encontro cun pouco de envexa sana ó ver o que se podería facer en outras vilas con ilusión e traballo,e digno de admiración o que estan facendo eses rapaces. A ver se a medio prazo poderei ver o mesmo, campo a tope, bon firme, e o equipo loitando polo ascenso no municipal da Estrada da Golada.
Xa que ando falando do deporte lucense, dicirvos tamén que este sábado rematamos a liga regular co CB Palas e namentres non oucurra unha debacle estamos salvados xa que acabamos en quinto posto, e polo tanto terían que baixar numerosos equipos da provincia de lugo de autonómica a primeira provincial para arrastrarnos a nós e que non subira ningún da nosa liga, así que noraboa rapaces outro ano mais manténdonos, que non nos levemos a engano, e ó que aspiramos polo menos últimamente. Destacar deste ano ós rapaces (Vítor, Luis etc) que a pesares da idade, con desparpaxo e boas maneiras van collendo nivel e ó cabo de poucos anos daránnos o relevo ás vellas glorias cando colguemos os "tenis". Veña un saúdo a tódolos que entrades neste enredo que polo visto non sodes poucos, porque agora xa estades controlados co "Contador de Visitas.,agora mesmo van 258 jejj, un sáudo chavaladaaaaa

sexta-feira, março 31, 2006


¡¡¡HOXE NO GATOS, MAMA KIDS!!!!

Mama Kids dende os madriles, un grupo que mestura o rock clásico co hard-rock-punk escandinavo e que fan dun concerto un auténtico espectáculo musical. Alomenos eso é o que din na súa páxina MAMA KIDS. Tocar tocaron nunha morea de salas míticas do panorma nacional e grabaron un disco con Paco Trinidad, productor de recoñecido prestixio.
Poi eso no mesmo GAT-canal e á mesma GAT-hora, rock en vivo de balde.

terça-feira, março 28, 2006


TROITA SOLITARIA

Composición propia co mecenazgo e o pé de Nani, el abuelo ouvea.
Que me perdoe J.L.Sanz "Loquillo", un catalán que iba pra fenómeno do basket e optou polo rockandroll, perdimos un Epi pero gañamos ....., bueno algo gañamos.(Aptitude e chulería polo menos si ohhhhhh)

SEMPRE QUIXEN IR A VILASANTAR
PESCAR UNHAS TROITAS A PRÉSARAS
ÍNDA QUE SEXAN DE PISCIFACTORIA

PERO XA FAI TEMPO
QUE PECHARON
E PROBABLEMENTE
QUE XA SE ACABARON
NON SEI QUE TROITIÑAS
CHE GUSTARAN A TI

E AJORA ESTOU AQUI DEITADO
NUN VELLO REGATO MOI APARTADO
TEÑO A CAÑA POLA MITÁ
ESTOUCHE TODO ESCARALLADO
AQUI NA BEIRA DESTE PRADO/LAGO
onde A ÚLTIMA TROITA QUE FOI PICAR
O APARELLO DE ARRÁS

CECAIS A JARNACHA FAIME LEMBRAR
TROITA, POR QUE NON VOLVICHE PICAR?
PENSEI QUE CHE COLLERÍA SEN MÁIS
E AJORA, XA VES...

E Ó IRSE A TROITA SENTINME ESTRANO
QUEDEIME SOIO, COMÉNDOMO TARRO
CECAIS PENSEI NA TÚA MEDIDA
E DENDE A LADEIRA ONDE ESTOU DEITADO
SORPRENDESME MIRANDO PR`O PRADO/LAGO
E ATRANPARONME OS DE SEGURIDÁ (JUARDARRIOS)

E O MENCER NON ME SORPRENDERÁ
CHEO, SEN CARTOS E SEN DIGNIDÁ
XUNTO OS AMENEIROS CUNHA BOTELLA DE LARIOS
E DIN OS RIBEIREÑOS QUE AJORA ESTAS MAL
E EU AKI CHEO E SEN DIGNIDÁ
BAIXO OS AMENEIROS SOLITARIO
E NON ESTAS TI, TROITAAAAAAAAAAAAA


Estrearémola no próximo "Ao vivo" da Boy´s Morto Band.
Xa que falamos de troitas vén hoxe publicado un artigo na "Voz" relacionado con dous aspectos do mundo dos "atrapa-salmónidos" da nosa comarca. Por unha banda fala dos problemas que houbo o primeiro día de pesca, San Xosé e domingo, á hora da asignacion de cotos. Parece ser que hai 15 cotos pra un festivo e ningún deses correspondeu a ningúen da Asociación de Troiteiros Rio Furelos, a pesares de seren mási de 200 socios. E por outra fala da captura dun magnifico exemplar por parte de Xurxo Pazo. Caeu o "noso" Campanu

segunda-feira, março 27, 2006



CIRE 0 SIGRÁS 1

Ó chover tanto estos días o encontro disputouse en Vilasantar nunha tarde de craros e nubes e cun vento racheado de bastante intensidade. Cecais as características climatolóxicas foron o detonante da derrota dos melidâos perante o Sigrás, sen dúbida un dos peores equipos de todo o grupo IV da terceira rexional galega.
Nós en ningún momento do partido fumos superiores e o desánimo e as cabezas baixadas dominaban entre o noso plantel, sempre hai excepcións e houbo varios xogadores o nivel habitual. En definitiva, partido sin historia de pouco fútbol e poucas ocasións de gol. O gol do Sigrás foi convertido de falta ó borde da area mediado o seugndo tempo. Forza rapaces e a pensar xa no seguinte partido.
O fin de semán si que trouxo unha boa nova no deporte melidense, e cando falo de deporte melidense falo de futbol e futbol sala porque aqui outra cousa non vos ahi meus, é unha mágoa. Pois esa boa nova foi o ascenso conquerido coido que polo equipo infantil do Cire. Cando teña mais datos comentareinos. Noraboa rapaces sodes o futuro. Pra non esquecernos do noso vetusto campo ahi enriba tedes unha foto.

quarta-feira, março 22, 2006


14-0

O Cire de Melide sucumbe ante o líder, Mesón do Bento, pola nada desprezable cifra de 14-0, o que da unha media dun gol cada 6 minutos e medio mais ou menos, non teño palabras pero si dignidade. Agardemos que rexurdamos das nosas cinzas, tal cal Ave Fénix e lle impramos unha gran derrota a equipa do Sigrás que nos visita este domingo. Rapaces valor, sentimento, paixón as cores, valentía e constancia e doblegaremos os cambreses.
VAMOS RAPACES, este venres concerto no gatos, consultade web www.pubgatos.tk.

sexta-feira, março 17, 2006

Boas a tod@s, por fin é Venres, e hoxe día 17 de Marzal festéxase o San Patrick´s Day, patrón maior do pobo irmau do norte, Irlanda, haberá que celebralo tomandolle unha boa pinta de Guinness e escoitando un pouquiño de boa música irlandesa(hai onde elixir, dende U2, ata The Chieftains pasando polos Cranberies etc etc), seguramente que tedes visto os típicos desfiles que fan en Yankilandia, sobor de todo en Nova Iorque e en Boston, onde unha multitude de cor verde pasea polas principais avenidas a "bombo y platillo" cunha taxa considerable de alcohol en sangue. Esta claro que a parte do San Patricio o que esta a chegar con el é a Primavera e hai que irse alterando "a little".
Bueno como ben sabéredes o Domingo pasado o Cire de Melide perdeu perante o C.A.Sobrado Xuventude, na casa e pola mínima. Foi un encontro onde a superioridade física dos amarelos poido coa desbordante ilusión do noso novísimo equipo que está destinado, baixo ó meu ponto de vista, cunhos reforzos e cun novo campo, a darnos moitas tardes de gloria no vello estadio da estrada da Golada.
Este domingo enfróntanse ante o líder, Meson do VBento, con b ou con v quen o sabe??(igual que Rivbeira). Un líder que leva máis de 100 goles sendo o conxunto de tódalas categorías rexionais galegas con mais número de tantos. Saíde a disfrutar rapaces e a facer un gran encontro sen reparar en nada.
Noutra orde de cousas chegoume un SMS e algún que outro emilio convocando o persoal para mañá sábado pola noite na Praza do Instituto(oficialmente Praza das Universidades -de Stgo e Lodz (polonia)-)co obxecto de facer un botellón o mais puro estilo sevillano. Eu a verdade é que son mais de bote-llin que de bote-llón. Poucos botellós teño feito e cando os fixen nunca lle chamabamos así, a deominación que lle dabámos era "Chispas do Jaime", que era a mestura que facíamos de Viño, a poder ser Gran Duque,un caldo noble sen dúbida e unha cola da marca Chispas, caracterízada polo seu alto caché no mundo dos refrescos gasosos. Desto xa choveu, e agora que escribo esto, estoume acordando que un dos poucos que fixen debeu de ser polo ano 1996, xa que acordome que aquel sábado botamos bastante cacho falando do penalty marrado por Hierro na Eurocopa de Inglaterra diante dos anfitrións. Como non era en cuartos de final. Joder, dez anos, como pasa o tempo, que risas co Cebolo, pero bueno esa xa son outras historias.
Pareceume moi anécdotico o que vin o outro día na nova Telegaita falando deste asunto botaron unhas imaxes do que fixeron o fin de semán pasado en Vigo e onde se vía a unha parella de hepta ou octoxenarios con cadanseu vaso de plástico. O que dicían para enmarcar "Vigo no puede ser menos que Sevilla, vamos chavalada¡" Im pre sionate macho.
Dicirvos tamén que hoxe coma case sempre no Gatos (esquina da rúa Galicia coa Emilio Pardo Bazán-nos pubs-) concerto, neste caso soará o rock indy dos ferroláns Kobe, máis información na web do Gatos, tédela a esquerda.
E coma sempre hoxe venres, ó fío das 19.05 da tarde nova edición do programa "A hora amiga" que realizamos Amigute das Crianças e mais eu, coma sempre invadiremos as ondas hertzinas no dial do 107.1 da fm, enchendo o espectro radiofónico de creatividade, ilusión, imaxinación e modernidade a raudais, jajjaja esto non o cremos nin nós mesmos, que va, un programa onde o pasamos ben ou tentámolo e agardamos que vos tamén, VEÑA BICOS A TODOS E ABARAZOS PARA TODAS.

segunda-feira, março 06, 2006




XA VOLVIN A REDE

Boas xente, xa ando outra vez por eiqui, se alguen me botou en falta a culpa vaina levar o Antroido e a vagancia, pois eso que nesta ultima semana foi tempo de Don Carnal, e dunha goleada do Cire por fin ante o Oza dos Ríos , que se nos resistian os cabrós, que nos eleva na táboa. O Antroido moi ben, o venres no 13 na festa dos oitenta de pincha, que choio mais rebentado é que che pidan de todo ó mesmo tempo pero sarna con gusto non pica e o Luns no Lar, ou mellor dito no Encu-lar onde convertimos a taberna de Oscar nun local de ambiente o mais puro estilo Chueca, para mostra as fotos que vedes ahi enrriba e pocuo mais para hoxe, hai que ir amodo, ah dous venres sen emisión en Radio Melide da Hora Amiga, o venres de antroido por non presenza nosa, había que alicatarse -nos e o local, e o pasado por que nos cortaron a emisión dende o Centro Emisor do Coto Pilar en pleno Bocelo, aínda non sabemos porqué xa vos informaremos, e tamen terei que falar do Queixo de Arzúa onde o tempo xogou unha mala pasada. Veña meus.