quinta-feira, maio 04, 2006

Actividades para este fin de semana, que ven.

Este venres 5 de maio, temos:

Na Fundación Enxebre, a partires das 11.00 pm, Concurso humorístico (de chistes) organizado pola Asociación Terra de Abeancos, onde o premio serán 100 € e o pase a gran final deste "campeonato" que se disputa en Touro, O Pino, Arzúa e Melide.
Contará coa presenza dos míticos conteiros Lito de Arzúa, e os seus compinches "Moreira", "Xoán" e "Victor" que forman Non hai fallo, si, son os de Arzúa que saían no Luar cunhas cañas nunha mesa tipo-Roley.
No Pub Gatos temos "dende a zona de Vigo chega o pop-rock experimental de THE DREAMS OF DOLLY SHEEP que clonarán as nosas mentes nun intento por achegarnos ó nirvana musical (a ver si de paso clonan ó número de asistentes que a este paso hai máis músicos que xente", Nani dixit.
E en Radio Melide na Hora Amiga, de 19.00 a 21.00 h, 107.1 fm, entrevista a Asociación de Troiteiros Río Furelos que nos falaran do I Campionato de Pesca "Terra de Melide", e así para abri boca pouco mais que me acorde, tedes tamén ampla información na páxina da Agrupación Folclórica Castelo, na sección Axenda, veña un saúdo.
E agora que estaba rematando, inúndame sonoramente a publicidade do "Circo acuático" que deben estar hoxe pero non pillei ben o conto. Non sei que dicían dun cancodrilo xigante. Non é broma que xa estan as carpas na Feira. Veña.

1 comentário:

Anónimo disse...

Moi boa idea o de anunciar as actividades do fin de semana, é unha boa iniciativa que poderías facer todalas semanas... nós na páxina do CASTELO intentaremos completala axenda de cada mes abarcando un pouco a comarca Terra de Melide... un saúdo