quinta-feira, maio 25, 2006

Edilberto Alonso,concerto no Gatos e Museo "Terra de Melide"
Se entrades no blog do cibermelidense Marcus poderédes escoitar a que di el que será a canción do vrau, chamase "Galicia será nación" e está feita por un home de Curtis que esta emigrado en Irlanda.
E despois si queredes mañá venres ter unha experiencia electroacústica-diatónica, non deixedes de pasar polo Gatos á hora de costume, porque alí estarán en concerto de última hora, o Dúo Fdez-Quintá, "trátase dun dúo de zanfona electroacústica (maxistralmente tratada por Óscar Fernández, membro dos CEMPÉS) e acordeón diatónico executado por Carlos Quintá , membro de LINHO DO CUCO.Haberá FESTA RACHADA", en verbas de Nani.
Outra nova da xornada é a consecución do "premio Pedra do Destino 2006, outorgado pola Asociación Amigos dos Museos de Galicia en recoñecemento do seu labor a prol da defensa, o estudio e a conservación do patrimonio cultural da comarca melidá durante máis de vintecinco anos", ao noso Museo,segundo nos di a Voz, sen dúbida que ben o merece aquí vos deixo o enlace da entrivista ó seu director Xosé Manuel Broz.

Sem comentários: