sexta-feira, março 12, 2010


OUTRO FINDE +
Segue a intensa programación cultural nos locais de ocio melidenses nas fins de semana.
Hoxe temos:
SALA 600: MELI.DEATH FEST VOLUMEN II.
Segunda edición do festival mais escuro dos que se celebran na comarca. Death Metal, Black Metal, Metal Galaico Extremo, Tribulationist Black/Death Metal cos grupos galegos: The Last Twilight (De Palas de Rei), e Xerión, os madrileños Eterna Penumbra e os lusos Pestifer, a partires das 23.30 h., as cincuenta primeiras ánimas que se presenten no ritual levarán de balde o Melideath CD Compilation (....)

PUB GATOS: LOS ETERNOS.
No horario de costume country rock na de Nani cos músicos de longo recorrido que agora forman LOS ETERNOS. Chegan dende as terras de Ortegal.
Para saber mais: preme aquí


A FUNDACIÓN: BELÖP
No local ubicado no Forte a partires das once da noita, rock con movida "indie" da man dos gañadores do II QUEIXO MAQUETÓN celebrado o pasado sábado en Arzúa, os vigueses Belöp. Myspace
E MAÑÁN SÁBADO:
Os ex-Lony de Teixeiro co luthier de Andabao, Toxo, ao baixo chámanse agora: MODERN DISCOVERIES, as xentes do Mandala, do Norfolk etc. de Teixeiro fan de novo un tributo ao rock en directo na SALA 600 a partires das 00.30 h.
Versións variadas de Nirvana, Queen,U2, Oasis, Coldplay, The Doors, Oasis, todo un espectáculo.

quarta-feira, março 10, 2010

TROIKAVideopresentación da nova adquisición da Ganadería Pereiro de Melide trátase de "Troika" unha egua frisona de orixe holandés adquirida recentemente en Ferroltera, fina onde as haxa, gañadora de varios certames de estampa e beleza.
Este équido conxuntamente co mais selecto gando cabalar da nosa comarca participará na III edición da Ruta Cabalar que organiza a Peña O Estribo de Arzúa este vindeiro sábado que transcurrirá segundo contan os seus organizadores polos "distintos camiños rústicos, por onde ían os nosos avós, e tamén parte do Camiño de Santiago" rematando a ruta cunha cea de irmanamento dos mais de catrocentas participantes procedentes de distintos puntos da comunidade así como alén de Pedrafita.

terça-feira, março 09, 2010

LOITAS OLÍMPICAS, PORCOS MORTOS, BARÓN E FERREIRO
A resaca da fin de semana deixounos novas ben dispares na Cerne de Galicia:

UN PORCO NO FURELOS
Texto e fotos: Xavier Pazo- Asociación Río Furelos-
----------------------------------------------
De cada pouco os medios de comunicación infórmannos da morte de grandes cetáceos en distintas partes do mundo, por ficaren varados a vontade nunha especie de suicidio. Este é comportamento para o que os científicos aínda non teñen explicación certa. E será que os nosos porcos comezan a imitar esa conduta e chímpanse ao río sabedores de que un día lles chegará o seu San Martiño? Isto ben a conto de que, despois das últimas enchentes, a retirada das augas deixou varado o corpo sen vida dunha porca morta na marxe do río Furelos, máis abaixo da ponte de Portochao, no límite con Santiso. Isto xa nos parece o colmo. Ante un espectáculo tan inexplicable para os tempos nos que estamos, optamos nesta ocasión pola ironía e o humor, non se deixar de dicir que o responsable de tal barbaridade é máis porco ca o pobre animal. Membros da Asociación de Troiteiros denunciaron o feito ás autoridades locais e comprobaron in situ que, quen a tirou, fíxoo con aleivosía porque se preocupou, antes de perpetrar o delicto, de lle retirar calquera elemento identificador. Os membros da Asociación, solicítanlle ás autoridades que retiren o corpo morto do animal antes de que a súa descomposición se converta nun problema medioambiental de maiores consecuencias dado o seu tamaño, e que fagan as pescudas pertinentes encamiñadas a descubrir o responsable. Non nos cansaremos de repetir, máis unha vez, o chamamento a todos os veciños da bisbarra para erradicar este tipo de comportamentos que, aínda que illados, poden ser tremendamente perniciosos para a saúde do Medio e dan de nós unha imaxe inculta e incivilizada

TIERRAS DE SANTIAGO
Cora Ayude gana en Melide el campeonato de lucha olímpica
Los jóvenes de la escuela local consiguieron varias medallas en el certamen autonómico júnior ·· Galardones en libre y greco-romana
MELIDE. J.R.
Los deportistas de Melide volvieron a dar la campanada el sábado en el campeonato autonómico de lucha olímpica junior (16 a 20 años) que se desarrolló el pabellón de A Martagona, de la localidad. La competición se desarrolló entre las 10.00 y las 13.30 horas, finalizando con la entrega de medallas. Los ganadores de este campeonato formarán parte del equipo que representará a Galicia en los próximos campeonatos de España, que se celebrará en Gijón, los días 27 y 28 de marzo.
En el caso de la Escuela Ayude de Melide, la gran vencedora fue Cora Ayude Pallas, que quedó en el primer puesto de la categoría de libre olímpica. Por su parte, en el segundo puesto quedaron Bruno Agra García (en libre olímpica y también en la misma posición en greco-romana), y Adrián Carril García, que quedó tercer clasificado en libre olímpica y en greco-romana. En la categoría por equipos la Escola Ayude quedó en el segundo puesto de libre femenina.

FERREIRO GAÑADOR EN ASTURIES
Rallyeracing.net
Jesús Ferreiro-Javier Anido en velocidad fueron los ganadores de la prueba " II edición del Criterium Solo Escort". La prueba, reservada a los históricos modelos MKI y MKII del Ford Escort se disputó en Cornellana.
En el apartado de velocidad, los primeros líderes fueron los locales ‘Lolo’ García y Javier Rodríguez, que con su MKII marcaron el mejor crono en el paso inicial por Las Nisales, por delante de los gallegos Jesús Ferreiro y Javier Anido, con un MKI. El equipo de Melide Competición se hizo a continuación con la primera posición de la general, mientras que los representantes de Pravia Autocompetición se veían obligados a abandonar por problemas de motor.
Tras completar los seis tramos con una espectacular conducción que hizo las delicias de los numerosos aficionados que presenciaron la prueba en directo, Ferreiro-Anido se adjudicaron la victoria final, pese a que un error en el penúltimo tramo pudo costarles el primer puesto ante el MKII de José Antonio López-Fombona y Agustín Ramos

BARÓN ROJO NA CORUÑA
Crónica do concerto
O sábado á noite tivo lugar no Colisemu da Coruña o único do concerto do Barón en Galicia con motivo da xira do seu XXX aniversario, que conta coa formación orixinal da mítica banda, Sherpa, Hermes e os irmáns De Castro a pesares das desavenencias que houbo entre eles nas dúas últimas décadas.

quinta-feira, março 04, 2010

VAI VINDO A PRIMAVERA
Arestora en Melide loce o anhelado sol, despois dunha intensa invernía por pouco que seña agradécese ver de novo os efectos do Lourenzo. Pero agora non toca falar de climatoloxía, senón do "tempo" da fin de semana que xa peta a porta.
Se o inverno foi repleto tamén o son, como xa vén sendo habitual, as actividades que se aveciñan para estes primeiros días de marzo. Como de cotío, o venres 5 de Marzo será un día de Cicloxénese explosivo, a pesares que desta volta A Fundación, e o Pub Gatos non teñen nada previsto.
Así a cousa vai de MONÓLOGOS, na Sala 600 ás 00.00 h. Evaristo Calvo, un dos compoñentes de Mofa e Befa, representará un dos papeis que facía en Air Galicia, O TURISTA MADRILEÑO.
Á mesma hora no pub Cult Room de Melide, actuación de CARLOS BLANCO.

Para os amantes do naipe,tamén venres gran campionato do xogo de moda, Poker Texas Hold`em, na cervexería 13. - All in ¡¡¡ -
O sábado e o domingo, a festa que sempre precede a primavera, XXV Festa do Queixo de Arzúa, con moitas actividades que podedes consultar na súa web oficial, entre as que destacan os concertos do sábado, cos franceses Rinocerose (rock con música electrónica)e o domingo toca folk, co sorprendente gaiteiro Anxo Lorenzo e os ourensáns Mutenrohi.
Á parte de todo o programa, eu destaco o deseño este ano do cartel, simplemente espectacular e imaxinativo obra do xovén arzúan multipremiado, Daniel Camino.

E para rematar o fnde, algo de deporte, o Cire desprázase o domingo a casa do líder para disputar as catro e meida da tarde un duelo co Queixas (Cerceda), no calificado polos siareiros da Liga da Montaña,como o PARTIDO DO ANO xa que os cinco puntos que separan os cercedenses dos de Melide, poden quedar en dous de gañaren estes, e tendo en conta que o Cire ten un partido menos, a victoria é clave para intentar ascender como primeiros, lembramos que o segundo xogaría a promoción. Todos a Queixas, Forza Cire ¡¡¡¡

quarta-feira, março 03, 2010

Guineypaltrow, ou como se diga

Con motivo dunha recete expedición de melidáns á casa de turismo rural "A Parada das Bestas" en Pidre (Palas de Rei) co gallo dunha despedida, comentei con algún destes que nese significativo establecemento a gañadora dun Óscar, Gwyneth Paltrow, cambioulle os cueiros a Antón, fillo de Suso e María propietarios deste local con encanto da nosa contorna.
A proba está neste video que vos deixo aquí abaixo, colgado no Youtube por Marcus.
É un fragmnto dun dos capítulos adicados a Galicia do programa yankee "On the road again", que a laureada actriz de Hollywood conduciu conxuntamente co coñecico cociñeiro italoamericano, Mario Batali, para descubrirlles ó público americano os sabores da cociña ibérica, e que se emitiu en España no Canal Viajar.

Se queredes saber mais botádelle un ollo a páxina web oficial da Parada das Bestas ou a esta entrada de xullo do ano pasado no blog de Marcus`
É que Palas é moito Palas, desde ministros ao mellorciño do "star-system" ¡¡¡

terça-feira, março 02, 2010

UNIVERSAL OCOPUSS FROM MELIDE
Agora que rematou o II Fórum Gastrónimo d Compostela aproveito para comentarvos o seguinte : seica din os grandes eruditos e gurús gastronómicos que o pulpo (o do polbo non acaba de convencer) onde mellor sabe é no interior e non na costa.
Para os que somos de terra adentro, e en particular do noso querido Melide, ésta sentencia soanos a unha obviedade e perogrullada tan grande ou mais que a Pena da Moura.
Unha das pulpeiras mais afamadas da cidade da Coruña leva precisamente por nome "A pulpeira de Melide" pertence a familia Charrancas con ascendencia aló por outro dos grandes referentes na cocción do cefalópodo, O Carballiño.
Se un acostuma a viaxar a cotío por esta rede de redes que é a Internete, e aínda por riba ten buscado algunha vez algo (información, imaxes, videos no youtube, etc) apostaría 99 contra 100 que se ten atopado co que é sen dúbidas o establcemento melidán mais coñecido alén das nosas fronteiras, a Pulpería Ezequiel.
Iso mesmo me aconteceu a min hoxe polo que rápidamente decidin compartir convosco o meu "descubrimento" e así aproveito para como diriamos en termos coloquiais "darlle vidilla ao blog", que a verdade é que lle fai boa falta.
Ezequiel,hoxe rexentada pola segunda xeración, despois da retirada do propio Aziquiel do Violo (como é coñecido por todos) e de Mercedes, non cabe dúbida, é o noso grande embaixador diante do mundo, pelegríns de toda raza e condición esforzanse en preguntar por onde cae ese punto maracado en bermello nas súas guías xacobeas.
Agora que se aproxima a primavera e ata mais aló do outono, non vai ser raro ver o grande local encravado onde remata o Cantón de San Roque e escomenza a Avenida de Lugo, convertido nun novo Babel de étilicos cantos, o duro Camiño a Compostela deixa paso a uns dos mellores descansos posibles, intres de farra disrutando do famoso Octopuss to Party, compartindo mesa cos vellos que veñen cobrar as suas pensións e os tratantes que xa fixeron feira.
Sirva este post de homenaxe a tódolos pulpeir@s que percorreron o país das mil festas e feiras con tan afamado producto e xa de paso a tódalas pulperías de Melide que hoxe elaboran tan exquisito prato e con tan boa factura (Alongos, A Garnacha, Mosquera, Curros, Mandil, Liñares, Tita, e seguro que me deixo moitos mais, que me perdoen.
A verdade é que da gusto ver xente de tódolos rincóns da nosa comunidade desprazarase a nosa vila cada domingo de mercado ou de feira grande coa excusa de dar unha volta e ó pasar o medodiía compartir unhas cuncas e o producto do mar en pratos de madeira, un turismo existente, e que habería que cuidar.
Deixovos este link que foi o motivo desta sentida actualización : preme aquí

segunda-feira, março 01, 2010

COMPAÑEIRISMO NA ALTA MONTAÑA, UN BO EXEMPLO
Pep Guardiola ,por todos coñecido, ten por costume motivar os seus xogadores con videos, por exemplo antes da final da Champions de Roma amosoulles unha montaxe épica relacionada coa película Gladiator.
Nas horas previas o partido deste sábado perante o Málaga o técnico catalán arengous os seus pupilos co visionado do documental "Rescate de Iñaki Ochoa de Olza" emitido por Canal Plus dentro do seu espazo "Informe Robinson" e gañador do último premio Ondas a programa de actualidade.
Para os que sintades curiosidade se tedes tempo recomendovos o visionado da peza, mreces a pena, aquí vola deixo recollida en tres anacos no YOUTUBE.



Se queredes saber mais preme: aquí

quinta-feira, fevereiro 25, 2010

ROSAS A ROSALÍA

Onte cumpríronse 173 anos do nacemento de Rosalía de Castro,a nosa mais grande escritora dende aquí unha pequena semblanza na man do grupo heavy do Morrazo "Astarot" que levaron ó seu terreo o poema "Airiños,airiños, aires" musicado previamente moito tempo antes polo insigne noiés Prudencio Romo, baixista e compositor dos tamén grandes: "Los Tamara".

Viñeta de Pinto e Chinto hoxe na Voz:

AI ROSIÑA¡¡¡

sexta-feira, janeiro 29, 2010

VENRES 29 DE XANEIRO FRENÉTICO
Na Sala 600. MEL-INDIE. Festival de música independente cos grupos Hollywater, Igloo e Maryland. Ás 00.00 h.
No Cult Room. Monólogo con Oswaldo Digón.
No Pub Gatos. Á 1.00 h. IN VIVO (Ex-Túzaros)
E na Fundación coido que hai algo tamén¡¡¡

sexta-feira, janeiro 22, 2010



Venres noite de monólogo e hardocore/metal/punk.
Ás 12.00 CÁNDIDO PAZÓ na SALA 600.
Á 1.00 LABAZADA no Pub GATOS.
Myspace de Labazada

quinta-feira, janeiro 21, 2010


DESERTO 547
Cinco dromedarios africanos e tres camellos asiáticos tinguiron hoxe xoves de exotismo o asfalto da N-547 ó seu paso por Melide contra ás duas da tarde.
Non se trataba dun retraso dos Magos de Oriente, o motivo real desta comitiva é a dunha "curiosa" peregrinación neste incipiente Xacobeo 2010.
A expedición vai comandada por oito peregrinos vallisoetanos e sevillanos habituados a traballar e convivir con estes mamíferos artiodáctilos.
Os exóticos animais, que na súa vida cotidiá labouran no cimena,actos publicitarios, festas, cabalgatas etc., chaman a atención por onde pasan dende que saíran de Tudela del Duero (Castea e León) o pasado día oito de xaneiro.
Non é a primeira vez que acude ó Camiño Francés unha peregrinaxe deste tipo, xa no anterior Xacobeo (2004) recalou na ruta unha caravana de catro dromedarios procedentes neste caso das Illas Canarias co motivo de promocionar o turismo no Cabildo da illa de Lnzarote.
Déixovos unha fotos de hoxe da entrada en Melide pola estrada de Lugo con dirección a Compostela dos citados pelengríns de catro patas:



catro dromedarios

sexta-feira, janeiro 15, 2010


Hoxe Venres 15 no Pub Gatos concerto do grupo RAIBA.
Despois de pasar por Faitunflai e Nao, volta co gusanillo do rap-metal o recoñecido Xavinho cun novo proxecto chamado RAIBA, acompañado de antiguos compañeiros de Faitunflai de Quiroga (Lugo). Unha da noite, entrada gratuíta.
Myspace

quinta-feira, janeiro 14, 2010

PRO ANO.....
"Xa que todo nesta vida acaba e fainos devanar a orella velis nolis, finarán ó cabo as noxentas pingas-pingas do derradeiro mes tan enlamugado co gallo de esfroitar o mes do branco luar a que nos convidará de gratis o mes das témeras xeleiras, ollando tamén a nidia albura da esquilfa neviscada que ornará os cumes dos alpeiros. Xa verás que tampouco serán esquías as longas noites e curtos días pra toupenexar un bo durmiñique ó amor da lareira cos tizós de carballo ben arroxados i esmoxicando"
Non, aínda non toleei, trátase dun prónostico do mítico almanaque agrícola "O mintireiro verdadeiro" para o mes de xaneiro de fai uns anos (Eu teño a sorte de ter unha ampla colección deles xa que sempre mos agasalla miña madriña polo Nadal)
Todo se acaba nesta vida dicía e a pasada semana tócoulle o turno o alma máter desta modesta pero exitosa publicación, fálovos do cura de Filgueira (Palas de Rei), don José María Regadío "Lakifil" (Este foi o nome que lle puxera a súa modesta imprenta onde o imprimía os primeiros anos).
"ISTE CALENDARIO É CHUSQUEIRO, ESCOTLIDO, GALEGO-CASTELÁN, PROFÉTICO, ENXEBRE, NOTICIOSO ARTIMAÑEIRO E TAMÉN BARATO"
Así rezaba embaixo da ilustración de dous paisanos parolando ó carón dun cruceiro.
Mais arriba lese PRO ANO TAL e así dende 1951.
Do "Mintireiro" chegáronse a vender 15.000 exemplares en toda Galicia (xa lle gustaría a moitos escritores chegar a estas cifras), sen contar o top-manta existente(copias ilegais que se facían e despois vendían).
Todo un fito para a obra deste párroco un auténtico persoeiro e personaxe do veciño concello de Palas de Rei.
Este proxecto editorial, con moitas similitudes co Gaiteiro de Lugo, naceu na rebotica palense de Don Eduardo Seijas e conta co estilo literario mais peculiar que te podes atopar diante dos ollos no noso idioma.
Ás sesenta, setenta páxinas de media do alamanaque son un caixón de sastre onde podes atopar de todo: adiviñas, contos, humor infantil, aforismos, sentencias, citas,refráns, as lúas do mes, mares,axiomas, chispazos,efémerides, as súas rebuscadas palabras en galego, as medidas de ferrado nos distintos sitios do país,os lugares das feiras de cada día nas catro provincias, as festas sinaladas de ano, calendario de fútbol, etapas do camiño de santiago,etc etc e por suposto un "atinado e enxebre" pronóstico do tempo mes a mes.
O Minteiro, o Gaiteiro de Lugo ... son exemplos desa conexión entre a literatura e os labregos de Galicia, a única lectura para algúns.
Poderíamos dicir que a pesares do seu claro anticlericalismo, Don José María ten algo de semellanza co lembrado escritor e xornalista ourensán do século XIX, Valentín Lamas Carvajal ,"O Tío Marcos da Portela" autor do "Catecismo do Labrego"
Agardemos que esta obra se sega publicando despois do pasamento do seu creador, o cura de Filgueira.
PARA SABER MAIS PINCHA AQUÍ ARTIGO DE "EL PAÌS"

quarta-feira, janeiro 13, 2010

O vigués Amir García gañou un concurso en Xapón de frikis-frikis que ven dez milllós de peroas cantando a canción de SonGoku :

segunda-feira, janeiro 11, 2010


A realidade supera a ficción. Os papeis interpretados, xa fai un lote de anos, porAnne Bancroft e Dustin Hoffman cobran vida na alta sociedade de Irlanda do Norte.
Que gran película "El Graduado" e que gran banda sonora de Simon e Garfunkel.

Versión dos Lemonheads

quinta-feira, janeiro 07, 2010

Xaneiro véu frío, ameaza a neve, cólgovos a composición videográfica que fixo Klalo nunha nevarada do pasado decembro no centro de Melide.

terça-feira, janeiro 05, 2010

segunda-feira, janeiro 04, 2010

EMPEZA O ANO CON MÚSICA EN DIRECTO
Despois do día 1, unha xornada marcada polos saltos de sky, concerto de aninovo, partidos de pádel... sí xa, e a resaca tamén, en Melide imos celebrar os Reices, primeira festa do ano, con música en directo.
Mañá martes día 5, amén da tradicional Cabalgata polas rúas melidenses e dos Cantos de Reis polas tabernas da Agrupación Castelo, bueno é o costume, HERBA GRILEIRA, chegan a Sala 600, os cultivadores das festas, FESTICULTORES TROUPPEArredor das 00.30 os Reis de Magos de Allariz prepararán nos asentos traseiros do 600 a súa próxima vista, este mes de xaneiro, ó festival que organiza Emir Kusturica na súa terra, Serbia. O KÜSTENDORF 2010, devolvendo visita, xa que a No Smoking Orchestra de Kusturica estivo o pasado setembro no Reperkusión de Allariz. A tropa de 1008 and company promete festa a esgalla. Música balcánica e rumaníaca a tope ,ritmo triturador¡¡¡
E o mércores día 6 de xaneiro, un dos grandes guitar-hero da historia do hard-rock (e non é tan esaxerado isto como parece) fara marabillas coas seis cordas. Será un eercicio de teletransportación, é o Gatos será o Marquee de Londres en plena explosión aceirada, un mar de cornos impedirá a visión dende a zona do fubolín, a comunión entre grupo e público será total e o concerto será marcado en vermello na xa lustrosa lista de bandas que pasaron polo local sito entre as rúas Galicia e Emilia Pardo Bazán.Que non cho conten ¡¡¡
MÉRCORES 6, DÍA DE REIS,Á 1.OO h. ADAM BOMB NO GATOS. Escoitao no seu myspace
Adam Bomb vén dende New York City (aínda que antes pasando por Cuenca).
Decirvos que Adam Bomb foi guitarrista de Motorhead e participou como guitarra solista no derradeiro disco en solitario de Jonh Paul Jones (mítico baixista da non menos mítica banda LED ZEPPELLIN). UNHA DA NOITE, ENTRADA GRATUÍTA NO GATOS.

sábado, setembro 26, 2009

Colgo estes videos do programa Bos Días da TVG no que colabora os venres o melidense Marcus Fernández. Marcus despexa dúbidas relacionadas coas novas tecnoloxias con moita solvencia e axilidade. Noraboa Marcus por este salto á pequena panatalla ¡¡¡¡


domingo, setembro 20, 2009


VIDEOS DO I RALI HISTÓRICO DE GALICIA. TERRA DE MELIDE
Primeiro de todo felicitar a organización do rali polo seu gran traballo e alentalos para que sigan facendo estas actividades tan interesantes para Melide e comarca. Numerosos afeccionados acudiron a nosa terra, tanto o venres coma o sábado ateigando as prazas hoteleiras e aprovisionándose de productos típicos ademais, de por suposto, presenciar un rally, como definiu o laureado campión -español e europeo-Antonio Zanini, "un rally, como los de antes".
Ademais do piloto catalán, a nómina de figuras estaba compasta por: Luis Moya (copiloto de Rumbo), Antonio Sainz (irmau de Carlos), Fernando Dameto (mallorquín campión de España 2008), Joaquim Santos (espectacular campión portugés) e un grande elenco de pilotos amantes dos coches históricos que participaron con mimo polas pistas melidás.
E como non o home que desafiu o dito que di "ninguén e profeta na súa tera", o noso grandisimo campión Xesús Ferreiro, que se adxudicaba o rallye guiando un Ford Escort Mk1, seguido de preto por un gran Muniente copilotado cun home da terra, Jordan de Barazón coa mesma montura e último chanzo no podio para Antonio Sainz cun Ford Escort Mk2.
Destacar tamén a magnífica web que informou puntualmente e on-line de todo o que sucedeu este fin de semana.
Estos son os videos que xa hai colgados en youtube:

Entrada de Ferreiro no ateigado Pazo de Congresos de Melide o venres a noite na Super Especial Palladium.