quarta-feira, fevereiro 22, 2006


FESTA ANOS `80 NO TRECE.

Pois eso que este venres de antroido todo o mundo o trece a desenpolvar os máxicos oitenta.Todo dende o noso benquerido Maradona ata os reloxios casios water resistant 60 m, ten cabida nesta festa e agardemos que Iván poña prezos tamén dos 80. jeje
A música tamén non vai ser a habitual que se pincha neste mítico local senón que sonará unha selección dos grandes éxitos daqueles anos dende os grupos da movida a "stars" internacionais. A decoración do local tamén variará convertendose nunha Sala de Fiestas al uso, con reservado de sofás, bolas de espellos, luminotecnia etc etc, Pois eso no te lo pierdas neno.

quarta-feira, fevereiro 15, 2006



NOTA DE AVISO DE ROUBO DE BAIXO ELECTRICO...

Pois eso , que lle roubaron un baixo eléctrico a un colega. É un fender americano, de cor azúl clariño, e co mástil de arce...

se sabedes de algún por aí, que se venda, etc,..., deixade aviso por akí. Por favor.

Aínda que sabemos que é casi imposible recuperalo, temos a esperanza. (máis que nada polo seu alto valor sentimental que polo económico , que tamém o ten).

MOITAS GRACIAS TI@S...e acabemos cos fillos de cadela que se adican a foder aos músicos que as pasamos canutas para seguir adiante co noso hobby... Que rouben aos banqueiros....

Riki: Ista é unha mensaxe que chegou a páxina, así que xa sabedes, se vedes algo raro en relación con instrumento de 4 cordas dar un avisiño. Gracias tios.

terça-feira, fevereiro 14, 2006


O Cire vence o San Martiño pola mínima.

Nunha tarde preciosa o equipo de fútbol de Melide gañou 1-0 o San Martiño´s, gol acadado por D. Costoya. Nun partido gris e de pouco fútbol os melidâos controlaron en todo o momento a situación inclusive cando perderon por cartón vermello o seu capitán Alberto Prado. Nun bon partido en defensa e con boa aportación de tódolos seus homes a escuadra de tonecho xa ten 15 puntos, algo impensable no último decenio onde dábamos vergûenza polos campos adiante. Hoxendía hai un bo proxecto e agardemos que escomencen as obras do novo campo para poder ter a cutro ou medio prazo un equipo campión como nos vellos tempos, xa choveu. A nota negativa da xornada foi a lesión de Jhecho nunha mala caída onde rachou a boneca da man esquerda. Mala sorte para un zurdo coma el.Desexámoslle pronta recuperación.

sexta-feira, fevereiro 10, 2006




ABURIÑO, SIR PACO, LA CURUÑA DISQUE ESTA TRISTE, RECUERDOS A RATZINGER Z.

sábado, fevereiro 04, 2006


MUDANZA DE PLANS NO QUEIXO

Como ben nos informa o noso correspondente na vila do queixo, caése Chambao do cartel e sustitúeos Marlango, xa sabedes a formación en plan jazz-movida tranqui-tom waits da actriz Leonor Watling e dous coleguillas. Que pasa co rockandroll, morreu?, nada macho, as jitarras non estan de moda e a cona.
Eu coido que Marlango estan de puta madre, pero nun auditorio ou nun sitio pechado cun ambiente tal pero pra unha noite de sabado no campo da feira de arzúa, van pasar mais frio que un ruso sin vodka. O mesmo rollo que con Chambao, que tamen estan ven, pero xente que os viu en directo dixome que un pouquinho trapallada. A ver que pasa. Nos tentaremolo pasar de puta madre e o detalle de que estea a Lamatumá é un puntazo.
Cartel extraído da páxina web da productora de Marinho, Spanish Bombs.

quarta-feira, fevereiro 01, 2006



Programaçâo do Jatoperio para este mes, menos mal que é pequeno (o mes digo)

Nani informa:
Tachán, tachán, o informador persistente ataca de novo, unha vez máis o planeta vese amenazado por unha invasión de rocanrol procedente da reserva india do PUB GATOS (Wichita-Melide) e que se extenderá ó longo de todo o mes de Febreiro, mes do noso querido antroido (ai, ¡cántos antroidos andan por ahí!).

A primeira operación especial da invasión terá lugar na referida reserva o Venres día 3 co punk rock de andarporcasa dos vigueses ESSENZIA DE LAPPO (o de andar por casa e porque tocan en pillama e bata) acompañados dos dezanos KASO APARTE, que máis concretamente e conforme á súa cartelería fan porkarrada dende Dozón, a festa sonora está garantida e prevese infrinxir moitas baixas ó enemigo (probe Bisbal)

O Venres 10 descansaremos un pouquiño para recuperar forzas e así o Venres 17 atacaremos de novo dende esta reserva ó son dos madrileños BUEYES PERDIDOS que provocarán unha auténtica estampida de rock ó máis puro estilo de Tequila e Los Rodriguez. Será demoledor para as forzas expedicionarias dos bacatas (Desta vez forzaremos o exilio definitivo de Modern Talking).

Para rematar e xa moi preto do noso querido Don Carnal (Ricki non te disfraces de Danny de Vito que te recoñecemos) chegará un grupo do sur da provincia de Pontevedra (non sei concretamente de dónde) presentádose coma os brilantes vencedores do certame NOVOS TALENTOS de Agosto do 2.004, eles son: HEISSEL, que despois da batalla do Festivaal do Norte garantizan unha nova victoria sobre a música comercial, ca súa mestura de funky e pop-rock o que fará que as huestes contrarias emprendan unha veloz retirada (Busta: estás rodeado.Non che queda outra que fuxir para a formigoneira)
Ja,Ja,Ja, a victoria definitiva está preto, nunca tantos lle deben tanto a tan poucos (frase dita polos cheas de Melide ós taberneiros do pobo).

Coma sempre os concertos son a partir da unha da mañá e ca entrada totalmente de balde. Graciñas a tod@s, e nunca empreguede-la violencia. NON A CALQUER TIPO DE GUERRA. Saúde e moito r´n´r. Nani.

pd: fOTO DO CONCERTO DE kertuler, grupo de noia, admiradores da música popular. NBA.


Este é o cartel "oficial", bueno que opinades da edición deste ano?, frouxa, quente, extraña, falta alguén, faltan tantos?, agardamos as vosas respostas>

terça-feira, janeiro 31, 2006


XXXI FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA. 3,4 e 5 de Marzal

Xa sabemos quen van estar na trixésimoprimeira festa do queixo da nosa vila veciña, o Venres quentaran motores a Rondalla Moraima, Fol de Veneno e Mini e Mero(ex-Fuxan os ventos, membros da Quenlla e historia viva da nosa terra), o sábado pola noite Muchachito bombo infierno, Chambao(este si é o enlace bon) e Lamatumbá, asi que se fai frío abofé que nos quenceremos ben tanto co catalán como cos andaluces coma cos ourensás, ilustres coñecedores da nosa comarca e xente festeira de primeiro orde.
O Domingo, sesión folki, Xochilmica, e Milladoiro, xente nova e veteranos ilustrísimos pra darlle o peche a esta edición. No pregón estará Carlos Blanco un dos mellores en todo o que fai(dende a radio, a actuación, os contos, etc etc).
Así que xa o sabedes o primeiro fin de semana de marzo todos a Arzúa.

PD: Na foto, Lamatumbá o 12/9/2004 en Melide, no San Caralampio, patrono etílico máis un espontáneo.
Foto feita pola comisiâo do SanQueremos de Vilantime, outra festa inesquecible.
Thank you Sexto por tudo, e non dou feito eso tan interesante dos links, se alguén o sabe que mo diga meus, sauddeeeee

segunda-feira, janeiro 30, 2006




No Fashion, nova tenda virtual galega na rede.

Recomendovos este link, no fashion é unha web na que podes mercar camisolas, bolsas, gorras e bisutería feita en Galicia.
Non dubides en visitala e se che gusta algo xa sabes compraaaa, veña meus.

segunda-feira, janeiro 23, 2006


Pólvora mollada no derby da montaña, reparto de puntos e cada un pra casiña, e crónica da fin de semana.

O match entre o Cire de Melide e o Boimorto, disputado na Cerne da Galiza, rematou en táboas despois que os dianteiros das duas equipas erraran numerosisímas ocasións craras de gol. O envite rematou en 0-0, pero tranquilamente se poido ver un resultado mais abultado, xa que os paus e os traveseiros repeleron multitude de balóns guindados polas duas escuadras.
Nunha tarde magnífica para a práctica do deporte rei, e cunhas condicións de terreo de xogo(a ver cando escomenzan as obras, de momento todo sigue igual) dignas pero xa preocupantes pola agua que caeu en dias pasados o Centro Instructivo Recreatico Educativo de Melide conqueriu un puntiño que o segue sitúando terceiro, pero mirando dende abaixo, na clasificación do grupo IV da 3ªRexional galega.
Destacar coma sempre a Nacho de Burres pola súa voluntariosiade e ganas, este home é incombustible, un pura sangre, ós dous porterios que xogaron(Sesar e Perilla), tamen coma sempre a Jhecho, mágoa que os arbitraxes non sexan mais xustos, e a Mulero que a pesares de errar en boas posicións, non é menos certo que el creou esas vantaxas e aínda por riba fixo unha chilena tremebunda, eu diría que máis espectacular que as de Hugo pero non me creeríades, que bateu no longueiro. Pra semán que ven toca descanso, ánimo rapazada e coller impulso que esta segunda volta é a nosa.
No ámbeto baloncestístico, pouco que comentar, perdimos en Lugo de mais de 10 puntos e seguimos cuartos.
E no eido do Gatos, vin un pouco da actuación de Window Pane de Ferrolterra, bastante ben, sonido bon, guitarra contundente, voz poderosa e destacar a marabillosa (en galego e con b, non?) baterista que tiñan, a mais de un relembroulle sensacións que tiñan esquecidas.
Non se perder este Venres, os nosos amigos e veciños Porka Miseria que telonearán a banda balear de Punk, Síndrome de Abstinencia.
E xa para rematar ,que me fago moi pesado, e en verdade sono, Xurxo Souto, director de programas da Radio Galega e conductor do programa da Radio Galega "Aberto por reformas" que se emite de 4 a 5 da tarde de luns a venres, na súa labor de divulgador e expansionista da música galega, tivo a ben poñer en antena para todo o mundo, escoitase tamen por internete, a fascinante banda de rock da montaña, así o dixo el, ITH. Se tes un grupo ou coñeces alguén que o teña fan música en galego e teñen algunha maqueta non dubides en mandarlla.
Aledóme moito que soaran, e doulle as grazas a Xurxo por esa querencia por saber que se está a facer non país no eido musical e polo seu interese en promocionar grupos á marxe do sistema de sempre(radiofórmulas, prevendas etc ...
Veña meus

quarta-feira, janeiro 18, 2006


CONCERTOS NO GATOS PARA O QUE QUEDA DE MES

Coma sempre dende a páxina do pub de Nani: www.pubgatos.tk informanos dos concertos para Xaneiro, atención que tocarán PORCA MISERIA dende Melide próximamente. ok?.
NANI:Venres 20 de Xaneiro: Dende Ferrol chega unha banda cun longo historial nas distintas salas de Galicia, chega o contundente metal de WINDOW PANE, será a hostia

Venres 27 de Xaneiro: Xogan de novo na casa os nosos queridos amigos de PORKA MISERIA (Melide-Wichita-Ohio-Furelos)pero desta vez non veñen solos senon acompañados de SINDROME DE ABSTINENCIA, banda mallorquina que aterrará no Gatos para facer uso de toda a enerxia que o seu punk rock permite. Por certo é unha banda con varios discos no mercado. Así que xa sabedes, para despedilo primer mes deste recén comenzado 2006 doble sesión de punk-rock no Gatos. Esperámosvos.

Coma sempre a entrada será de balde e a hora do comenzo rondará a unha da mañá. Graciñas a to@s pola vosa paciencia , saúde e moito r´n´r. Nani.

terça-feira, janeiro 17, 2006



MALA TARDE DE DOMINGO

Boas, o Cire de Melide perdeu este domingo na casa perante o Queixas, segundo clasificado do grupo IV da terceira rexional galega por 1-3, o gol meliâo acadouno Domingo Costoya. Eu non poiden asistir o encontro por mor de ter que disputar en Meira (lugo) onde nace o Miño un encontro da primeira provincial de baloncesto co CB Palas, que por certo tamén perdimos, pero todo isto non ten ningunha importancia comparado co suceso acaecido na tarde dese domingo no campo do Galegos en Frades onde dous xogadores do Sobrado foron agradidos por membros do equipo local, o central e o adestrador-delegado no encontro Galegos-C.A.Sobrado.
Agardemos que isto non volva suceder en ningún campo.
Tedes mais información se vos interesa eiqui e na páxina web do Sobrado tamen tedes un foro espcial para expresarvos. Este. Sen máis e desexando pronta recuperación ós afectados, Xogo limpo e Amizade neses campos de dios do noso país, Fútbol=Festa, Deporte=Ledicia, antes do resultado están as relacións entre persoas e poboacións.
Tarde de domingo, diversión e partidos en "boa lid", ok?, esa é a miña opiniâo.

terça-feira, janeiro 10, 2006


Outro punto máis para o Cire, nun campo díficil.

Nunha tarde magnífica e cun sol radiante, e baixo ó final. O Club Cire de Melide acadou o seu segundo empate deste ano fronte ó Encrobas.
Outro punto máis para un equipo que esta dando a cara e xogando cunha grande dignidade dende fai xa bantantes datas, poderemos perder, gañar ou empatar pero o Cire este ano loita, brega, sinte as cores e tenta xogar o futebol o mellor posible.
Hai que darlle a noraboa a esta nova xeración que será a encargada de darnos grandes alegrías asi como vaian tomándolle o pulso a esta dura categoría e asi comoa vain collendo experiencia e picardía. No estrictamente futbolístico escomenzamos gañando, coma sempre. Habería que mirar como iríamos na clasificación se só se contasen as primeiras partes. Seguramente entre os 4 primeiros. O gol foi acadado por Julio, que este domingo reviviu as súas mellores tardes cos xuvenís. Cunha grande sangre fría regateou o porteiro na área pequena e acadou o primeiro da tarde. Despois empatarian os cercedenses. Posteriormente un penalty sobor da nosa figura, Je, foi lanzado por Diego ó fondo das maias. O terceiro foi obra tamén de Julio. O Encrobas reaccionou cun penalty moi dubidoso, dos que en cada partido hai infinitos e empatou con moita sorte e cun pouquiño da nosa axuda. Dende aqui darlle ánimos a Carlos Sesar, que só leva dous partidos e xa tivo moitas intervencións de mérito. Faltalle un pouquiño de confianza. Polo demais o terreo de xogo en inmellorables condicións para a práctica deo balompé e dicirvos que o campo téñeno ó carón mesmo de onde gardan o carbon os Reies Magos. Na central de Lignitos de Meirama, de Unión Penosa. Non, non vimos a Florentino por ningures. De fondo viamos mais fume, e conforme a lei antitabaco hai que andar a tino, menos mal que o chofer do Mosquito, vaia fenómeno, díxonos que se trataba da SOciedade GAlega do Medio Ambente, que ten en Cerceda unha das súas plantas. Xente de Cerceda, Bocixa, estades arrodeados por tódolos lados e despois fanvos parques acuáticos pra compensar. Xa nos 70, Fuxan os Ventos protestará polo levantamento da central cun tema escrito por Manuel María, "Onde a loita se chama Encrobas", e non moi lonxe de onde xogamos o domingo a cidadanía revelouse, nunha época onde non era doado, contra o gran capital e o progreso malententido cun amor a terra que quedara por sempre nas vindeiras xeracións. Se queredes saber máis sobor da loita das Encrobas. Pinchade eiqui

quarta-feira, janeiro 04, 2006


ESCOMENZAMOS O ANO CON CAÑA DA MONTAÑA

Boas a todos, agora que parece que pasou a reseca ven o turno de escribires algo. Pra empezar bo ano a tod@s, e que vos parece si o escomenzo cunha promesa que fixera xa fai algunhas lúas. Xa colguei os temas da maqueta do grupo da comarca coruñesa da Montaña (Mesía, Frades, Boimorto....), ITH, a banda do luthier de Boimorto Toxo(baixo neste grupo),Miguel Folgueira na batera,dos Anxeles,
e dos guitarristas, Miguel de Xanceda e Pablo de Abellá, o cal pon a voz amén de zoupar nas seis cordas.
Para min son moi bos,o corte que mais me gusta é o de Depresión, no que recorda na súa introducción ós mellores Iron Maiden e no seu desenrolo os Suaves da etapa-Cereijo. A letra, unha delicia. Disfrutádeo meus.A mágoa e que non me entrou enteiro faltalle un pouqechiño, a ver si o dou arranxado, pero para abrir boca, vale.
Este é o link pra escoitalo: Ith-Depresión.
Os outros dous temas son, Que morran, unha versión dun tema da cantautora latinoamaericana, Olga Manzano, Que se mueran. Unha balada maxistral, e O bufón, cunha intro de Miguel na batería, e unhas guitarras sen distorsión, que daran paso a boa voz de Pablo e aos solos fantásticos de Miguel Iglesias de Xanceda.
Pinhcade e escoitadeos: O bufón e Que morran¡¡¡¡.

sexta-feira, dezembro 30, 2005


"SI, SI, SI, O PRÓXIMO EN MILLÍ"¡¡¡

"´REMATOU O SOÑO, ESPERTAMOS"
Galiza ou Galicia, como queiran, debutou neste terceiro milenio con vicoria fronte a Selección bicampiona do mundo, Uruguay.
Ö partido xa estaba gañado de antemao vendo o ambietazo que había en San Lázaro nunha tarde-noite propia do noso benquerido país.
Supoño que a estas alturas xa estaredes informados de quen marcou os goles e todo eso. Nano (atinou Victor) e dous o mesmo Deus. (3-2, maquillaxe uruguaya ó final)
No que respeita a "excursión" dos de Melide, dicirvos que trasladamos o esprito do San Caralampio as inmediacións e ó propio San Lázaro, montando incluso unha carpa no céspede dunha glorieta enfronte do mesmo Fondo Norte, coa axuda de dúas vallas que nos cedeu gratamente un policia, unha farola, unhas estacas e un Peugeot 106 que habia aparcado ali cerca. Impresionante, a xente pensaba que se trataba dun Chiringuito-Taberno e viñannos comprar cervexa e emapanada pero ó ver os precios desorbitados que pedíamos non tivemos moito éxito, eso si invitamos a todos os que pasaron por alí que non foron poucos: os da "Compañía do Ruído" de Ribeira, un grupazo, o deseñador da bandeira galega coa vaca e locutor no programa de radiovoz "Zapping" Antón-"Anthony"Lezcano,un grupo de seguidores vigueses con "cornos" incluídos (un deles quería entrar pà dentro e un dos colegas díxolle "Tranqui neno, que a festa do Fondo Norte esta agora mesmo eiquí cos de Melide" e un longo etcetera de persoeiros/as.
Despois entramos ó campo, onde nos surtiron de material pro-galaico a esgalla, libro de contos da mellor selección literaria, manguitos azuis e brancos pra meter bulla, bandeirolas autóctonas, xornais feitos pra ocasión etc.
Situamonos no corner con preferencia, sabendo que a parte de ser un bo sitio entraba en tódolos tiros de cámara xa que as cámaras da tvg estaban de fronte.
Colgamos a pancarta, que artistas son os que o fixeron, parecían profesionais.
Cagamonos un pouco na lexislación dos espectáculos deportivos porque tiñamos no autobus 15 caixas de quintos agardando e nos a secano de todo.
E pouco a pouco veu o partido, o speaker que era o do Breogán (un fenómeno no Pazo de Lugo pon a toda a xente arriba) avisaba que "Xa ven, xa chega a Selección Galega" e chegou, emoción a raudais á hora dos himnos, oye que bonito é o uruguayo (parece das pelis de vaqueiros). E escomenza o espectáculo. Perdímonos o primeiro gol, a parte de pola néboa e polas bengalas dos "Siareiros GAlegos" que estaban no fondo sur proque nese momento estabamos cantandolle a unhas rapazas que iban pola pista de atletismo "A por ellas oe oe". Entonamos os cánticos de rigor "Oe, oe eo oe eeee", "galiza ...", "o miúdiño", "a rianxeira", algun acordouse dos que estaban antes e outro dos que aínda estaban antes e así che foi.
Cada fotografo qeu pasaba o noso carón pola pista disparaba unhos cuantos flashes. Así é que saimos en toda a prensa do país. La voz, faro de vigo, el correo, galicia hoxe, dxt campeon etc. Tamén saímos na tele en tódolos corners, e incluso os nosos cánticos nun micro de ambiente que levaba un operario o redor do estadio, cando parou onda nos, SI SI SOMOS DE MIILLÍ, e Melide con gGaliza e co queixo da nabiza escoitaronse nos fogares de 300.000 galegos, aprox. que estaban seguindo a branquiceleste.Soupémolo o momento por que a tecnoloxía avanza e os móviles son a oxtia.DEspois do partido novamente a carpa e despois a ver os concertos que organizaron "siareiros" un pouco mais abaixo do estadio ó caron do Pazo de Congresos e do hotel Puerta del Camino. Tocaron "Os tres trebóns e o vendaval do rosal" o grupo de Xurxo Souto, Antón e Amil dos Papaqueixos e Lourenço o vendaval do rosal amigo da terra de melide.Só lle vimos tres pezas entre elas "NArcotraficante", "licor café" e un corrido. Ben. Despois tocoulle o turno a "DAndy Fever" que probablemente se despediran nesa data. Estiveron moi ben, moito mellor que cando estiveran en Melide con Lamatumbá. Un bon ska si señor. E despois tocou Skarnio, no descanso do concerto fíxolle unha homenaxe a Nacho que subiu o palco recoller un detalle. Nacho foi escueto, deu as grazas e marchou. Nós sacamonos unha foto con el, cando a teña poñoaa. E díxonnos voume meus, que me agardan na cea.
Tryp San lázaro. A 100 metros dos concertos. E despoois viñemos pra terra.
Ah, o speaker. Bueno algo queimouse cando dixo, "CAña, caña o próximo contra España", previament dixera "Si, si , si...." e nos xa saltamos somos de millí, e connosco todo o noso sector. Despois enteramonos que era Si si si , o próximo BRASil.
Bueno, de hoxe un ano e daqui alí moitas veces. Boa noitevella a tudos meus.

quarta-feira, dezembro 28, 2005


XA QUEDA POUQUINHO MEUSSSSSSS¡¡¡¡
Adiante Galicia ......


A falta da foto da pancarta que fixo Emilio (que crack) para o gran partido (6 x 3 m2) fixena no Paint mais ou menos como quedou.
Como non o berro de guerra "Sí, si, somos de Millí" un clásico xa que incluso sae nos agradecemtos do libreto do último disco de Lamatumbá "lume para que saia o sol", os ourensanos unha xente que coñecimos en Sobrado.
E o "Melide coa Galiza e co queixo da nabiza", onde quedan claro dous dos nosos grandes amores. VEñaaaaa. Uruguay que guay para guai Galiza.

terça-feira, dezembro 27, 2005


CB PALAS. OUTRO ANO MAIS.

Hola que tal, o Nadal que?, coma sempre, agardo que sin mais novidade de que a Botella de Anis del Mono, elemento percutivo por natureza, aguantara outro ano mais sen romper apóis da fricción que lle premeu a culler de turno.
Xa que recibin un Comentario de Vitorino Órdoñez de Palas, decíndome que o tema moi ben pero que do Clube Baloncesto Palas nada.
Pois voume desquitar logo. Decirvos que xogo no CBPalas dende a tempada 1998/1999, polo tanto e se boto ben as contas esta é a miña octava tempada defendo as cores dos da Ulloa(como pasa o tempo). Debutei con eles, con 19 anos, en Primeira División Autonómica(desposi de que o equipo conseguirá o ascenso na tempada anterior), e en fronte tiñamos a equipos da talla de Maristas-Lugo, CB Monforte, CD San Ciprian, Siglo XXI-Galicia, San Rosendo-Ferrol, CB As Pontes, Atlantico Coruña, Atako Pub-Lugo, CB Galicia-OAR Ferrol, Conchado y asociados, Estudiantes, AP Cambre e CB Sto. Domingo de Betanzos.
Baixamos, aínda que tiñamos un bon equipo, as lesións, o pouco adestramento e os compromisos persoais e laborais fixeron mella en nos e quedámonos a unha victoria da permanecia. Foi unha experiencia única xa que aquel ano e na aquela categoría enfrontamonos a equipos que agora estan na Liga EBA , equipos históricos (Oar ferrol)-xogamos contra eles un domingo ás 12 da mañán na Malata-tipo ACB, e contra un equipo de xente nova e de promesas do basquet nacional que era o Siglo XXI de Lugo, que daquela adestraba o ex-seleccionador e actual adestrador do Breogán, Moncho Lòpez, e que tiña nas suas filas a un Chantadino larguirucho que non xogaba moito, anos despois soupemos que era Fran Vázquez, xogador do Akasvayu Girona e seleccionado no Draft da NBA polos Orlando Magic.
Na 99-2000 xogamos na Primeira División Provincial de Lugo (hai 3 categorías) e dende aquela seguimos estando nela, sendo un dos históricos da competición.
O noso mellor posto destes anos foi un 2º de fai tres tempadas, onde fumos líderes boa parte da competición. O habitual en nós e facer o mesmo número de derrotas e victorias e manternos no medio da táboa, máis o ano pasado faltalle un pouquichiño pra baixares.
Neste ano empezamos perdendo con estrépito con Milagrosa, unhos vellos coñecidos que sempre estan ahi arriba e este ano van claramente a polo ascenso, perdimos de moito no pavillón da antiga Frigsa en Lugo, un recinto onde non nos gusta xogar nadiña xa que ten unha pisicina climatizada embaixo e sube o calor ata a pista facendo moi dificultosa a práctica do deporte. Reaccionamos e gañamos cómodamente na casa ó Celtas de Foz. E no último partido disputado voltamos saborear a victoria perante o Chantada na sua pista, por só 3 puntos de diferencia. Actualmente imos cuartos empatados a puntos co primeiro, a falta de disputarse un encontro entre o Y Que dure(Pub de Lugo) e o Deportes Élide no que presumiblemente gañen os outros candidatos claros o ascenso os Y que dure.

quarta-feira, dezembro 21, 2005


PROGRAMACIÓN DO GATOS PARA OS SEGUINTES VENRES.

Vaise acabando o ano e xa están as uvas e o cava preparado, pero sempre celebraremos que no PUB GATOS hai concerto, cousa rara ¿non sí?, así que a espera de pechar uns flecos para informaros do que acontecerá en Xaneiro vou relatarvos os que restan deste mes de Decembro, derradeiro deste ano de 2005 (estou profético).

Coma aperitivo da Noiteboa e dando un xiro ó que estamos acostumados no Gatos o Venres 23 faremos unha gran festa co grupo de música tradicional "OS MELIDAOS", que como ben indica o seu nome son de Melide aínda que sempre hai algún infiltrado, ¿verdade Xele?. Non se descarta que preto do fin da actuación a cousa se desbarre un anaquiño e apareza algunha que outra "jitarra eleutrica" e "janas" de festa a esgalla. Rum, rum, rum ...suspense, suspense..haberá que estar para comprobalo.

E o Venres 30 para despedi-lo ano no que a concertos se refire, qué millor que facer unha grande homenaxe ó rock and roll, e para elo nada millor que versións das millores bandas e intérpretes da historia: Doors, Led Zeppelin, Janis Joplin, Rollings Stones, AC/DC, Eagles, Stepenwolf..etc que estarán maxistralmente interpretadas polo grupo coruñés THE MITICOS, agora xa se sabe de qué ven o nome. Despois desto creo que as uvas correrán millor pola miña gorxa o día seguinte, ¿non vos parece?.

Coma sempre a entrada será de balde e comenzará todo o tinglado a partires da unha da noite.

Nada máis, para este ano chegou, así que non vos dou a tabarra ata o ano que ven (uf que alivio diredes).
Pero antes de que acabe este voltarei a tolearvos cos de Xaneiro, ¡qué mentireiro son!, ja, ja, ja

Que teñades tod@s moi boas festas e o ano que se aveciña supere con creces este que abandoamos. Saúdos e moitismo r´n´r. Nani . www.pubgatos.tk