sexta-feira, dezembro 30, 2005


"´REMATOU O SOÑO, ESPERTAMOS"
Galiza ou Galicia, como queiran, debutou neste terceiro milenio con vicoria fronte a Selección bicampiona do mundo, Uruguay.
Ö partido xa estaba gañado de antemao vendo o ambietazo que había en San Lázaro nunha tarde-noite propia do noso benquerido país.
Supoño que a estas alturas xa estaredes informados de quen marcou os goles e todo eso. Nano (atinou Victor) e dous o mesmo Deus. (3-2, maquillaxe uruguaya ó final)
No que respeita a "excursión" dos de Melide, dicirvos que trasladamos o esprito do San Caralampio as inmediacións e ó propio San Lázaro, montando incluso unha carpa no céspede dunha glorieta enfronte do mesmo Fondo Norte, coa axuda de dúas vallas que nos cedeu gratamente un policia, unha farola, unhas estacas e un Peugeot 106 que habia aparcado ali cerca. Impresionante, a xente pensaba que se trataba dun Chiringuito-Taberno e viñannos comprar cervexa e emapanada pero ó ver os precios desorbitados que pedíamos non tivemos moito éxito, eso si invitamos a todos os que pasaron por alí que non foron poucos: os da "Compañía do Ruído" de Ribeira, un grupazo, o deseñador da bandeira galega coa vaca e locutor no programa de radiovoz "Zapping" Antón-"Anthony"Lezcano,un grupo de seguidores vigueses con "cornos" incluídos (un deles quería entrar pà dentro e un dos colegas díxolle "Tranqui neno, que a festa do Fondo Norte esta agora mesmo eiquí cos de Melide" e un longo etcetera de persoeiros/as.
Despois entramos ó campo, onde nos surtiron de material pro-galaico a esgalla, libro de contos da mellor selección literaria, manguitos azuis e brancos pra meter bulla, bandeirolas autóctonas, xornais feitos pra ocasión etc.
Situamonos no corner con preferencia, sabendo que a parte de ser un bo sitio entraba en tódolos tiros de cámara xa que as cámaras da tvg estaban de fronte.
Colgamos a pancarta, que artistas son os que o fixeron, parecían profesionais.
Cagamonos un pouco na lexislación dos espectáculos deportivos porque tiñamos no autobus 15 caixas de quintos agardando e nos a secano de todo.
E pouco a pouco veu o partido, o speaker que era o do Breogán (un fenómeno no Pazo de Lugo pon a toda a xente arriba) avisaba que "Xa ven, xa chega a Selección Galega" e chegou, emoción a raudais á hora dos himnos, oye que bonito é o uruguayo (parece das pelis de vaqueiros). E escomenza o espectáculo. Perdímonos o primeiro gol, a parte de pola néboa e polas bengalas dos "Siareiros GAlegos" que estaban no fondo sur proque nese momento estabamos cantandolle a unhas rapazas que iban pola pista de atletismo "A por ellas oe oe". Entonamos os cánticos de rigor "Oe, oe eo oe eeee", "galiza ...", "o miúdiño", "a rianxeira", algun acordouse dos que estaban antes e outro dos que aínda estaban antes e así che foi.
Cada fotografo qeu pasaba o noso carón pola pista disparaba unhos cuantos flashes. Así é que saimos en toda a prensa do país. La voz, faro de vigo, el correo, galicia hoxe, dxt campeon etc. Tamén saímos na tele en tódolos corners, e incluso os nosos cánticos nun micro de ambiente que levaba un operario o redor do estadio, cando parou onda nos, SI SI SOMOS DE MIILLÍ, e Melide con gGaliza e co queixo da nabiza escoitaronse nos fogares de 300.000 galegos, aprox. que estaban seguindo a branquiceleste.Soupémolo o momento por que a tecnoloxía avanza e os móviles son a oxtia.DEspois do partido novamente a carpa e despois a ver os concertos que organizaron "siareiros" un pouco mais abaixo do estadio ó caron do Pazo de Congresos e do hotel Puerta del Camino. Tocaron "Os tres trebóns e o vendaval do rosal" o grupo de Xurxo Souto, Antón e Amil dos Papaqueixos e Lourenço o vendaval do rosal amigo da terra de melide.Só lle vimos tres pezas entre elas "NArcotraficante", "licor café" e un corrido. Ben. Despois tocoulle o turno a "DAndy Fever" que probablemente se despediran nesa data. Estiveron moi ben, moito mellor que cando estiveran en Melide con Lamatumbá. Un bon ska si señor. E despois tocou Skarnio, no descanso do concerto fíxolle unha homenaxe a Nacho que subiu o palco recoller un detalle. Nacho foi escueto, deu as grazas e marchou. Nós sacamonos unha foto con el, cando a teña poñoaa. E díxonnos voume meus, que me agardan na cea.
Tryp San lázaro. A 100 metros dos concertos. E despoois viñemos pra terra.
Ah, o speaker. Bueno algo queimouse cando dixo, "CAña, caña o próximo contra España", previament dixera "Si, si , si...." e nos xa saltamos somos de millí, e connosco todo o noso sector. Despois enteramonos que era Si si si , o próximo BRASil.
Bueno, de hoxe un ano e daqui alí moitas veces. Boa noitevella a tudos meus.

3 comentários:

Anónimo disse...

Bon ano Victor e a todos, pois non sei si irei o peñón ou non, pero o que esta claro e que os navarros van morder o pó herculino, xa veras.
Xa que falas de Capi, tivo unha semán intensa mércores luar fin de ano pregrabado e xoves connosco pra Santiago. Curiosa a anécdota de que estivo fumando todo o tempo, e despois das uvas encendeu un cigarro e rápidamente unha das azafatas lle pediu que o apagase.
É das primeiras víctimas da nova Lei, que por outra parte, daría para un longo debate.
Saúdos a outra cara do Bocelo.

Anónimo disse...

Riki és moi grande , e nons o de tamanho. Unha crónica espectacular.
Eu non conseguin entrada para o partido pero se chego a saber a que íades montar subía ata San Lázaro só para ver a vosa carpa.
Saude.

P.D: Viqueira é o noso Diego!!

rikimelide disse...

David, quen o soupera,porque a nos ó final creo que nos sobrou unha entrada. Que mágoa´¡¡¡, foi moita festa meu, nun día histórico. Pero esto non remata eiqui, senón que escomenza unha nova xeira.
Estou contigo, o teu paisano Emilio Viqueira ten unha calidade que abruma
Ah, a ver se www.contrasurco.com volta a bourar coma antano. Desexoche o mellor para este ano, tio.
Ah, xa non me lembraba, vou colgar un dos temas dos 3 que compoñen a maqueta dos Ith, a banda do Toxo.
Veña meu, um saúdo e saúde.