terça-feira, dezembro 20, 2005


POLÉMICA NA SELECCIÓN.

O luns aparecía unha información no diario "La Voz de Galicia" no que se intuía que non había sintonía entre a Federación Gallega de Fútbol, presidida por Julio Meana e a Secretería Xeral para o Deporte, de Santiago Domínguez.
Parece ser que as rencillas viñan por convocar Fernando Vázquez á parte dos xogadores, a médicos(o do dépor e o do celta), utilleiros, delegados(Naco o ex de Compos e Celta) etc.
A Federación considerou iso unha inxerencia, xa que tiñan un pacto firmado coa Secretaría polo cal organizaban o partido e mais encargábnse do corpo técnico que sería o da Selección de Aficionados, e armouse a de Dios coas declaracións do número dous da Fedración.
Ó final había rumores de que Vázquez quería dimitir.
Nacho,o delegado, tamén fixo unhas declaracións polémicas nas que dicía que a Selección semellaba unha compesación entre as grandes cidades Vigo-Coruña quedando esquencido o resto.
Isto é o que pon na web de vieiros:

Meana: "Para nós, o partido do 29 é coma unha final de Champions"
[20/12/2005 11:03] O presidente da Federación Galega de Fútbol, Julio Meana, vén de escenificar, a carón do director xeral de Deportes, Santiago Domínguez, o seu "agradecemento total á Dirección Xeral, coa que mantemos unha sintonía total". Meana desautorizou as opinións verquidas onte nun diario coruñés polo seu número dous, Ramón de Llano, e negou a existencia de conflitos entre eles polo control da federación. "O presidente son eu", dixo Meana. Domínguez ironizou ao respecto: "Unha selección está en crise cando perde varios partidos; nós aínda nin xogamos".
E C H E T O D O U N H A C O M E D IA. Por eso nos dicimos que se arranxen e adiante Selección Galega, Selección de Breogán.

5 comentários:

rikimelide disse...

Gracias coma sempre polos teus ben recibidos e agardados comentarios.
Teño bastante imaxinación, pero asi é todo non me daba para imaxinar o que eses dous "persoeiros" poden armar por ahi o que andan armando. Muertos de hambre.
Con respecto o tema dos arbitros quedome de pedra.
Si se preocuparan mais de arbitrar e menos do coche, seguramente non habería nengún problema.
Pero bueno non se pode esperar moito dunha xente mercenaria, fracasada, altiva, chula, pedante e en definitva parva que se adica os domingos á tarde a percorrer o interior de Galiza. Coma sempre hai honrosas excepcións. Pero a gran maioría carece da humildade suficiente para poder impartir xustiza nun terreo de xogo. Coma ben dixo o outro día un siareiro :"Nós non ascenderemos pero ti menos, macho".

rikimelide disse...

AH, saúdos para a Cara oculta do Bocelo. "Dark side of Bocelum"

rikimelide disse...

Boas Victor, algo retrasad, teño que comunicarche que tivemos algun que outro problema coas entradas. Non sei exactámente, enterome hoxe a noite, como está o tema pero mais seguro que as teñamos.
Enteramonos tamen que outra xente de Melide capitaneada por Ricardo do Versus, coido, van tamén o partido e levan Bus polo que o mais probable e que vaiamos toda a tropa xunta. Aínda que hai bastante xente que esta semán comprou a entrada nos servicios de Caixanova.
Polo que me comentas dos directivos do fútbol-sala, pois non estou moi interesado pero según contas poderíanlle cambiar o nome a N-VI polo de algún deles.
Non é mala idea o do blog-conxunto contra o "sistema".
A forza está na Nosa Unión. E o xoves na nosa Selección, a pesares dos mamoneos que saen a relucir tódolos días, agora non sei que pasa con M.Salgado que se cela por non ser capitán, Nacho Novo non pode vir, etc é igual como se xogamos nós. Sentimento e p´adiante. Se vas a misa do galo reza porque o Domingo, Pazitos lle faga un jas-trin a Neira. Veña un abrazo.
Ë dille a fernando que non presuma tanto, que leva o 2 as costas.

Anónimo disse...

OK victor, partido disputado polo que vexo, o tridente da directiva Lato-Pazitos-Lisardo, mete pánico.
EL que tuvo retuvo. Nós xa temos as entradas tamen ,e ali nos veremos, si Dios quere.
A ver si non chove (moito por dentro) e tudo controlado.
Bueno meu,coidéseme ok?.
ah, viches os novos envases da Estrella pro centenario, estan moi ben, o que pasa e que non esta impresa a mítica frase de "La perfección obtenida en la elaboración....ta ta ta".
1906-2006. Real Club Deportivo de A Coruña, Real Academia da Lingua Galega e Estrella de Galicia,"
Outro tridente.

Anónimo disse...

Moi ben, hai que deixar algo no pobo, e mais nestas datas entrañables,que me "llenan" de orgullo y satistacción (joan carles I) pero en fin de ano haberá que dalo todo por aki.
O feito de que baixe o Caí, podes estar seguro de que se salvará e si non teremos que cantar outra vez o retrouso destes anos no carnaval gaditano: "Limpio polvo en otoño limio polvo en verano limpio polvo en primavera y no hecho un polvo desde que el Cádiz estaba en primavera".
Sobor do Decano, xa sabemos que a Segunda é moi dificil pero vai estar ahi ata o final, xa verás.
Um saúdo as terras da paz espiritual (e sobre todo espirituosa).