terça-feira, agosto 15, 2006

ESCOMENZA O SAN ROQUE E CHEGA O SANQUEREMOS

Pois eso que empeza a semán grande e como non xa se albisca o inverno que como din os veteranos, está detras da capilla do santo. Bueno este ano que chova supoño que será comprensible por todos dada a situación de extrema gravidade que está a sofrer o noso país. Tanto no tema do lume como no eido do agro, onde está todo seco e as explotacións gandeiras teñen que traer trailers de palla de Castilla para poder manter o gando no inverno. A quen corresponda dicirlle que chova, pero que non escaralle moito a festa, por pedir que non quede.
Do programa das festas comentar que veñen as mellores orquestas de Galicia(Panorama, Paris, Philadelphia, Sintonia etc etc )nun tempo este(do 15 ó 20 de Agosto) onde as orquestras cobran como se foran os Rolling , as mellores bandas de música galegas(Valladares, Rosal, se cadra falta coma outros anos algunha formación de fora, léase Valencia, Madrid, Exército, Guardia civil etc, e que aqui en Melide haiche moita tradición de banda e moita xente que cha entende), as mellores agrupacións de gaiteiros (as do pobo que son as mellores -Melidaos, Castelo, Froito Novo e Axóuxere, tamén a Maristela de Sobrado), concretamente hoxe haberá tamén a actuación da terceria orquesta de cámara de Galicia, a Sinfónica de Melide, dirixida por Fernando Von Arias. O concerto estará basado en melodías de Strauss, valses e polkas.
E para rematar o domingo con Muchachito Bombo Infierno, unhas das revelacións do ano no panorma nacional. Un exemplo contundente da nova ola da música que se está a facer en Barcelona, mestiza, fillos da rumba e en constante evolución.
Todo un espectáculo para a noite do domingo. Mais info aqui.
Aínda así os comentarios que se oen, son que á festa lle falta algo mais de forza.
Probablemente. Eu comentabao o outro día con Lamatumbá, co que costa unha orquestra (e veñen 10) facíase un festival de música galega actual fenomenal.
E mais se vemos que aínda non se fixo nada relacionado con Apologhit por ahi endiante, ou coa Perloca. Quedará para o outro ano.
Este ano tampouco nos podemos queixar moito xa que gracias ó Xacobeo, estiveron na cerne de Galicia actuando, Mercedes Peón e Leilía, e dios mediante estará o Venres 25 de Agosto, os vigueses Siniestro Total. Tres actuacións de altura.
Bueno disfrutade da festa con sentidiño e devoción, que ata o ano non volve.
Como dirían os míticos Treixadura, "Por dicir Viva San Roque¡¡¡ prenderon a meu irmán, agora que o soltaron, agora que o soltaron Viva San Roque e o can".
Eso si non cambio o Caralampio por un San Roque de 15 días.
E unha festa irmán da do Carlampio e da dos Botes, é , como non, o xa tradicional San Queremos de Vilantime (Arzúa).
Unha feta única que non precisa relatala precisa de ser vivida a ras de chao na carballeira de Zarra do Monte o vindeiro sabado.
Non vola perdades, e optade as plusmarcas dos campionatos de arrebolamento de sacho e de tiro de carro por parexas.
O cartel coma case tódolos anos fixoo o amigo Emilio, mestre debuxante amateur e arranxador de tractores e diversas máquinas agricolas.
Eu o ano pasado fíxenlle unuha montaxe a Sexto, co debuxo de Emi e un anuncio de Ballantine´s xogando un pouco coas palabras. Veña saúde e festa.

1 comentário:

Ghaiteira disse...

"Eso si non cambio o Caralampio por un San Roque de 15 días."
Descarao heee!! Eu non cambio nada do mundo polo Caralampio, por min o San Roque podía desaparecer do mapa que non me había de amolar namentres houbera a Nosa Festa. A verdade é que xa me está tardando...