terça-feira, agosto 22, 2006

Onte, por que "Melide o merece" houbo outro día mais de festa cos grupos Limón e Master e tamén se celebrou o Día do Neno con atraccións a metade de prezo.
O mellor e o peor da festa. O peor dende logo o tempo nos primeiros días e a ausencia dalgún grupo mais no cartel en detrimento dalgunha orquestra.
O mellor, sen dúbida, Muchachito e o sábado que como era de agardar, ó coincidir varios factores (bon día, sabado de sanroque, e as duas mellores orquestras de Gz) non se collía en nigunres.
De Muchachito comentar que ten un directo moito mellor co disco, algo que tamén se agardaba. Unha sección de ventos moi completa, un organista (Tito, tito..) virtuoso e cachondo, e unha mestura musical digna herdeira do mellor Gato Pérez e a rumba catalana daqueles tempos.
O rumbaxing, mestura de rumba e swing foi o fio conductor do concerto, onde repasou os temas do seu último disco, un por un. Cecais se botou en falta algunha versión, que sempre sorprende. Pero o concerto moi redondo en tódolos aspectos.
A anécdota do mesmo foi ese bis a bis que tiveron o Muchachito cun espectador que portaba unha trompeta desas de animar eventos deportivos, estivo moi ben.
Do San Queremos de Vilantime, que vos podo dicir da "festa mais tola e orixinal do mundo mundial" que os que nunca fostes para o ano ide.
E se podedes ir xantar de campo (como nas antigas romerías) ide. E despois dos postres, a participar tanto no Arrebolamento de Sacho como no Tiro de carro por parexas. Para os mais novos, ou non tanto, carreira de sacos, futbolin, campeonato de baile SQ, etc etc. Non vos ides aburrir, iso seguro.
A verdade, e dicíao o ano pasado o cronista da voz, A.Mahía, coido, que ver hoxendía unha festa onde non se tira viño é unha ledicia.
Ogallá a rapazada desistise de facelo na vindeira edición da Nosa Festa, e se adicase a pasalo ben e punto. Non sei, está claro que non se pode prohibir, cada un que faga o que lle pete, pero na miña opinión é mellor bebelo que tiralo. Bueno ó de cartón que lle mezclen cocacola, senón que non o beban. Duquecola.
Deixovos aqui un artículo da Voz de onte, onde o xornalista relata moi ben o que é a festa, cortesía da web do SQ, Sanqueremos.com. Ah, este venres Siniestro, finais do campeonato de futbol sala de Agosto e o vindeio domingo día 3 de setembro, Festa da Terceira Idade de Galicia e a Xabaxira do Xabarín (rumorease que podería vir de grupo convidado Lamatumbá, para queixarse esta no non, xunta e xacobeo aínda se portaron ben).

Sem comentários: