quinta-feira, setembro 07, 2006

CENK
Outro concerto que vivimos no Gatos foi en Xullo o dos suizos Cenk, xa están as fotos na sua web. E califican o concerto como, We`ll jammend all night long¡¡¡ (tocamos toda a noite de Dios....) iso é algo que soe ocurrir no mítico local da esquina Pardo Bazán-Galicia.
Nas fotos da sua xira pola nosa terra, Galiza Calling chamarónlle (en homenaxe ós Clash), hai diversos apartados, fotos dos concertos na Dorna en Ribeira, Melide, Palas-Rockandmotos-, Chantada-SalaMogay-, San Sadurniño -DZine- etc ,fotos da paisaxe, da gastronomía, e fotos de personaxes(Friends and people). Cajonatos ahi saljo eu e mailo Toxo(pé de foto:"Melide's craziness: I let this guy rockin on my guitar for some galician tunes"), e a min califícanme asi meus: "we couldn't stop this one, he kept singing loud some good songs", que mais ou menos é "nos non poidemos paralo, el cantou duro boas cancións" jajjaja, esta si que é boa. Na foto non saín moi favorecido, os meus ollos xa non son moi grandes pero si os poño como si fora a disparar no tiro a lata con escopetas de pau aínda menos. Ahi vos queda:
Chino sigue tu camino
Hai mais fotos como a do esceario (chamoulles a atención tocar encima de caixas de quintos de Estrella), a de Varelita afinando a palleta-local specialist chámanlle-.,local pipers, comida, richi rastreros etc...
Ah, ó Gatos deicanlle esta sentenza : "(o pub mais r'n'r de Galiza)", e a Nani danlle as grazas por traelos.

Sem comentários: